Mostrando entradas con la etiqueta CADERNO VERDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CADERNO VERDE. Mostrar todas las entradas

19/1/16

OS TREBÓN VISITAN SOGAMA

Achegámosvos o novo videoconto da serie (Planeta Verde), onde a Familia Trebón e os seus amigos deciden visitar o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda para ver o tratamento que recibe o lixo producido nos fogares.

Con tal fin, realizan un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman a infraestrutura industrial desta empresa pública para comprobar o proceso de clasificación dos materiais depositados nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks), e que son remitidos aos centros
recicladores, así como a valorización enerxética da fracción non reciclable introducida no contedor verde convencional, que a entidade transforma en enerxía eléctrica.





17/12/15

O NADAL COA FAMILIA TREBÓN

Acompañamos a Anselmo, Carola, Lucas, Vito e Lilia nestas datas tan especiais. Así descobren os novos amigos e amigas o lado máis sustentable destes días de celebración:













16/5/14

FAMILIA TREBÓN ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes o novo videoconto da Familia Trebón. Nesta ocasión, trátase dun especial adicado ao Día das Letras Galegas. Xa está á vosa disposición na páxina web de Sogama www.sogama.es e na plataforma educativa de Caderno Verde www.cadernoverde.com.
Se picades na seguinte imaxe poderedes acceder ao vídeo:


Desexamos que vos guste.

9/5/14

NO PEIRAO: NOVA FICHA DE CADERNO VERDE

Xa tedes á vosa disposición a ficha Nº18 de Caderno Verde. Leva por título: No peirao. 


Está orientada a traballar a Lingua Galega cos escolares de 2º ciclo de primaria. Ademais dos valores medioambientais, o alumnado poderá aprender vocabulario vencellado ao mar.
Agardamos que vos sexa de utilidade.

9/4/14

NOVO VIDEOCONTO DA FAMILIA TREBÓN

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto da Familia Trebón (Planeta Verde), tanto na páxina web de Sogama, como na Plataforma de Caderno Verde (CON ENLACES NO NOSO BLOGUE). 
Leva por título "No fondo do mar" e no mesmo os nosos amigos, tras unha inmersión, comproban a cantidade de lixo espallado polos fondos mariños, especialmente bolsas plásticas (ata os peixes puxeron pancartas de protesta). 
A súa reacción: limpalo todo.
Agardamos que vos guste.