Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas

26/2/16

TODO ME FALA DE TI





27 DE FEBREIRO DE 2016

18H.

Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos 

MARÍN



Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha neste concerto familiar que se desenvolverá en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.




30/1/16

HISTORIAS E CANCIÓNS PARA CELEBRAR A PAZ




Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entre outros.



9/11/15

DOUS XOGOS MUSICAIS

Compartimos hoxe con vós dous xogos musicais que atopamos na páxina O PORTAL DAS PALABRAS. Desexamos que vos gusten e que pasedes un anaco de tempo agradable:


Escolle na listaxe de palabras a que se corresponde co obxecto que aparece na fotografía. Tes dez imaxes e quince segundos para cada unha.


Escolle na listaxe de palabras a que se corresponde co obxecto que aparece na fotografía. Tes dez imaxes e quince segundos para cada unha.








23/10/14

MOITO MAXÍN NO SAMAÍN!!!

Comezaremos o próximo luns a semana do Samaín con un vídeo moi especial.
Xa está dispoñible na rede o novo videoclip de 


NO SAMAÍN é unha das 12 cancións incluídas neste libro-disco, con cancións compostas e interpretadas por Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.


"…Moito maxín, no Samaín
é hora de contar historias de medo e fuxir.
Moito maxín hai no Samaín,
é hora de contar historias de medo e botar a rir…"

14/10/14

OS TERRIBLES DE DONAS

Dende a área de música do noso cole queren compartir co EDLG este magnífico traballo que lles acaba de chegar. 
O profe traballarao na súa clase de música pero facilítanolo para darlle difusión e que os que o desexedes saibades un pouco máis sobre esta formación musical do Val Miñor que celebra este ano o seu 75 aniversario.



28/5/14

BRINCA VAI!!!

Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos videos musicais e contidos adicionais na web: BRINCA VAI

“Brinca vai!” É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas , melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar … Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.
Paco Nogueiras


Eleva a paisaxe cotiá, a escola, a casa, a biblioteca, á categoría de escenarios e faino sen alterar  o que lles é propio: a sinxeleza e a proximidade…
(Juana Vázquez. Mestra, coordinadora dunha biblioteca escolar).
Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…
(Manuel Cortés. Escritor, autor e membro de Chévere Teatro).



“BRINCA VAI!” chega aos lectores e lectoras da man de Kalandraka que suma o seu traballo ao dos autores para dar forma a esta proposta chea de amor e respecto pola nosa lingua e pola nosa cultura. 

Podedes descargar a reseña aquí.




22/5/14

A PROFE SUSANA REPITE OBRADOIRO CO ALUMNADO DE INFANTIL

Tras o éxito rotundo do obradoiro feito pola profe Susana co alumnado de Ed. Primaria no marco das celebracións e actividades da Semana Cultural das Letras Glegas 2014, hoxe levouse a cabo un obradoiro adaptado para os nenos e nenas de educación infantil no que puideron experimentar e saber un pouquiño máis sobre este instrumento tan coñecido como é A ZANFONA.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos da actividade:










E tamén deixamos por aquí o traballo feito por eles no que cada un debuxou a súa propia ZANFONA:

Se queredes saber máis sobre este marabilloso instrumento só tedes que facer CLIC no seguinte enlace e accederedes ao blogue da profe Susana no que atoparedes moitísima información sobre él.

21/5/14

XI FESTIVAL DE CANS

Dende o EDLG de Atios queremos facernos eco do...




O XI Festival de Cans chega cunha grande proposta musical na edición más variada e atractiva da súa historia: a celebración dos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego. 
Unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín e un concerto de Heredeiros da Crus artellan un dos pratos fortes desta undécima edición que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Cans (O Porriño). 


Catro días de PROGRAMACIÓN con curtas, longas, documentais, novas linguaxes narrativas, novas sección, avances de traballos en construción novos espazos e máis de vinte actuacións musicais.




17/5/14

"BRINCA VAI!": MEU O MUNDO É

No DÍA DAS LETRAS GALEGAS... unha canción en galego! 

"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!



"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

15/5/14

CANTANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe tamén estamos cantareiros, e queremos compartir con vos máis cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014...
Seguindo moi de preto o BLOGUE DA BIBLIO DE TIRÁN queremos felicitar aos creadores da seguinte noticia por buscar na rede e recompilar tantos recursos musicais sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Picade na seguinte imaxe e accederedes á noticia onde poderedes ver moitos vídeos con cancións moi interesantes sobre Xosé María Díaz Castro:


14/5/14

CONTINUANDO A SEMANA CULTURAL...ALGARABÍA!!!

Hoxe queremos amosarvos algunhas fotos que amosan o ben que o pasamos onte no cole coa visita dos nosos amigos e amigas de ALGARABÍA. 

Foi un concerto moi especial. Unha vez máis dende o EDLG queremos agredecerlle a profe Ana a súa colaboración e axuda en que esta actividade saise adiante.






Podedes atopar máis imaxes na galería de imaxes do noso cole pinchando no seguinte enlace:

13/5/14

RECORDOS DE MIGALLAS!!!

Deixámosvos por aquí unhas cantas fotos para que vexades o ben que o pasaron os nenos e nenas coa visita ao noso cole da compañia de treatro MIGALLAS. Presentáronnos o seu libro disco PAN de MILLO






Poderedes atopar máis fotos na galería de imaxes do noso cole pinchando no seguinte enlace:

12/5/14

HOXE...TAMÉN VISITARÁ O NOSO COLE... MIGALLAS!!!

Migallas tamén estará hoxe no noso cole a partir das 11:30 da mañá para levar a cabo a presentación do libro PAN DE MILLO co alumnado de infantil e 1º ciclo do noso cole.



Será unha actividade moi divertida. Xa vos contaremos máis!!!

5/5/14

OBRADOIRO COA PROFE SUSANA: A ZANFONA

Comeza a Semana Cultural e por aquí vos queremos deixar algunha que outra foto sobre esta primeira actividade organizada polo EDLG en colaboración co mestre de música e a profe Susana de primeiro.
Os nenos e nenas pasárono moi ben investigando e aprendendo moitísimas cousas sobre este instrumento tan tradicional galego como é A ZANFONA. Todos xuntos ao remate de cada sesión interpretaron a cantiga "O PARAUGAS DO XOSÉ".









Se queredes saber máis sobre este marabilloso instrumento só tedes que facer CLIC no seguinte enlace e accederedes ao blogue da profe Susana no que atoparedes moitísima información sobre él.
ATA OUTRA AMIGUIÑ@S!!!