Ademáis deixamos tamén por aquí unha montaxe dos trípticos que o Equipo fixo para todo o cole no que podedes descubrir aspectos relevantes sobre a vida e obra do autor que hoxe recordamos.
Mostrando entradas con la etiqueta ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Mostrar todas las entradas
17/5/13
FELIZ DIA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Dende o Equipo de Dinamización queremos desexarvos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013!!! Na memoria de Roberto Vidal Bolaño.
16/5/13
TARABELOS ACTUOU NO NOSO COLE!!!
Por segundo ano consecutivo, con motivo da clausura da semana cultural das letras galegas organizada polo equipo de dinamización da lingua galega, TARABELOS acaba de actuar no noso cole.
Cantas e boas sorpesas nos achega en cada unha das súas actuacións!!!
Grazas por todo TARABELOS e ata outra!!!
17/4/13
A UN MES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro
dun mes celebramos en Galicia o dia das letras galegas, adicado este
ano a Roberto Vidal Bolaño.
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
No noso cole, para ir entrando en materia, montamos unha exposición con axuda dalgúns alumnos e alumnas do centro.
A exposición ten uns carteis sobre o protagonista das letras galegas 2013, para ir coñecendo un pouco máis sobre este promotor do teatro profesional en Galicia e activo defensor dá normalización lingüística.
Ademais de aprender algo sobre o homenaxeado deste ano, podedes ver unha serie de libros que recomendamos dende o equipo de dinamización da lingua galega, libros de nova adquisición que o próximo ano estarán na biblioteca do cole.
A exposición está montada no primeiro piso e todos estades convidados a vela os martes pola tarde.
Para os que non teñades a oportunidade de ver a exposición, aquí vos deixamos unha presentación cos carteis sobre Roberto Vidal Bolaño, e estade atentos, porque pronto neste blogue falaremos sobre algún dous contos que expuxemos na mesa de libros.
Para os que non teñades a oportunidade de ver a exposición, aquí vos deixamos unha presentación cos carteis sobre Roberto Vidal Bolaño, e estade atentos, porque pronto neste blogue falaremos sobre algún dous contos que expuxemos na mesa de libros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












