28/11/14

NOVIDADES!!! MERCADILLO NO COLE!!!

NOTA DOS ORGANIZADORES DA EXCURSIÓN 
ÁS FAMILIAS DO COLE

Estimados pais/nais:
Queremos recordarvos a existencia dun mercadillo no cole co fin de recadar fondos para a excursión á neve que estamos a organizar para os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria.
Grazas as vosas donacións atopámonos cunha gran variedade de obxectos sendo a maior parte deles fantásticas oportunidades para renovar antigos xoguetes ou coleccións de lectura para os vosos fillos/as. 
Por iso, queremos convidarvos a que o visitedes calquera martes pola tarde e lle votedes un vistazo. 
O horario de apertura e peche será de 15:30 a 18:30
Sen máis, agradecervos toda a vosa axuda desinteresada.
Un saúdo

27/11/14

ADQUISICIÓNS DO MES PARA A BIBLIOTECA


O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.



A deforestación, o quecemento do planeta, o furtivismo, a contaminación... O ser humano levou á extinción a moitas especies en todo o mundo. Este libro poético recolle o testemuño dalgúns animais que xamais volverán volar, nadar, correr.

26/11/14

PRESUME DE GALEGO!!!


Dende a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA estase organizando unha campaña na que tratarán de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queren escapar de estereotipos porque se trata de fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. 
Isto é, búscase que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa se programou unha acción (Presume de galego).
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
PICADE NA IMAXE OU NO ENLACE e...
Animádevos a participar!

24/11/14

A MALETA VIAXEIRA

Chegou ao noso cole a MALETA VIAXEIRA. Un proxecto organizado pola Biblioteca do CEFORE de Vigo e no cal o noso cole quixo participar a través do EDLG.
A partir de hoxe e ata as vacacións de Nadal estará dispoñible nos corredores do noso centro un espazo adicado á lectura no que os alumnos/as van disfrutar dela nun espazo moi acolledor.
Por aquí vos deixamos alguhas fotos:







22/11/14

FELIZ DÍA DA MÚSICA

O profe de música do noso cole a través deste blogue, quere desexarvos a todos un 
¡FELIZ DÍA DA MÚSICA!



Durante esta semana todos os nenos/nenas estiveron coloreando estas pegatinas e o venres no cole cada un puxo a súa. Foi unha semana moi especial na clase de música para celebrar esta data no noso cole.

21/11/14

EXCURSIÓN A NEVE DO ALUMNADO DE ATIOS

Dende este blogue do EDLG queremos compartir con vós o que moitos/as xa sabedes. Parte dos alumnos de 4º, 5º e 6º curso de primaria do noso cole van ir de excursión á neve a comezos do vindeiro ano 2015.


E por este motivo xa están en marcha numerosas actividades que hoxe tamén vos queremos anunciar. Os nenos e nenas que van ir a esta excursión comezarán hoxe mesmo a vender rosquillas para xuntar fondos para esta causa.

Así mesmo, hoxe, no noso cole queda inaugurado un MERCADILLO no que o alumnado poderá pasar a mercar o que a cada un máis lle guste. Os prezos dos materiais que se venden van andar entre 50 céntimos e 2 €. Amosámosvos a continuación algunha foto no que se ve esta actividade:











Ademais todos os pais que o desexen poderán vir acompañados cos seus fillos/as ao cole, nas tardes dos martes, para mercar tamén con eles.

ANIMÁDEVOS A COLABORAR 
CON TODOS/AS ELES!!!

19/11/14

A PÁXINA DA ANPA DO COLE

Hoxe queremos dar a coñecer a páxina web que a ANPA do noso cole acaba de crear. Só tedes que picar na imaxe e poderedes acceder a todos os contidos que na súa web aparecen. 

Así mesmo deixamos na columna da dereita do noso blogue un acceso permanente a esta páxina.
Noraboa aos seus creadores!!!

18/11/14

AS CASTAÑAS DE TERCEIRO

Queremos presentarvos os traballos que fixeron os nenos e nenas de terceiro curso de primaria o venres pasado durante a celebración do MAGOSTO no noso cole.
Desexamos que vos gusten!














17/11/14

NAVEGA CON RUMBO

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Sabemos que empregas o teu sentido común pero queremos botarche unha man. Atoparás algunhas recomendacións na Guía do Alumnado que farán máis segura a túa navegación polo ciberespazo. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 


A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.




14/11/14

RECEITAS NO MAGOSTO

Para rematar a semana do Magosto no noso cole, dende o EDLG queremos compartir con todos/as vos estas saborosísimas receitas que os compañeiros/as do Ceip Vicente Risco de Vigo subiron á rede para que poidamos ollalas e experimentar nas nosas casas.
Bo proveito!!!


13/11/14

XOGOS SOBRE O MAGOSTO

Grazas ao compañeiros/as do Ceip Condesa de Fenosa e ao seu Departamento de Orientación, presentámosvos hoxe estes xogos sobre o magosto para que poidades disfrutar e entretervos con eles. Desexamos que vos gusten. Noraboa aos seus creadores por tan bo traballo!









12/11/14

WEBQUEST O MAGOSTO

Deixámosvos por aquí material que atopou o EDLG navegando pola rede. Material para que todos os que o desexedes poidades traballar co Magosto e coas castañas.