Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas

2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. 

9/2/15

MATERIAL PARA TRABALLAR O ENTROIDO

Deixámosvos por aquí un enlace ao que accederedes si picades na imaxe. 
Trátase dunha recompilación de actividades organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Desexamos que lle saquedes moito proveito e que nas vosas casas descarguedes o que queirades para traballar neste Entroido.



Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido que nós queremos compartir con todas/os vós.
Picando na imaxe accederedes aos materiais:




25/2/14

TRABALLAMOS A FESTIVIDADE DO ENTROIDO

     Para que poidades traballar esta temática tan popular da nosa terra, deixámosvos por aquí un enlace moi interesante a unha páxina onde atoparedes moreas de actividades para facer e saber máis.

24/2/14

O ENTROIDO XA CHEGOU AO NOSO COLE

     Un ano máis comezamos a semana grande do Entroido no noso cole facéndolle caso ás ordes do MECO cos seus MANDADIÑOS.
 Deixámosvos por aquí un enlace ao BLOGUE de EXTRAESCOLARES e COMPLEMENTARIAS para que vaiades vendo as novas ao longo da semana...