Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

17/6/16

ALLARIZ AGARDA POR NÓS!!!

O vindeiro martes todo o cole vai viaxar a Allariz para realizar unha excursión conxunta de fin de curso. Temos moitas actividades programadas e esperamos pasalo moi ben.
Por aquí vos deixamos algunha foto e un enlace á páxina web do concello para que vaiades descubrindo cousiñas.






9/6/14

CLAUSURA DA LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR EN PORRIÑO

Hoxe queremos compartir algunhas das fotos que se sacaron na clausura da liga escolar de baloncesto no concello de O Porriño que se acaba de levar a cabo esta mesma mañá. O alumnado que participou foron os nenos e nenas de segundo ciclo. Mírade vós mesmos o ben que o pasaron:







2/6/14

OS NENOS E NENAS DE CUARTO NO PROGRAMA ESCOLAR XOGADE

Un ano máis o colexio plurilingüe de Atios ven de participar no proxecto XOGADE. Nesta ocasión asisitiron ás probas, con outros centros da zona, que se levaron a cabo nas pistas de atletismo do CUVI. Pasárono en grande como poderedes comprobar nas seguintes imaxes:





13/5/14

RECORDOS DO CORRELINGUA!!!

Hoxe tamén queremos deixarvos por aquí unha noticia na que queremos amosar algunhas das fotos da visita e participación do alumnado do noso cole a unha nova edición do CORRELINGUA que tivo lugar no día de onte en TUI.
Os nenos e nenas pasárono moi ben. Poideron difrutar coa actriz e humorista ISABEL RISCO, disfrutaron co grupo MONOULIOUS DOP, pasearon co galego polas rúas de TUI e viviron unha gran xornada na compañía de outros centros veciños.








Se queredes ver moitas máis imaxes só tendes que acceder á galería do noso cole no seguinte enlace:

11/5/14

HOXE...ÍMONOS DE CORRELINGUA!!!

Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º participaremos nun par de horas nunha nova edición do correlingua que terá lugar en Tui. Dentro duns intres sairemos en autobuses para participar nunha xornada agradable e compartir un día diferente a favor do galego con outros nenos e nenas de outros coles.
Nós iremos vestidos co chandal do cole e levaremos a seguinte pegatina que cada un coloreou e recortou na súa clase para este día.

Contarémosvos que tal nos foi!!!

28/4/14

UN ANO MÁIS... CORRELINGUA!!!

Un ano máis o noso cole xa está inscrito e participará nunha nova edición do Correlingua. Este ano o lema...

O alumnado de 2º e 3º ciclo desplazarase a Tui o vindeiro 12 de maio para participar nunha nova carreira a favor da nosa lingua: O GALEGO. 
Se picades no seguinte enlace poderedes ver todas as actividades que a organización ten programadas e das cales disfrutaremos moito.


Ademais accedendo ao seguinte enlace que tamén se atopa colgado no noso blogue teredes acceso a calquer tipo de información do Correlingua: banda deseñada, canta lingua, manifestos...


ATA OUTRA!!!

16/2/14

SAÍDA DO 2º CICLO

     Un ano máis os nenos e nenas de 2º ciclo veñen de participar en Vigo, dun concerto didáctico a cargo dos GAITEIROS da XISTRA no Centro Cultural Novacaixagalicia.
     Nesta ocasión dita asociación representou a obra teatro - musical titulada SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA. Pasámolo todos moi ben. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes e un enlace á Galería do noso cole para que as poidades ver con máis detalle.

19/6/13

LENDAS QUE TODOS CREN

     Xa vai para preto de un ano que o noso centro e o CEIP da Cruz de Budiño se reuniron para festexar unha xornada de confraternidade entre o alumnado do terceiro ciclo.
     Trátase de proxectos bianuais nos que se establecen dous temas en cada un deles. A misión que tivo o alumnado o ano pasado foi a de recompilar nas casas e na parroquia toda a información posible sobre as lendas que había na zona. O resultado poderedelo comprobar agora mesmo... Desexamos que vos guste. Que recordos!!!
Gracias profes Montse e Víctor!!!



     Este ano estes proxectos seguiron o seu curso e unha vez máis os dous centros tiñan preparado reencontrarse na parroquia de Budiño, e máis concretamente no seu monte FARO, no que ían compartir unha nova xornada de confraternidade sobre a tradición popular galega da nosa zona. O tempo non o permitiu pero o traballo non resultou de balde.
   Outro ano será!!!


10/5/13

HOXE... CORRELINGUA!!! (SEMANA CULTURAL)

     Continuamos coas actividades e no día de hoxe desprazámonos todos os cursos de primaria ata o Rosal para celebrarmos xunto con outros coles unha nova edición do Correlingua, este ano co lema: 


     Decidimos levar as cores do noso cole para chamar máis a atención e ademais cada un de nós puxo unha chapiña conmemorativa para a ocasión. 





     Aquí vos deixamos algunhas fotos para que comprobedes vós mesmos o ben que o pasamos... 









25/4/13

CONCERTO DIDÁCTICO MUSICAL NO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA

     O alumnado de 2º ciclo de primaria acaba de asistir a un concerto didáctico musical a cargo dos gaiteiros da Xistra no Centro Cultural Caixanova de Vigo.
    Foi una experiencia moi bonita na que os nenos e nenas gozaron unha vez máis da actuación desta agrupación musical.
   A xornada comezou cun paseo pola zona marítimo deportiva do náutico de vigo...



     E cando deron as doce chegamos ao destino... "Na procura do tesouro", unha actividade didáctico musical sobre o patrimonio inmaterial:
     Contáronnos a historia de Xurxo, un rapaz que non cría nas lendas dos mouros. Son cousas de vellas!, pensaba. Pero estaba seguro de que aquelas marcas nas pedras do monte, custodiadas pola gran serpe, eran os sinais do mapa do tesouro. Acotío porfiaba en que máis tarde que cedo o había topar. Sabía que no solpor algo misterioso acontecía, que ese era o mellor momento para descifrar os enigmas; pero de todas cantas veces o intentou, nunca pasaba nada, ata que unha noite os cantos da moura espertárono: eran as claves e as probas que Xurxo debería superar...