21/6/13

A DESPEDIDA

     Hoxe queremos facer unha pequena homenaxe. Dende o noso blogue, o EDLG quere desexarlle hoxe a esta promoción que se vai e remata a etapa de primaria no noso cole os mellores desexos para un novo futuro. Moitísima sorte neste novo camiño a todos e todas.
ATA SEMPRE!!!
Deixámosvos tamén por aquí unha montaxe que eles mesmos fixeron para a revista.

20/6/13

OS NOVOS LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA (ÚLTIMA ENTREGA)

Ola amigos e amigas!!!
     Aquí vos presentamos as últimas adquisicións do EDLG para ampliar o fondo de libros en galego da nosa biblioteca de cara o vindeiro curso.
     Estas si que xa son as últimas adquisicións procedentes da editorial Kalandraka. Non vos perdades a oprtunidade de ler estes libros ovindeiro ano ou nunha primeira ollada na exposición feita con motivo das Letras Galegas 2013 que se atopa no primeiro andar do noso centro.


Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León. Un libro-cd divertido e colorista ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns.


Romances, nanas, canciones... versos de raíces castellanas ancladas en la tradición poética, con un estilo contemporáneo y una propuesta estética sugerente y evocadora.



Micro-relatos cheos de enxeño e de fantasía protagonizados por simpáticos animais da terra, da auga e do aire.



19/6/13

LENDAS QUE TODOS CREN

     Xa vai para preto de un ano que o noso centro e o CEIP da Cruz de Budiño se reuniron para festexar unha xornada de confraternidade entre o alumnado do terceiro ciclo.
     Trátase de proxectos bianuais nos que se establecen dous temas en cada un deles. A misión que tivo o alumnado o ano pasado foi a de recompilar nas casas e na parroquia toda a información posible sobre as lendas que había na zona. O resultado poderedelo comprobar agora mesmo... Desexamos que vos guste. Que recordos!!!
Gracias profes Montse e Víctor!!!



     Este ano estes proxectos seguiron o seu curso e unha vez máis os dous centros tiñan preparado reencontrarse na parroquia de Budiño, e máis concretamente no seu monte FARO, no que ían compartir unha nova xornada de confraternidade sobre a tradición popular galega da nosa zona. O tempo non o permitiu pero o traballo non resultou de balde.
   Outro ano será!!!


18/6/13

PINTEMOS SORRISOS BRANCOS

     Dende Atios queremos hoxe dar a coñecer unha campaña solidaria organizada por SOS Porriño na que quixemos colaborar: 


    Como podedes comprobar no cartel feito pola organización, tratábase de xuntar litros de leite para garantir os almorzos daquelas persoas que máis o necesitan. E así foi o noso colo non defraudou...


GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!


17/6/13

CONTOS SOLIDARIOS

Hoxe queremos compartir con todos/as vós esta fermosa páxina. 



     Para todos os que aínda non saibades nada dela dicirvos que CONTOS SOLIDARIOS é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

  Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

14/6/13

PAULA CARBALLEIRA FÁLANOS DE "SMARA"

Os alumnos/as de sexto falan con todos/as vós:
     Hoxe queremos compartir os bos momentos vividos con Paula Carballeira. 




     Veu ao noso cole, gracias á editorial Kalandraka, para falarnos do libro "SMARA" que estivemos lendo e traballando durante este curso. 
     Pasámolo moi ben e por iso queremos deixar por aquí unhas fotos para que o comprobedes:













13/6/13

AI FILOMENA FILOMENA!!!

     Os nenos e nenas de cuarto acabamos de participar nun taller de expresión escrita que nos ofreceu a editorial Kalandraka relacionado co libro "Ai Filomena, Filomena" que estivemos lendo ao longo deste curso  como a lectura obrigatoria que nos propuxo o EDLG do noso cole.
     Foi unha experiencia moi bonita:







Estivemos creando o noso propio dicionario Filoménico como o demostran as seguintes fotos...





E a continuación elaboramos o seguinte conto.......


O DÍA QUE O PORRIÑO DESAFOGOU DE VIAXE

     UN DÍA O PORRIÑO ESTABA CANSADO E DECIDIU DESAFOGAR DE VIAXE A PARÍS EXERCITANDO. CANDO AFOGOU A PARÍS, O PORRIÑO ESTABA CANSADO E FOI ESPERTAR, CANDO O CONSEGUIU TIÑA MOITA FAME E DECIDIU IR COMER UNHA BOA BUTACA. O FEDOR DA BUTACA ERA O GRANITO. PORRIÑO QUERÍA QUE SOUBERA A FIBELA E ENFADADO TIROU A CAZA E NADOU A SÚA VISITA A PARÍS. PORRIÑO FOI VISITAR A TORRE EIFFEL. ESTIVO TODA A TARDE FACENDO COLA. ERA MOI TARDE, A URNA MARCA AS 10:30 DA NOITE. XA SAÍRA A PAUSA. O PORRIÑO TIÑA QUE DESAFOGAR PARA A MEIXELA DO SEU HOTEL PARA AFOGAR Á CEA. PÚXOSE A BASTAR E ENCONTROU UN FERRO NO CHAN, CUNHA FOTO DUNHA PAUSA. PORRIÑO ACORDOUSE DE QUE A SÚA CARPETA TIÑA UN PARECIDO E QUEDOU CON EL E FOI AO HOTEL. Á MAÑÁ SEGUINTE AO SAÍR DO HOTEL ENCONTROUSE CUN COCHE ABANDONADO E CHAMOUNO CASTAÑA. CANDO SE DEU CONTA DE QUE NON ESTABA A SÚA CARPETA PARÍS DECIDIU REGRESAR CON CASTAÑA A GALICIA. E AO CHEGAR PORRIÑO REGALOULLE Á SÚA CARPETA, UNHA DECENA DE CHOCOLATE CON BROCA.

Atrevédesvos agora a descifralo??? 

12/6/13

BOTÓNS

O EDLG quere compartir hoxe con vós un portal moi interesante. BOTÓNS é o portal galego de educación. 



Non queremos enredarvos máis, deixámosvos con él para que o vexades e o disfrutedes.


11/6/13

A REVISTA VIAXEIRA DE 1º

     Os nenos e nenas de primeiro explícanvos este proxecto:

Durante este curso, os nenos/as de 1º de E.P. fixemos a “carta viaxeira” cos nenos/as de 2º de E.P. do C.E.I.P. “A Laxe” de Marín.
     Para que nos coñeceran mellor, fixemos un pequeno “libriño”con fotos, onde cada un conta cómo é, o que máis lle gusta, etc. Tamén algún puso algún chiste ou adiviña.
Gustaríanos compartilo con todos vós, polo que ahí vai…



9/6/13

VISITARÁ O NOSO COLE...PAULA CARBALLEIRA!!!

     Os nenos e nenas de sexto poderán disfrutar axiña da visita de Paula Carballeira. Os alumnos/as deste curso estiveron traballando durante todo o ano o libro titulado "SMARA" da editorial Kalandraka, que o EDLG estableceu para eles como lectura obligatoria en galego.
Agora chega o momento de compartir opinións e ideas coa autora do libro.
     Deixámosvos a continuación o seu libro para que todos aqueles que queirades lle vaiades botando unha ollada.



7/6/13

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

Amig@s, para hoxe un contiño moi especial que nos ofrecen os nosos compañeiros/as do CEIP Coirón - Dena que nos relatan esta peculiar historia do autor Paco Liván.
Desexamos que vos guste!








6/6/13

4/6/13

XXIV FESTA DO MONTE EN ATIOS

     A xunta de montes de Atios prepárase esta fin de semana para celebrar a XXIV Festa do Monte. Será o vindeiro domingo día 9 a partires das 12h., na Área Recreativa "A Veiguiña". 


     E con tal motivo acaban de organizar un concurso no noso cole sobra A FAUNA E A FLORA da parroquia de Atios.     
     Aquí vos deixamos unha montaxe feita cos traballos presentados polos alumnos/as de terceiro de primaria.
     O xurado está a punto de decidir os gañadores, desexámoslle sorte a todos os participantes.




UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA!!!

    Para hoxe ofrecémosvos un chisco de MÚSICA. Un cd musical moi especial. Títúlase UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA, producido pola Editorial Galaxia: sonárbore e coas ilustracións de Marina Seoane.


     Pinchando no seguinte enlace e a continuación na palabra "aquí" poderedes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía o tema ‘A grasia non era moita’, que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues.

     Harmónicas que falan, guitarras que bambolean o mundo. E Rosalía, pirata dos nosos días, punki galega de hoxe, como nos lembra Begoña Caamaño, soando festeira e liberadora no século XXI.


3/6/13

CHIBOS, CHIBÓNS

Para hoxe un vídeo de un contiño que xa os nosos alumnos de sexto lle contaron aos máis pequenos do cole na semana cultural.
CHIBOS, CHIBÓNS!!!
Desexamos que vos guste