Mostrando entradas con la etiqueta TARABELOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TARABELOS. Mostrar todas las entradas

15/12/14

TARABELOS ACTÚA NO NOSO COLE

Un ano máis dende o EDLG queremos contar coa participación da compañía de teatro TARABELOS no noso centro e así vai acontecer. 
Será mañá, martes día 16, no salón de actos do cole, para todo o alumnado e profesorado a partires das 12:15 da mañá.
Preparádevos para disfrutar unha vez máis desta espectacular compañía coa representación de....



19/5/14

O TRAXE NOVO DO REI: RECORDOS DA VISITA DE TARABELOS!

Hoxe queremos lembrarnos de unha das últimas actividades que levou a cabo o EDLG do noso cole na Semana Cultural das Letras Galegas 2014 o pasado venres.
Tivemos a grande sorte de poder contar unha vez máis con TARABELOS

que esta vez nos representou no Salón de Actos do cole... 

Por aquí vos deixamos algunha foto da actividade:








Lembrade que poderedes ver máis na galería de imaxes do noso cole facendo un clic no seguinte enlace:



5/5/14

SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2014

Un ano máis dende o EDLG do Ceip plurilingüe de Atios queremos presentarvos a Semana Cultural do noso centro na que temos programadas moreas de actividades para celebrar as Letras Galegas 2014 ano na memoria de Xosé María Díaz Castro.
Deixámosvos por aquí unhas fotos nas que poderedes ver todas as actividades. Ímolo pasar en grande e aprenderemos moitas cousas sobre a vida e obra deste autor.



27/5/13

RECORDOS DE UNHA GRANDE SEMANA CULTURAL (1ª parte)

     Ola compañeiros/as aquí vos deixo un agasallo do noso amigo de Tarabelos. Fixádevos ben porque está adicada para todos vós. É a orixinal, a mesma que utilizou na terceira historia de amor da obra AMORIÑOS CONTEI.
Botádelle unha ollada!!!


GRACIÑAS TARABELOS!!!

16/5/13

TARABELOS ACTUOU NO NOSO COLE!!!

     Por segundo ano consecutivo, con motivo da clausura da semana cultural das letras galegas organizada polo equipo de dinamización da lingua galega, TARABELOS acaba de actuar no noso cole. 


     Cantas e boas sorpesas nos achega en cada unha das súas actuacións!!!
        Aquí vos deixamos fotos da actuación...







Grazas por todo TARABELOS e ata outra!!!


8/5/13

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2013



SEMANA CULTURAL
DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS
(LETRAS GALEGAS 2013)
ROBERTO VIDAL BOLAÑO


MERCORES e XOVES (8 e 9 de Maio)

CONTAMOS UN CONTO?
     O alumnado de 5º e 6º de Primaria, na hora de lectura, contaranlles un conto ao alumnado de Infantil


VENRES (10 de Maio)

       A partir das 10:30 horas, todo o alumnado de Ed. Primaria do cole participará na marcha pola lingua que nesta ocasión se celebrará no Rosal. O lema deste ano: “Galego a chave do mundo”.


LUNS e MÉRCORES (13 e 15 de Maio)

II SEMANA DO CINE EN GALEGO

LUNS 13 DE MAIO:
3 ANOS E 4 ANOS A “O RATIÑO PÉREZ”
4 ANOS B E 5 ANOS “O RATIÑO PÉREZ”
1º CICLO “O ESPÍRITU DO BOSQUE”

MÉRCORES 15 DE MAIO:
2º CICLO “O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN”
3º CICLO “THE WAY”

MARTES (14 de Maio)

CONCERTO MUSICAL : “ALGARABÍA”
      Despois do recreo, concerto para todo o alumnado do centro a cargo da Agrupación Musical “Algarabía” da que a profe Ana de infantil de 5 anos forma parte. Será no Pavillón de Deportes.

XOVES (16 de Maio)

OBRADOIRO TARABELOS
(TALLER DE SOMBRAS)

     A partir das 10:30 h. para o alumnado de 2º de Primaria.

TÍTERES:TARABELOS
(“AMORIÑOS CONTEI”)

     A partir das 12h. para todo o alumnado de Ed. Primaria, no Pavillón de Deportes, actuación da compañía Tarabelos coa escenificación da obra: “Amoriños contei”.


KALANDRAKA (CONTACONTOS)

          Os nenos/as de Ed. Infantil asistirán a partir das 10h. en dous grupos á sesión de contacontos que a editorial Kalandraka nos ofrece ao centro.



ORGANIZA: EDNLG do Ceip Plurilingüe de Atios

22/4/13

TARABELOS ESTÁ A PIQUES DE VISITAR O CEIP DE ATIOS NUNHA NOVA OCASIÓN

       Dende o cole de Atios agardamos que chegue a semana das letras galegas para gozar das actividades que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos teñen preparadas, e unha delas será a visita de TARABELOS.
     Nesta ocasión o alumnado de primaria poderá disfrutar, no escenario montado no pabillón para a ocasión, da representación de títeres titulada "AMORIÑOS CONTEI".
     Tarabelos dinos que o espectaculo está formado por unha serie de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor, pero que non falarán só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillos, o amor a unas zapatillas vellas, o amor as cousas… en fin, amores agochados en cada un destes contos, amores esquecidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos pequenos, voadores, mollados… amoriños contados.

      Aquí vos deixamos o seu cartel: 

TARABELOS SENTÍDEVOS BENVIDOS!!!

11/3/13

TARABELOS ACTÚA NO NOSO COLE

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2012 contamos coa participación no noso centro da compañía Tarabelos dentro das actividades programadas na semana cultural.
Nesta ocasión a obra representada foi.....
PRESENTACIÓN DA OBRA
 A actuación tivo lugar no pabillón de deportes do cole e a ela asistiron todos os nenos e nenas do centro.

MOMENTO ANTES DE COMEZAR A ACTUACIÓN


E o espectaculo deu comezo....




E a todos os nenos e nenas gustoulles moito. Esperamos a volta de Tarabelos axiña no CEIP plurilungüe de Atios. Grazas Tarabelos por facérnolo pasar tan ben!!!




Ata outra!!!