Mostrando entradas con la etiqueta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Mostrar todas las entradas

4/6/14

ESA LUS

Viaxando poloa rede atopamos este fermosísimo traballo que queremos compartir con todos e todas vós. "ESA LUS" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital.
Noraboa aos seus creadores!!!
Picade na imaxe e poderedes ver o vídeo e escoitar a canción.


20/5/14

EXPOSICIÓN PERMANENTE DAS LETRAS GALEGAS ATA FINAIS DE CURSO

Hoxe queremos amosarvos algunhas imaxes nas que poderedes ver a EXPOSICIÓN organizada polo EDLG en colaboración co departamento de Inglés, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Extraescolares na cal o alumnado poderá disfrutar lendo e ollando todas as novidades adquiridas polo centro de cara ao vindeiro curso. Como centro plurilingüe todos os libros están mesturados. Como novidade a EXPOSICIÓN este ano tamén se trasladou ao cooredor inferior para que o alumnado de Infantil tamén poida disfrutar dela.


 








17/5/14

"BRINCA VAI!": MEU O MUNDO É

No DÍA DAS LETRAS GALEGAS... unha canción en galego! 

"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!



"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Dende o EDLG queremos desexarvos a todas e todos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS na memoria de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.






Por aquí vos deixamos tamén un díptico creado por nós no que poderedes ler a vida e obra deste personaxe galego tan importante:



16/5/14

UN CONTIÑO: O NENO E A ESTRELA

Hoxe queremos compartir con todos vos un conto perfecto para ler estos días que homenaxeamos a Xose Mª Díaz Castro.

O neno e a estrela é un conto dirixido aos lectores máis novos. É un conto editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno baseado no seu poemario NIMBOS: O NENO E A ESTRELA
O protagonista desta historia é Díaz Castro cando era neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. 
Podedes lelo premendo na imaxe:


Desexamos que desfrutedes con este conto. 

FAMILIA TREBÓN ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes o novo videoconto da Familia Trebón. Nesta ocasión, trátase dun especial adicado ao Día das Letras Galegas. Xa está á vosa disposición na páxina web de Sogama www.sogama.es e na plataforma educativa de Caderno Verde www.cadernoverde.com.
Se picades na seguinte imaxe poderedes acceder ao vídeo:


Desexamos que vos guste.

15/5/14

CANTANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe tamén estamos cantareiros, e queremos compartir con vos máis cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014...
Seguindo moi de preto o BLOGUE DA BIBLIO DE TIRÁN queremos felicitar aos creadores da seguinte noticia por buscar na rede e recompilar tantos recursos musicais sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Picade na seguinte imaxe e accederedes á noticia onde poderedes ver moitos vídeos con cancións moi interesantes sobre Xosé María Díaz Castro:


XOGANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe queremos facernos eco de unha publicación moi interesante que atopamos navegando pola rede no BLOGUE DA BIBLIOTECA DO COLE DE TIRÁN.
Felicitamos dende o EDLG de Atios aos seus creadores por buscar na rede e recompilar nesta publicación un material tan interesante.

Esperamos que sexa un recurso útil para os mestres nas aulas e, porque non, para xogar na casa e aprender cousas novas en familia sobre Xose María Díaz Castro.
Picade na seguintes imaxes e accederedes á noticia que eles publicaron, aos xogos e as actividades lim: 




14/5/14

HOXE III SEMANA DO CINE EN GALEGO

Por aquí vos deixamos o díptico que preparou o EDLG para todo o alumnado do cole coas películas que se verán este ano ao longo do III CICLO DE CINE EN GALEGO organizado por este equipo.



CONTINUANDO A SEMANA CULTURAL...ALGARABÍA!!!

Hoxe queremos amosarvos algunhas fotos que amosan o ben que o pasamos onte no cole coa visita dos nosos amigos e amigas de ALGARABÍA. 

Foi un concerto moi especial. Unha vez máis dende o EDLG queremos agredecerlle a profe Ana a súa colaboración e axuda en que esta actividade saise adiante.






Podedes atopar máis imaxes na galería de imaxes do noso cole pinchando no seguinte enlace:

13/5/14

RECORDOS DO CORRELINGUA!!!

Hoxe tamén queremos deixarvos por aquí unha noticia na que queremos amosar algunhas das fotos da visita e participación do alumnado do noso cole a unha nova edición do CORRELINGUA que tivo lugar no día de onte en TUI.
Os nenos e nenas pasárono moi ben. Poideron difrutar coa actriz e humorista ISABEL RISCO, disfrutaron co grupo MONOULIOUS DOP, pasearon co galego polas rúas de TUI e viviron unha gran xornada na compañía de outros centros veciños.








Se queredes ver moitas máis imaxes só tendes que acceder á galería do noso cole no seguinte enlace:

11/5/14

HOXE...ÍMONOS DE CORRELINGUA!!!

Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º participaremos nun par de horas nunha nova edición do correlingua que terá lugar en Tui. Dentro duns intres sairemos en autobuses para participar nunha xornada agradable e compartir un día diferente a favor do galego con outros nenos e nenas de outros coles.
Nós iremos vestidos co chandal do cole e levaremos a seguinte pegatina que cada un coloreou e recortou na súa clase para este día.

Contarémosvos que tal nos foi!!!

9/5/14

UN NOVO "OLLOS DE AULA" PARA O MES DA LINGUA

Coa chegada do mes de maio, Mes das Letras e da Lingua, chega tamén o nº 14 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado: 

Nesta nova entrega, na que non saímos ao encontro de X. Mª. Díaz Castro da man de Luís Aldegunde, a neuróloga e xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Mª Jesús Sobrido Gómez, responde á pregunta "TDAH: é sempre necesario un tratamento farmacolóxico?” mentres que Lines Salgado dános a coñecer diferentes medidas de adaptación curricular. Non podían faltar na sección "Cadencias” as propostas de lecer de Gracia Santórum e unha contraportada que nos convida a reflexionar sobre a pervivencia de fondos prexuízos lingüísticos na nosa sociedade.

8/5/14

RECURSOS DE AULA PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS 2014

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor...




Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.
Así mesmo, tamén poderedes atopar máis recursos na web de SEMINARIO GALÁN.ORG:

Desexamos que sexa do voso proveito estes recursos.
Ata outra!!!

5/5/14

SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2014

Un ano máis dende o EDLG do Ceip plurilingüe de Atios queremos presentarvos a Semana Cultural do noso centro na que temos programadas moreas de actividades para celebrar as Letras Galegas 2014 ano na memoria de Xosé María Díaz Castro.
Deixámosvos por aquí unhas fotos nas que poderedes ver todas as actividades. Ímolo pasar en grande e aprenderemos moitas cousas sobre a vida e obra deste autor.



21/2/14

NOVO ESPAZO WEB DÍAZ CASTRO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase ao festexo do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web  que pon á disposición de todos e todas nós. 
    Atoparedes recursos elaborados polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e outros materiais de carácter xeral: