30/1/16

HISTORIAS E CANCIÓNS PARA CELEBRAR A PAZ




Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entre outros.



29/1/16

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ NO COLE DE ATIOS

Por aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade que vimos de celebrar un ano máis con motivo do día da PAZ. Carreiras solidarias para colaborar con SOS Porriño achegando alimentos para as familias máis necesitadas do noso concello. E unha canción conxunta para rematar este día tan fermoso con unha letra moi acolledora.....











Grazas familias e toda a comunidade por participar con nós!!!

26/1/16

IV CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ


Por cuarto ano consecutivo, e se o tempo o permite, celebraremos o DÍA DA PAZ,  o vindeiro Venres, 29 de Xaneiro, cunha nova CARREIRA SOLIDARIA, onde o obxectivo non é outro que recadar alimentos básicos para familias que o necesitan, a partir do esforzo persoal de cada un de nós. Como sempre, está aberta a participación nesta carreira a todos/as os que queiran disfrutala. 

19/1/16

OS TREBÓN VISITAN SOGAMA

Achegámosvos o novo videoconto da serie (Planeta Verde), onde a Familia Trebón e os seus amigos deciden visitar o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda para ver o tratamento que recibe o lixo producido nos fogares.

Con tal fin, realizan un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman a infraestrutura industrial desta empresa pública para comprobar o proceso de clasificación dos materiais depositados nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks), e que son remitidos aos centros
recicladores, así como a valorización enerxética da fracción non reciclable introducida no contedor verde convencional, que a entidade transforma en enerxía eléctrica.





11/1/16

NOVO CALENDARIO DO CURSO 2015-2016

Un ano máis o EDLG do cole puxo en marcha a edición dun novo calendario escolar creado por todo o alumnado do centro. O noso tema central está relacionado co "ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES".  Aqui tedes os debuxos que representan os doce meses do ano.