26/2/14

MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ VISITAN AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE

     Deixámosvos por aquí algunhas fotos da última visita de estes dous artistazos ao noso cole para facerlles aos máis pequenos varias sesións de animacións a lectura.
Que ben o pasaron! Comprovádeo vos mesmos...












25/2/14

TRABALLAMOS A FESTIVIDADE DO ENTROIDO

     Para que poidades traballar esta temática tan popular da nosa terra, deixámosvos por aquí un enlace moi interesante a unha páxina onde atoparedes moreas de actividades para facer e saber máis.

24/2/14

O ENTROIDO XA CHEGOU AO NOSO COLE

     Un ano máis comezamos a semana grande do Entroido no noso cole facéndolle caso ás ordes do MECO cos seus MANDADIÑOS.
 Deixámosvos por aquí un enlace ao BLOGUE de EXTRAESCOLARES e COMPLEMENTARIAS para que vaiades vendo as novas ao longo da semana...








21/2/14

NOVO ESPAZO WEB DÍAZ CASTRO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase ao festexo do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web  que pon á disposición de todos e todas nós. 
    Atoparedes recursos elaborados polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e outros materiais de carácter xeral:



20/2/14

PEQUENOS POETAS

Hoxe deixámosvos por aquí un pequeniño traballo feito, polo alumnado de 4º curso de primaria, en lingua galega. PEQUENOS POETAS consistía en elaborar cada quen o seu poema de dúas estrofas con catro versos cada estrofa.... Desexamos que vos guste!!!
Ata outra!!!









16/2/14

SAÍDA DO 2º CICLO

     Un ano máis os nenos e nenas de 2º ciclo veñen de participar en Vigo, dun concerto didáctico a cargo dos GAITEIROS da XISTRA no Centro Cultural Novacaixagalicia.
     Nesta ocasión dita asociación representou a obra teatro - musical titulada SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA. Pasámolo todos moi ben. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes e un enlace á Galería do noso cole para que as poidades ver con máis detalle.

13/2/14

GALICIA ENTEIRA

Hoxe queremos amosarvos unha páxina moi especial:













Un espazo no que poder atopar rutas, reportaxes, tradicións, mapas, canais de televisión, concellos, gastronomías e as hostelerías da nosa comunidade galega.
Desexamos que a disfrutedes!!!

5/2/14

XADREZ PARA TODOS E TODAS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de ampliar os recursos didácticos relativos ao ensino do xadrez, acaba de pór á nosa disposición os novos manuais da colección...

Pincha neste enlace XADREZ PARA TODOS e descubre todas as novas