No cole estamos realizando dous concursos, nun buscamos unha mascota para a biblioteca polo que agardamos os vosos debuxos xa que estamos convencidos que ninguén mellor que os nosos alumnos/as para deseñala. O outro consiste en elaborar un slogan para o recuncho da nosa lingua " o Galego" xa que pareceunos boa idea adicar un trociño do cole a mesma, nel exporemos cousas na nosa lingua pero o primeiro paso é buscarlle un nome así que, poñer esas cabeciñas a traballar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
30/9/17
19/9/17
REGRESAMOS
Aínda parece que foi onte, cando marchamos de vacacións, e xa estamos de volta coas pilas ben cargadas e con moitas ganas de vivir novas experiencias todos xuntos. Para iso xa estamos argallando novas actividades, concursos, visitas... e moitas festas nas que nos divertiremos empregando o galego.
Este blog pretende ser un espello no que poidades ver e compartir as vosas vivenzas.
AGARDÁMOSVOS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)