30/5/13

PEDRA ROSA DE ATIOS: A REVISTA DO CURSO 2012-2013

     Ola a todos e todas. Por aquí vos deixamos hoxe a REVISTA ESCOLAR do CEIP plurilingüe de Atios recén saída do forno.
   Este ano, por motivos de presuposto, non puidemos imprimila, por iso, ademais de poder vela aquí no noso blogue, debaixo apareceravos un enlace no que, ao abrilo, a revista convertirase en formato pdf que vos deixará imprimila a todo aquel que queira.
     Desexamos que vos guste e que a disfrutedes moito.
    Dende o EDLG só nos queda agradecer o traballo de todos os profes e alumnos/as do cole, xa que sin vós non sería posible a edición deste novo número.



WRIP, WRAP, WROP?

     Aínda que non está en galego, hoxe queremos deixarvos por aquí subido ao noso blogue esta fermosa ferramenta convertida en páxina web que unha compañeira do noso centro atopou e que nos parece moi interesante no campo da plástica.


     Trátase de unha ferramenta na que poderedes decorar os vosos papeis e imprimilos como mellor queirades. Nun principio a páxina está destinada para que os papeis que se impriman se empreguen para envolver agasallos, pero por que non para empregar nas nosas clases de plástica do cole?
     É moi sinxela de manexar e xa vos deixamos o enlace na configuración en castelán para que non teñades ningún tipo de problema. 


Estamos convencidos de que vos vai gustar.
Ata outra amig@s!

29/5/13

RECORDOS DE UNHA GRANDE SEMANA CULTURAL (3ª parte)

     Queremos lembrar tamén a visita que Marc Taeger e Olalla González lle fixeron aos nenos e nenas de todos as clases de infantil o mesmo día que viñeron a xunto os de 1º ciclo.
     Deixámosvos por aquí fotos que vos farán recordar aquela data... Grandes momentos vividos que merecen ser reflexados neste blogue...











Ata outra amigos!!!

28/5/13

RECORDOS DE UNHA GRANDE SEMANA CULTURAL (2ª parte)

     Queremos lembrarnos hoxe do paso polo noso centro durante a semana cultural dos nosos amigos Marc Taeger e Olalla González que estiveron co alumnado de 1º ciclo contando contos e asinándolles un por un a cada alumno/a o libro de lectura de "Aquiles o puntiño".
Grazas pola vosa visita, deixámosvos por aquí fotos do seu paso pola cole...







27/5/13

RECORDOS DE UNHA GRANDE SEMANA CULTURAL (1ª parte)

     Ola compañeiros/as aquí vos deixo un agasallo do noso amigo de Tarabelos. Fixádevos ben porque está adicada para todos vós. É a orixinal, a mesma que utilizou na terceira historia de amor da obra AMORIÑOS CONTEI.
Botádelle unha ollada!!!


GRACIÑAS TARABELOS!!!

24/5/13

FESTIVAL DE CANS (O PORRIÑO)

    Se a fin de semana pasada vos recomendábamos participar no festival internacional de títeres de Redondela, para esta fin de semana queremos lembrarvos unha nova actividade para todos os que o desexedes.
     Non volo perdades porque dende o xoves día 22 desta semana xa está en marcha nunha das parroquias de O Porriño unha nova edición do FESTIVAL DE CANS.

Deixámosvos por aquí ademais un enlace a páxina web
E unha enlace directo a programación deste festival.
Non vos arrepentiredes!!!

23/5/13

ENREDAMOS?

Ola a todos e todas!!!
     Para hoxe témosvos un blogue moi interesante. ENREDAMOS: Un recuncho cheo de xogos populares no que se amorean xogos de onte, de hoxe e de sempre. 


Noraboa aos seus creadores por este xeito de transmitirnos parte da nosa cultura.


Por suposto queda engadido este blogue na nosa columna de blogues interesantes

20/5/13

OS NOVOS LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA (4ª parte)

     Dende o equipo de dinamización facémosvos entrega das últimas dúas adquisicións para a biblioteca. Agardamos por vós o vindeiro curso para que poidades disfrutar da lectura destes libros.

A súa espléndida cabeleira convertiuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de parvo, comeza a plantexarse inxeniosas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios.



...Paladealas, palpalas, sentir a súa forma, o seu son e incluso o seu aroma. As palabras dannos apertas y comunícanos. Esta reflexión poética e artística acércanos aos segredos da linguaxe e a cómo o perciben os grandes creadores literarios.



19/5/13

GALERÍA DE IMAXES NA PÁXINA WEB DO NOSO COLE

     Ola a todos! Deixámosvos por aquí un enlace que vos levará a galería de imaxes da páxina web do noso cole na que poderedes ver fotos de todas as actividades que se realizaron e se están realizando ao longo do curso. Tamén podedes ver as de outros cursos xa pasados.
     Ademais acabamos de habilitar un enlace directo no noso blogue para que poidades acceder dende aquí a esta GALERÍA DE IMAXES. Atópase na columna da dereita no apartado de "Outros sitios para visitar".


17/5/13

FELIZ DIA DAS LETRAS GALEGAS!!!

     Dende o Equipo de Dinamización queremos desexarvos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013!!! Na memoria de Roberto Vidal Bolaño.


     
     Ademáis deixamos tamén por aquí unha montaxe dos trípticos que o Equipo fixo para todo o cole no que podedes descubrir aspectos relevantes sobre a vida e obra do autor que hoxe recordamos.




16/5/13

TARABELOS ACTUOU NO NOSO COLE!!!

     Por segundo ano consecutivo, con motivo da clausura da semana cultural das letras galegas organizada polo equipo de dinamización da lingua galega, TARABELOS acaba de actuar no noso cole. 


     Cantas e boas sorpesas nos achega en cada unha das súas actuacións!!!
        Aquí vos deixamos fotos da actuación...







Grazas por todo TARABELOS e ata outra!!!


15/5/13

XIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

      Unha boa recomendación para que todos os que poidades pasedes esta fin de semana polo concello de Redondela e disfrutedes dunha nova edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES. Deixámosvos nesta noticia enlaces para que lle botedes un ollo a programación. Vale a pena asistir e a gran maioría das actuacións son de balde! Non volo perdades!!!




14/5/13

CONCERTO FOLK DE ALGARABÍA!!! (SEMANA CULTURAL)

     Chegou un dos días grandes e no cole acaba de actuar o grupo ALGARABÍA ofrecéndonos a todos, no pabillón do noso centro, un concerto folk encadrado no marco da semana cultural do cole.
     Gracias profe Ana pola túa colaboración e implicación en que esta actividade saíra para adiante. E gracias por suposto tamén a todos os compañeiros e compañeira do grupo por querer asistir.
     Deixámosvos por aquí fotos do concerto...













13/5/13

CINE EN GALEGO (SEMANA CULTURAL)

      Para o día de hoxe e para o mércores presentamos dende o Equipo de Dinamización a segunda edición do cine en galego no Ceip Plurilingüe de Atios.
     Unha idea xurdida o ano pasado na que os nenos disfrutarán da visión de películas en galego con motivo da festividade das Letras Galegas.
      Aquí vos deixamos o programa que se repartiu a todo o alumnado do centro creado polo propio equipo.



10/5/13

HOXE... CORRELINGUA!!! (SEMANA CULTURAL)

     Continuamos coas actividades e no día de hoxe desprazámonos todos os cursos de primaria ata o Rosal para celebrarmos xunto con outros coles unha nova edición do Correlingua, este ano co lema: 


     Decidimos levar as cores do noso cole para chamar máis a atención e ademais cada un de nós puxo unha chapiña conmemorativa para a ocasión. 





     Aquí vos deixamos algunhas fotos para que comprobedes vós mesmos o ben que o pasamos...