28/4/16

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


Aquí vos deixamos un par de collage para que vexades o ben que o pasamos celebrando o día do libro. Como vimos facendo os últimos anos, os maiores axudan aos máis pequenos a ler un libro escollido por eles e facer despois un debuxo sobre el. Verdadeiras obras de arte!!!






21/4/16

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O próximo venres 23 de Abril celebraremos no cole o "DÍA DO LIBRO". Faremos unha actividade especial onde os maiores se xuntarán cos peques para compartir contos, ler xuntos e facer ilustracións fermosísimas. Cando teñamos este traballo recompilado teremos o pracer de compartilo con todos vós.

12/4/16

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA!!!



Edición enriquecida dun testemuño fundamental da memoria histórica do Holocausto. Sensible, contraditoria e ante todo vital, a protagonista comparte os seus segredos e vivencias, o medo e a esperanza, mentres o mundo colapsa fóra da 'casa de atrás'.

8/4/16

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA



El frigorífico, la plancha, el aspirador, la tostadora...Todos los trastos, propios y ajenos, tienen un lado poético y divertido.




Un homenaje poético, histórico y sentimental al mundo de los títeres, con sus personajes irreverentes y sus teatrillos llenos de magia.



Cando mamá se ausenta por traballo, a casa non arrecende a flores e é papá quen coida en solitario do pequeno elefante. A maleta, o aeroporto, a despedida..., todo un proceso ata que mamá á fin regresa.



Aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais: todos somos diferentes. E aínda que tal vez non haxa un lugar no mundo no que todos caibamos, si hai unha frase na que nos podemos atopar: todos somos parte de algo moito máis grande...



Porque a amizade é, polo menos, cousa de dous: pedir e dar, non só no material, senón tamén no afectivo.





1/4/16

INAUGURACIÓN OFICIAL DO XVII SALÓN DO LIBRO "CANTA BICHERÍA"

Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Unha vez máis, estades todos/as convidados/as.


Podedes descargar o PROGRAMA COMPLETO AQUÍ