Mostrando entradas con la etiqueta COORDINADORA GALEGA DE NORMALIZACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COORDINADORA GALEGA DE NORMALIZACIÓN. Mostrar todas las entradas

2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. 

9/2/15

MATERIAL PARA TRABALLAR O ENTROIDO

Deixámosvos por aquí un enlace ao que accederedes si picades na imaxe. 
Trátase dunha recompilación de actividades organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Desexamos que lle saquedes moito proveito e que nas vosas casas descarguedes o que queirades para traballar neste Entroido.



Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido que nós queremos compartir con todas/os vós.
Picando na imaxe accederedes aos materiais:




9/12/14

O ULTIMO NÚMERO DE OLLOS DE AULA DO 2014

Despedimos o 2014 co número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.
Dende a CGENDL agardamos que este novo número sexa do voso interese:

26/11/14

PRESUME DE GALEGO!!!


Dende a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA estase organizando unha campaña na que tratarán de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queren escapar de estereotipos porque se trata de fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. 
Isto é, búscase que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa se programou unha acción (Presume de galego).
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
PICADE NA IMAXE OU NO ENLACE e...
Animádevos a participar!

9/5/14

UN NOVO "OLLOS DE AULA" PARA O MES DA LINGUA

Coa chegada do mes de maio, Mes das Letras e da Lingua, chega tamén o nº 14 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado: 

Nesta nova entrega, na que non saímos ao encontro de X. Mª. Díaz Castro da man de Luís Aldegunde, a neuróloga e xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Mª Jesús Sobrido Gómez, responde á pregunta "TDAH: é sempre necesario un tratamento farmacolóxico?” mentres que Lines Salgado dános a coñecer diferentes medidas de adaptación curricular. Non podían faltar na sección "Cadencias” as propostas de lecer de Gracia Santórum e unha contraportada que nos convida a reflexionar sobre a pervivencia de fondos prexuízos lingüísticos na nosa sociedade.

8/5/14

RECURSOS DE AULA PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS 2014

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor...




Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.
Así mesmo, tamén poderedes atopar máis recursos na web de SEMINARIO GALÁN.ORG:

Desexamos que sexa do voso proveito estes recursos.
Ata outra!!!