2/12/16

A MOCHILA VIAXEIRA

Esta actividade, de animación á lectura, está deseñada para estimular o interese e gusto pola lectura nas familias participantes e supón un traballo educativo, organizado e sensibilizador ao redor do hábito lector, ao tempo que mellora destrezas e competencias na lectoescritura.

Lembrámosvos  que cada venres un neno ou nena do grupo levará a mochila para a súa casa. Disporá de toda a semana para “viaxar” con ela, ata que o seguinte venres terá que ser devolta.

Dentro da mochila, como xa sabedes, atoparédesvos con un montón de libros, variados na súa temática, para ler en familia.  Tamén vos atoparedes co Caderno Viaxeiro, un caderno no que, tamén xuntos, contaredes as aventuras que vivistes “viaxando coa mochila”: comentando o libro que máis os gustou, as emocións vividas, a experiencia de traballar en familia…, empregando palabras, debuxos, imaxes…

Rematada a semana o neno ou a nena exporá na clase o que él e a súa familia fixeron no Caderno Viaxeiro.

Está nas vosas mans estimular aos nenos e nenas no gusto pola lectura.  A nosa Mochila Viaxeira pretende  pór de manifesto  o papel da famila na formación do alumnado.

Contamos coa vosa participación.

E lembrade que…  si vós ledes eles len!


No hay comentarios:

Publicar un comentario