23/4/18

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Para celebrar o día do libro no cole, contamos coa visita de Anxo Moure que veu a contarnos uns contos sobre as árbores e a terra. Ademáis realizamos un ano máis a actividade "Ti + Eu = LIBRO" onde os maiores e os pequenos do cole comparten lecturas e o rematar o conto fan un debuxo sobre o mesmo. Este debuxo será unha páxina dun novo libro que elaboraremos entre todos e que por suposto, poderedes gozar del cando este rematado na biblioteca.

19/4/18

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES

Estamos traballando co alumnado de cuarto, quinto e sexto un programa de educación en valores. Concretamente "Programa Cinensino" mediante o cal o alumnado toma conciencia dos distintos valores a través do visionado de diversas películas  coa súa correspondente unidade didáctica, na que realizan diferentes actividades.

18/4/18

Novas adquisición para a biblioteca

A nosa biblioteca non deixa de medrar, aquí tedes dúas novas adquisicións. Esperamos que vos gusten e poidades gozar moito coa súa lectura.

15/4/18

CONCURSO

Dende o cole seguimos a participar nos diversos concursos que nos chegan. Neste caso o alumnado de terceiro e cuarto de primaria van a reflexionar sobre a importancia da auga, ademáis de aprender poden gañar uns premios moi tecnolóxicos. Aquí vos deixamos a información.



5/4/18

OBRADOIRO COEDUCACIÓN

Os nenos e nenas de cinco anos tiveron hoxe a segunda xornada do obradoiro de coeducación. Tiveron que debuxar a unha persoa realizando a súa profesión, e sabedes unha cousa? só había catro mulleres traballando nos seus debuxos. Despois viron un vídeo doutro cole no que sucedeu o mesmo pero contaron coa visita de tres persoas vestidas cos seus uniformes e as tres eran mulleres cousa coa que non contaban porque pensaban que nesas profesións no podían traballar homes. Logo tivemos que darlle voltas a cabeza pensando se coñecíamos algunha profesión que só fose para homes e outra só para mulleres, e descubrimos que non existe; todas as profesión poden realizalas tanto homes como mulleres. Despois vimos un conto no que había homes e mulleres facendo cousas as que non estamos acostumados a ver. Tivemos tanta sorte que ese mesmo conto nolo deron como agasallo para poder colorealo na nosa casa, e tamén unha lámina cun home e unha muller espidos os que lle podíamos vestir a roupa da profesión que nos quiseramos iso despois de coloreala. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.