30/1/14

O MURAL DA PAZ DOS NENOS E NENAS DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS

Ensinámosvos o mural feito polos nenos e nenas de todo o cole que foron pasando pola clase de música ao longo da semana da PAZ. Queremos agradecer tamén a colaboración da profe Eva pola súa implicación e labor neste proxecto.
Desexamos que vos guste!!!




A PAZ DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A e B

Dende as nosas clases de 5 anos A e B e gracias a idea das nosas profes Elena e María José, queremos presentarvos hoxe os nosos traballos feitos polo Día Da Paz no cole. Desexamos que vos gusten...


OS NENOS/AS DE 3 ANOS ELABORAN MATERIAL DA PAZ

Hoxe queremos ensinarvos o material que preparamos na nosa clase os nenos e nenas de 3 anos coa profe Ana. Quixemos animar aos máis maiores do cole na súa carreira polos camiños de Atios no Día da Paz.


A carreira só foi unha excusa para xuntar alimentos e colaborar con SOS PORRIÑO!!!

15/1/14

A DISFRUTAR DE XOGOS EDUCATIVOS EN GALEGO

Hoxe propoñévosvos uns cantos xoguiños en galego para que poidades pasalo ben practicando a nosa lingua...


Desexamos que vos gusten!!! 
Con facer clic na anterior imaxe xa poderedes acceder a eles.


13/1/14

MARILUZ AVESTRUZ

Hoxe queremos compartir con vós un novo conto. Esta vez feito polos nenos e nenas do Ceip de Pontesampio, unha vila non moi lonxe da nosa. Noraboa a todos os seus autores porque o resultado é marabilloso. 
Desexamos que vos guste!!!


9/1/14

AS PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS DO ANO PARA A BIBLIOTECA XA ESTÁN AQUÍ!!!

Deixámosvos por aquí as primeiras adquisicións (deste novo ano que acabamos de comezar) para a biblioteca da editorial Kalandraka . Botádelles unha ollada!!!




Un ameno achegamento a unha das obras máis importantes da historia da Arte a partir da análise dos seus detalles e da semblanza dun autor que quedou abraiado coa luz da Provenza.



Trece poemas do Poeta Nacional de Cuba, como trece lunas. Desde o Caribe, os versos de vanguardia do afrocubanismo e da mestizaxe con imaxes expresivas e conceptuais.



De pobo en pobo coa súa función de títeres: Manontroppo, Dragonzález y Marionetta fan as delicias de pequenos e maiores. Un poemario que rememora as peripecias da época xugraresca, co colorido e a estética actual.