23/12/13

GAÑADORES DO III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Ola a todos e todas por aquí vos deixamos a publicación dos gañadores/as do III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL do Ceip plurilingüe de Atios organizado polo EDLG do centro.
Noraboa a todos os gañadores:

FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2014 
A TODA A COMUNIDADE DE ATIOS

18/12/13

ESTAMOS DE NORABOA!!!

      A SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA acaba de escoller unha serie de materiais feitos por vos para seren publicados e difundidos a todos os centros de Galicia. 
   Deixámosvos por aquí unhas fotos e uns enlaces ao apartado da páxina da secretaría no cal subiron o noso material:
¡QUE O DISFRUTEDES!



 




17/12/13

UN CD DE MÚSICA MOI INTERESANTE: PAN DE MILLO

Migallas Teatro anima a cantar e a bailar a toda a familia neste libro-disco ilustrado, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego.



9/12/13

OINK! A REVISTA DO XABARÍN XA ESTÁ NO NOSO COLE

     Dende hai uns días, OINK! a revista do xabarín xa está no noso cole. Poderédela ver na biblioteca e disfrutar de todas as novidades que nela aparecen. Trátase de unha revista que chegará cada mes, feita en galego e que o EDLG quixo traer para que todos a poidésedes ollar.



Deixámosvos tamén por aquí un vídeo da presentación desta revista na tele:




Xa sabedes... pasade pola nosa biblioteca e poderedes ver a de este mes ou de anteriores!!! Grazas ao Equipo de Biblioteca xa estamos suscritos!!!






28/11/13

CULTURGAL 2013

Hoxe temos unha recomendación para que, do 29 de novembro ao 1 de decembro, teñades unha fin de semana diferente en familia. Se podedes achegarvos ata Pontevedra animámosvos a disfrutar de CULTURGAL: a Feira das Industrias Culturais, a gran casa da cultura galega.


Haberá moitos momentos para sesións de contacontos, concertos e ciencia, presentación de libros con espectáculos teatrais e musicais como “Pan de millo” de Migallas Teatro (do que vos falaremos a próxima semana) ou “Toc Toc” de Pablo Díaz, achegamento aos títeres da man de Tanxarina e de Anxo Moure coa Tiricleta, espectáculo de circo de Pistacatro, encontros con autores e ilustradores como acontece co escritor Manuel Rivas e o seu novo conto O raposo e a mestra, presentacións de xoguetes como o do Xabarín Club, unha casa de xogos, etc, etc… haberá tantas cousas diferentes que non ides saber polo que decidirvos!!!


Estos son algúns dos espectáculos dos que poderedes desfrutar: 

"Impreuna" espectáculo de circo de Pistacatro
Espectáculo musical con: Os tres tenedores
"Toc, toc". Libro-disco de Pablo Díaz
"Trogloditas" de títeres Tanxarina
Cine: "A tropa de trapo no pais onde sempre brilla o sol" (nominada aos Goya 2011)

O acceso á Feira continúa a ser gratuíto pero haberá opción de pagar unha entrada voluntaria. É unha das accións da organización da Feira para concienciar ao público de que a cultura é algo de todas e todos. Non irás coas mans baleiras; a cambio da entrada, recibirás unha chapa que te distinguirá como micropatrocinador de Culturgal.


Deixámosvos varios enlaces para que vexades a programación e consultedes toda a información. 


Non volo perdades!!!

26/11/13

SEGUNDA ENTREGA COAS NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Novos libros para todos e todas vós:




Con páxinas de cartón, un atractivo deseño e formato red para primeiros lectores, acompañamos o entrañable Renato nas súas aventuras polo bosque. Os personaxes saltan do papel ao gardarroupa convertidos en cómodos pixamas da colección de moda infantil de Casa K.



           


A montaña rusa, os coches de choque, as luces multicor, a música e o balbordo. O parque de atraccións ponse en movemento aplicando unha antiga técnica de animación, ao desplazar unha lámina de acetato sobre as ilustracións de este libro interactivo e sorprendente.




Unha sinxela e práctica guía da rica biodiversidade mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de extinción. Unha obra que fomenta a curiosidade e a sensibilización de nenos e de adultos polo medio natural e a súa conservación.



Abellas, corvos, estorniños, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite.




A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.




21/11/13

O NOSO COLE SAE NO PERIÓDICO

O xornal ATLÁNTICO acaba de publicar unha reportaxe feita no noso cole. Aquí vos deixamos algunhas fotos deste traballo.




E por si o queredes imprimir aquí está un archivo:

18/11/13

O OUTONO DENDE OS NENOS DE CUARTO

Os nenos e nenas de cuarto queremos presentarvos os traballos que fixemos con motivo da chegada do outono e da celebración do magosto no noso cole.
Desexamos que vos guste...













Para a exposición do magosto do noso cole presentamos este traballo...
Montamos a seguinte decoración no corredor da nosa aula...

E disfrutamos moito da festa do magosto do noso cole...

Para rematar queremos deixarvos aquí unhas cantas actividades que nos mesmos fixemos na aula...
Que o pasedes ben facéndoas!!!



11/11/13

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 
 
 
 
 
     Con motivo da cElebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
 

7/11/13

UNHA REVISTA MOI INTERESANTE: OLLOS DE AULA



O Nº 10 de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias, aborda a temática do acoso escolar, a necesaria coeducación e unha palabra máis nesta sopa terminolóxica que é o sistema educativo: o Proxecto Interdisciplinar. Por suposto, non esquece as atractivas recomendacións de Gracia Santorum na sección "Cadencias", os anuncios móbiles e unha reflexión sobre o sentido normalizador das actividades culturais nos colexios.


4/11/13

O NOSO BLOGUE XA É DE IMPACTO CERO


Segundo o Dr. Alexander Wissner-Gross, activista do medio ambiente e físico de Harvard, un sitio web produce uns 0,02 gramos de CO2 por cada visita, mais ou menos 3,6 kg de CO2 ao ano.
Depende de moitos factores, pero calcúlase que unha árbore absorbe cada ano unha media de 10 kg de CO2.

Nos só temos que poñer a imaxe de "O noso blogue é Co2 Neutral" na web e plantarase unha árbore que axudará a coidar o medio ambiente por un tempo correspondente a 50 anos.

Agora Pedra Rosa de Atios é un blogue de impacto cero que axuda a coidar o planeta!

1/11/13

O SAMAÍN NO NOSO COLE


     Ola de novo!!! Despois desta noite de Samaín por aquí vos deixamos algunhas das moitas cabazas que os nenos e nenas do noso cole fixeron nas súas casas. Grazas por participar!!! Nuns días saberemos quenes foron os gañadores/as. Desexamos que vos guste...



             Click to play this Smilebox slideshow


24/10/13

HOXE...UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS



AS NOVAS ENTREGAS DO CURSO 2013-2014 (1ª PARTE)

Ola a todos e todas de novo: por aquí vos deixamos a primeira entrega que acabamos de recibir con libros novos para a nosa biblioteca. Botádelle unha ollada que vale a pena!!!


Zarparon para encontrar a isla do tesouro e, despois de unha travesía chea de aventuras, levaron unha inesperada sorpresa. Un clásico do humor gráfico dos anos 70 que segue facendo rir a pequenos e maiores.



A fronteira entre o real e o imaxinario é a clave deste libro de anécdotas surrealistas, sucesos absurdos, situacións insólitas e misterios insondables. Cantas cousas sorprendentes acontecen no mundo!
 
 

A familia, os amigos, a veciñanza, os profesores e compañeiros da escola... de cantas persoas aprendemos ao longo da nosa nenez! Cómpre recoñecerllo e seguir aprendendo deles.
 
 


Mentres Mancha e Carlos xogan no parque cos seus cans, os seus pais ignóranse en cadanseu extremo do banco. Un clásico de 1977 sobre un tema sempre actual: a incomunicación entre os adultos fronte á espontaneidade dos rapaces.
 
  



Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. O legado das autoras e ilustradoras pioneiras na creación de álbums sobre igualdade e coeducación, aínda vixente.