Mostrando entradas con la etiqueta SOGAMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOGAMA. Mostrar todas las entradas

19/1/16

OS TREBÓN VISITAN SOGAMA

Achegámosvos o novo videoconto da serie (Planeta Verde), onde a Familia Trebón e os seus amigos deciden visitar o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda para ver o tratamento que recibe o lixo producido nos fogares.

Con tal fin, realizan un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman a infraestrutura industrial desta empresa pública para comprobar o proceso de clasificación dos materiais depositados nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks), e que son remitidos aos centros
recicladores, así como a valorización enerxética da fracción non reciclable introducida no contedor verde convencional, que a entidade transforma en enerxía eléctrica.





16/5/14

FAMILIA TREBÓN ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes o novo videoconto da Familia Trebón. Nesta ocasión, trátase dun especial adicado ao Día das Letras Galegas. Xa está á vosa disposición na páxina web de Sogama www.sogama.es e na plataforma educativa de Caderno Verde www.cadernoverde.com.
Se picades na seguinte imaxe poderedes acceder ao vídeo:


Desexamos que vos guste.

9/4/14

NOVO VIDEOCONTO DA FAMILIA TREBÓN

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto da Familia Trebón (Planeta Verde), tanto na páxina web de Sogama, como na Plataforma de Caderno Verde (CON ENLACES NO NOSO BLOGUE). 
Leva por título "No fondo do mar" e no mesmo os nosos amigos, tras unha inmersión, comproban a cantidade de lixo espallado polos fondos mariños, especialmente bolsas plásticas (ata os peixes puxeron pancartas de protesta). 
A súa reacción: limpalo todo.
Agardamos que vos guste.


19/3/14

A NOVA FICHA DE CADERNO VERDE

    Aquí tedes a nova ficha de Caderno Verde, á vosa disposición tamén no seguinte enlace:




      Oriéntase á área de música e ao alumnado do segundo ciclo de primaria.
    Tal e como podedes comprobar, os nosos amigos de Vilaverde están a fabricar instrumentos musicais (guitarras, xilófonos, baterías, ….) con materiais de refugallo (caixas de cartón, botellas de auga baleiras, latas, caldeiros vellos, botes de deterxente, …). Deste xeito, e sen custe engadido, xa poden poñer en marcha o seu propio grupo de rock.

Agardamos que vos guste!