| Make your own digital slideshow |
Mostrando entradas con la etiqueta AGASALLOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AGASALLOS. Mostrar todas las entradas
13/12/15
XA CHEGA O NADAL!! PRÓSPERO ANO NOVO PARA O QUE ESTÁ POR VIR, QUE CADA DÍA TEÑAMOS RAZÓNS PARA SORRIR
17/12/14
MATERIAIS DIVULGATIVOS
Hoxe facémonos eco de un material que nos acaba de chegar ao EDLG e do cal nos pide que lle deamos difusión.
Unhas guías de lectura e música que agora vos deixamos por aquí para que todos aqueles que o desexedes lle poidades botar unha ollada:
Os Equipos de Normalización e Dinamización súmanse ás iniciativas emprendidas desde os centros escolares para mellorar o hábito lector e traballar a prol da animación á lectura en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos obxectivos que caracterizan o noso traballo común
2/12/14
CULTURGAL 2014
Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional.
Pero ademais Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira; Culturgal quere ser unha ferramenta útil no novo escenario no que empresas e axentes culturais deben desenvolver o seu traballo. Estimular a confianza dos diferentes gremios na utilidade da feira, convidándoos ademais a participar activamente na programación, e pulsar os intereses dos diversos públicos que asisten a ela son obxectivos primordiais.
A organización de Culturgal 2014, a desenvolver os días 5, 6 e 7 de decembro, apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social. Todas e todos implicados en Culturgal como proxecto común, necesario e eficaz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





