Mostrando entradas con la etiqueta GALAXIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALAXIA. Mostrar todas las entradas

30/1/16

HISTORIAS E CANCIÓNS PARA CELEBRAR A PAZ




Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entre outros.



4/6/13

UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA!!!

    Para hoxe ofrecémosvos un chisco de MÚSICA. Un cd musical moi especial. Títúlase UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA, producido pola Editorial Galaxia: sonárbore e coas ilustracións de Marina Seoane.


     Pinchando no seguinte enlace e a continuación na palabra "aquí" poderedes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía o tema ‘A grasia non era moita’, que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues.

     Harmónicas que falan, guitarras que bambolean o mundo. E Rosalía, pirata dos nosos días, punki galega de hoxe, como nos lembra Begoña Caamaño, soando festeira e liberadora no século XXI.


2/5/13

OS NOVOS LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA (2ª parte)

     Hoxe presentamos algún libro mais da nosa exposición que nuns meses pasará a formar parte da biblioteca do centro. Todos os libros son da editorial Kalandraka, excepto o libro de lendas que é da editorial Galaxia



Bandada 
A obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, maxistral dende o punto de vista da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte...





Cazar un oso 
Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.



Imos buscar un tesouro 
Buscando fortuna para poder satisfacer os seus caprichos, Oso e Tigre atopan a toupa, o peixe, o león, a galiña e o burro. Pero é o moucho o que lles dá un bo consello sobre o mellor dos tesouros: a amizade.



Baile diminuto 
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas?



Ocultos, animais extraordinarios 
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.




Ser amigos 
Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.



Lendas galegas de tradición oral 
A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía dasLendas galegas de tradición oral. Unha recompilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias dos mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fantasía. As vellas historias de sempre, contadas co mesmo pulo narrativo que fascina xeración tras xeración.