Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entre outros.
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas
29/1/16
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ NO COLE DE ATIOS
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade que vimos de celebrar un ano máis con motivo do día da PAZ. Carreiras solidarias para colaborar con SOS Porriño achegando alimentos para as familias máis necesitadas do noso concello. E unha canción conxunta para rematar este día tan fermoso con unha letra moi acolledora.....
Grazas familias e toda a comunidade por participar con nós!!!
26/1/16
IV CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ
Por cuarto ano consecutivo, e se o tempo o permite, celebraremos o DÍA DA PAZ, o vindeiro Venres, 29 de Xaneiro, cunha nova CARREIRA SOLIDARIA, onde o obxectivo non é outro que recadar alimentos básicos para familias que o necesitan, a partir do esforzo persoal de cada un de nós. Como sempre, está aberta a participación nesta carreira a todos/as os que queiran disfrutala.
30/1/15
DÍA DA PAZ NO NOSO COLE
Un ano máis e para celebrar este día do no cole, fíxose unha carreira solidaria para recaudar alimentos e productos de aseo para SOS Porriño. Nun primeiro momento a carreira íase celebrar polas rúas da parroquia pero por causa da chuvia a última hora tivemos que trasladar as carreiras ao pavillón.
Os pais e nais que quixeron tamén puideron participar e colaborar. Foi unha xornada moi especial e divertida á vez que moi positiva e gratificante.
Gracias a todos e todas!!!
Por aquí vos deixamos algunha foto:
30/1/14
O MURAL DA PAZ DOS NENOS E NENAS DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS
Ensinámosvos o mural feito polos nenos e nenas de todo o cole que foron pasando pola clase de música ao longo da semana da PAZ. Queremos agradecer tamén a colaboración da profe Eva pola súa implicación e labor neste proxecto.
Desexamos que vos guste!!!
A PAZ DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A e B
Dende as nosas clases de 5 anos A e B e gracias a idea das nosas profes Elena e María José, queremos presentarvos hoxe os nosos traballos feitos polo Día Da Paz no cole. Desexamos que vos gusten...
OS NENOS/AS DE 3 ANOS ELABORAN MATERIAL DA PAZ
Hoxe queremos ensinarvos o material que preparamos na nosa clase os nenos e nenas de 3 anos coa profe Ana. Quixemos animar aos máis maiores do cole na súa carreira polos camiños de Atios no Día da Paz.
A carreira só foi unha excusa para xuntar alimentos e colaborar con SOS PORRIÑO!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



