2/11/20

Samaín 2020

 Qué ben traballaron os nenos/as !!!!!  Non as puidemos ter no cole pero aquí vai unha mostra das cabazas!!!! Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!




16/10/20

O Samaín da "pandemia"

Estimadas familias,

Un ano máis, animámosvos a participar no CONCURSO DE CABAZAS TERRORÍFICAS. Debido a pandemia non as poderemos traer ao colexio. Podédelas facer na casa e mandarnos unha foto co resultado final.  Con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe que publicaremos na páxina web do colexio.Os que queiran participar, deben enviar as fotos das cabazas antes do 23 de outubro ao correo coledeatiosedlg@gmail.com.

Animádevos! Aínda que non se poida facer o mesmo que os outros anos é moi importante manter no posible as diferentes actividades. 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

19/6/20

GRADUACIÓN DIXITAL E DESPEDIDA

Hoxe o colexio debería de estar cheo de alumnos/as que rematan unha etapa e comezan outra como é o caso dos alumnos/as de sexto de Educación Infantil e o alumnado de sexto de educación primaria que comeza unha nova aventura, ambos acompañados das súas familias, pero como todos e todas sabedes non puido ser así. Así que tivemos a primeira graduación dixital e por videoconferencia para o alumnado de sexto  que deixa o cole, non faltaron as palabras de alento, os mellores desexos e as lágrimas. Os mestres e mestras de Atios sabemos que nesta nova andadura non ides a ter problema se traballades como o fixestedes ata agora, así que nada de medo e a por ela que sodes uns e unhas CAMPIÓNS e CAMPIOAS. E o mesmo para o alumnado de sexto de Educación Infantil que non deixan o cole e aos  que imos a seguir vendo. Aquí vos deixamos as orlas para que vexades o guapos e guapas que están todos e todas.








Agora chega o momento de pechar por un tempo esta fiestra, a través da que ides vendo todas as cousiñas que se fan no cole. Pero non esquezades que voltamos en setembro despois de repoñer forzas e descansar un pouquiño.  Todos e todas o merecemos polo esforzo e a dedicación nestes últimos meses para que a distancia non fose un problema e nos seguirades sentirdo ao voso carón. Gozade, cargade pilas e vémonos en setembro. FELIZ VERÁN!!!



1/6/20

CALENDARIO XUÑO

Aquí tedes o derradeiro calendario deste curso escolar. Esperamos que gozarades comprobando a creatividade dos cativos e cativas do cole de Atios. Xa non queda case nada, moito ánimo e moita saúde para todos e todas.


17/5/20

17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" RICARDO CARVALHO CALERO

Para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das letras Galegas. Levamos toda a semana realizando actividades entre elas o "Kahoot" e o "Reto Verdescente".

Aquí tedes o vídeo que elaboramos para participar no "Reto Verdescente",  polo que tantos e tantas de vós nos preguntastedes. Agardamos que vos guste.




Hoxe deixámosvos unha imaxe e un poema do autor.



10/5/20

LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO

Esta semana traballaremos sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero a quen se lle adícan este ano as Letras Galegas. Para iso deixámosvos unha infogrfía cos datos máis relevantes da súa vida e obra, así como algunhas curiosidades e para aqueles/aquelas que non o coñecedes unha foto para que lle podades poñer cara.


           
A actividade que vos propoñemos esta semana é a realización dun Kahoot no que podedes demostrar cantas cousas sabedes sobre o autor. Para realizalo tedes que:

Entrar no enlace :

Tedes que poñer un nome ou nick o que vós queirades e xa podedes comprobar canto sabedes. Podedes competir tantas veces como queirades cos vosos compañeiros e compañeiras.

Para saber máis cousiñas podedes entrar no seguinte enlace para realizar actividades interactivas:


Neste enlace tedes actividades interactivas para todos os cursos, vídeos...

A continuación deixámosvos este enlace con actividades que podedes imprimir ou facer na libreta tamén por curso e inclúen pasatempos, adiviñas e algunhas manualidades:


Agora  xa sodes uns expertos e expertas sobre a vida e obra de Ricadro Carvalho Calero.

Animádevos a participar e agardamos que vos guste!!!

4/5/20

LETRAS GALEGAS: RETO VERDESCENTE

Ola a todos e todas! Para poder participar neste reto de varios coles, solicitamos a vosa colaboración enviando fotos (co móbil en horizontal)  da paisaxe que vedes dende os vosos cuartos ou cando saídes a pasear. da paisaxe, non poden aparecer persoas. Con todas as fotos faremos un vídeo coa canción "verdescente" de Uxía Lambona e a Banda Molona que compartiremos con outros coles.
Tedes ata o 14 de maio para enviar as fotos ao seguinte correo:

coleatiosedlg@gmail.com

Animádevos a compartir o fermosa que é a nosa terra.


Aquí tedes a invitación que nos fixeron:

 

 E a canción adaptada con pictogramas

 

1/5/20

CALENDARIO DE MAIO

Bo día! esperamos que todas e todos esteades ben. Comeza un novo mes e con el chega unha nova entrega do calendario. Non podía ser máis apropiado falando da natureza e  de como coidala, nun mes no que a natureza vístese de gala co brotar das flores. Esperamos que vos guste.

23/4/20

DÍA DO LIBRO


Hoxe 23 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. A orixe desta celebración remóntase a 1926. O 23 de abril finaban Cervantes e Shakespeare.
En 1995 o día do Libro convértese nunha FESTA MUNDIAL.
Este ano que tanto temos que QUEDAR NA CASA os libros axúdannos a pasar moitas horas entretidos/as, a soñar, a viaxar e a imaxinar moitas cousas. Por Iso os mestres e mestras decidimos deixarvos unhas suxerencias de libros. Esperamos que vos guste este vídeo. 





Ademais deixamos aquí dous contacontos de Paula Carballeira:










E para aqueles/as máis curiosos deixamos este enlace no que aparecen moitos contos sobre as estrelas, a terra… cunha morea de curiosidades.



1/4/20

CALENDARIO DE ABRIL

Comeza un novo mes e con el chega unha nova páxina do calendario. Nesta ocasión, o alumnado de 6º A, foi o encargado de ilustrala. Esperamos que vos guste moito. Xa queda menos vernos e compartir grandes momentos. Moito ánimo!!


8/3/20

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como cada ano celebramos no cole o día da muller traballadora, nesta ocasión elaboramos un panel xigante que se atopa na entrada do cole, no que resaltamos a figura da muller no campo. Centrámolo nas familias da escola por iso o titulamos "Mulleres do campo de Atios". Ademais dende a  área de música traballaron as mulleres na música e dende a biblioteca tamén se traballou esta temática como podedes ver no vídeo. A música que acompaña este vídeo e da "Banda da loba con colaboracións", adxuntamos tamén o seu videoclip non podedes deixar de velo.
Parabén a todas as mulleres! Por nós, por elas.





3/3/20

CAXOTO

Hoxe gozamos dunha sesión de contacontos da man de "Caxoto"coa que seguimos a traballar a igualdade. Sen dúbida un concepto moi importante nos tempos que corren e do que o noso alumnado cada vez esta máis concienciado. Que mellor forma de aprender que a través dos contos? Aquí podedes ver como pequenos/as e grandes estaban moi pero que moi atentos e atentas.

2/3/20

CALENDARIO DE MARZO

Xa temos aquí a nova entrega do calendario, aínda que febreiro tivo un día máis pasou ben rápido non si? Nesta ocasión o alumnado encargado do mes de marzo foi o de terceiro de primaria. Mirade que fermoso!


24/2/20

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe para os galegos e galegas e un día moi especial, conmemorase o día de Rosalía de Castro unha das figuras literarias máis importantes. Dende o EDLG non queríamos deixar de celebrar este día aínda que non sexa día lectivo.
Moitos Parabéns Rosalía!



5º MANDADIÑO

O pasado venres como fin de festa o Meco encargounos traer un complemento glamuroso houbo de todo, ovos, berzas, mazorcas de millo.... Ademais realizamos a tradicional degustación de doces de entroido, e non podía faltar a música e o baile.












Aquí podedes ver algunhas das actividades que se realizaron para decorar o cole e coa que traballamos o vocabulario propio desta data.



20/2/20

ROSALÍA DE CASTRO

Esta mañá no cole celebramos o día de Rosalía de Castro,  aínda que o seu propio día é o 24 de febreiro. Este curso coincide que non estamos no colexio polas vacacións de entroido pero non queriamos deixar de conmemorar esta data.
Escribimos poemas de Rosalía nunhas follas e as empregamos para decorar a verxa da escola, deste xeito alumnado e familia poden gozar da poesía desta gran autora.
Ademais hoxe xuntámonos diante da verxa para añadir algunha poesía máis e gozar escoitando como algúns nenos e nenas recitaban poemas dela.
Para rematar demos un forte aplauso na honra desta gran muller "Rosalía de Castro" e como non podía ser doutro xeito o Recuncho do Galego esta adicado a ela.

19/2/20

3º MANDADIÑO

Hoxe o Meco deixounos escoller se traballar ou descansar, aínda así no cole traballar gústanos polo que había tanto botas de auga como zapatillas de cadros para descansar.




17/2/20

1º MANDADIÑO

Hoxe tiñamos que obedecer ao "Meco"por primeira vez e para comezar como ben sabedes tiñamos que traer unha pañoleta na cabeza.O noso Meco non quiso ser menos e para dar exemplo decorou a súa cabeza cunha pañoleta ben fermosa.
O cole de Atios encheuse de cor para recibir unha morea de pañoletas de diversas cores e estilos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra, mañá máis....


13/2/20

ENTROIDO

Dende o cole xa estamos quecendo motores para o Entroido, para que non pille a ninguén por sorpresa deixámosvos os mandadiños do Meco por si precisades conseguir algunha cousiña. Este ano Atios convírtese nunha pasarela co "AGROGLAMOUR". Xa veredes que ven o pasamos!!



31/1/20

CALENDARIO FEBREIRO


Como cada mes aquí tedes unha nova entrega do calendario, esperamos que vos guste tanto como a nós.


9/1/20

A NENA E O GRILO, E MÁIS ALÓ

Hoxe o alumnado de primeiro e segundo de primaria gozou dunha mañá de teatro en Afundación. Divertíronse moito cantando e sendo o eco dos actores e da actriz así como coas súas coreografías.







2/1/20

FELIZ ANO 2020!

Comezamos un novo ano que de seguro vai estar cheo de sorpresas, moita ilusión e con innumerables momentos de aprendizaxe. Para aquelas persoas que estabades agardando o primeiro calendario do ano, aquí vai, realizado nesta ocasión polo alumnado de sexto B.