19/12/14

PRESENTACIÓN DOS GAÑADORES DO IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o EDLG queremos amosarvos a presentación coas postais gañadoras do IV CONCURSO que vimos organizando por estas datas.
Só tendes que picar na imaxe e accederedes á presentación:


18/12/14

UN NADAL MOZO E EN GALEGO. GUÍA DE AGASALLOS PARA A XENTE NOVA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado revisan por terceiro ano consecutivo un catálogo de propostas para potenciar o uso do galego na mocidade e para favorecer que se agasalle ou que se pidan como agasallos produtos en galego.
Con ela, tamén se quere contribuír a difundir a existencia de produtos na lingua propia de Galicia e poñer en valor o uso do idioma na fabricación de todo tipo de obxectos e no ámbito da empresa.
PICA NA IMAXE E ACCEDERÁS AO CONTIDO


17/12/14

MATERIAIS DIVULGATIVOS

Hoxe facémonos eco de un material que nos acaba de chegar ao EDLG e do cal nos pide que lle deamos difusión.
Unhas guías de lectura e música que agora vos deixamos por aquí para que todos aqueles que o desexedes lle poidades botar unha ollada:


Os Equipos de Normalización e Dinamización súmanse ás iniciativas emprendidas desde os centros escolares para mellorar o hábito lector e traballar a prol da animación á lectura en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos obxectivos que caracterizan o noso traballo común




16/12/14

CONCERTOS E ACTIVIDADES NAS VACACIONS

A cantar con María Fumaça

A coñecida Uxía convidará as familias e a súa xente miúda a subir no tren da música para festexar o Nadal cantando e bailando en galego. Nun concerto exclusivo de Nadal en Rede percorrerá 14 localidades galegas acompañada de Santi Cribeiro e de Sérgio Tannus, da súa famosa María Fumaça e dun amplo e divertido repertorio no que combinará as pezas do Xiqui xoque, fiú fiú con panxoliñas e con outras músicas tradicionais propias deste tempo. Para non perder!

Decembro:
Domingo 14: Fene, no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío, ás 13:00 horas
Domingo 14: Ordes, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
Venres 19: Burela, no auditorio da Casa da Cultura, ás 17:30 horas
Domingo 21: Vilaboa, na Casa da Cultura Río Maior, ás12:00 horas
Domingo 21: Lalín, no Salón Teatro, ás 18:30 horas
Martes 23: Oleiros, no auditorio da Fábrica, ás 19:00 horas
Venres 26: Boiro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, ás 20:00 horas
Sábado 27: O Barco de Valdeorras, no Teatro Municipal Lauro Olmo, ás 20:00 horas
Domingo 28: Ribeira, no Auditorio Municipal, ás 12:30 horas
Domingo 28: A Estrada, no Teatro Principal, ás 18:00 horas
Martes 30: Melide, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas

Xaneiro:
Venres 2: Ames, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas
Sábado 3: Bueu, no Centro Social do Mar, ás 18:30 horas
Domingo 4: Verín, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas

CANTIGAS DA ESTRELA
Magín Blanco animará a xente miúda da casa a seguir o ronsel das estrelas para gozar do Nadal coas músicas máis coñecidas de Gatuxo e da A nena e o grilo, nun concerto moi especial que integra vilancicos inéditos do músico e compositor. Acompañarano María Faltri e Jorge Juncal nunha xira que fará parada en 19 localidades da Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña en concellos da súa competencial territorial. Imprescindible para celebrar este Nadal cantando en galego.

Decembro:
Venres 12: Cee, no Salón de Actos do Concello, ás 18:00 horas
Domingo 14: Palas de Rei, no Salón de Plenos do Concello, ás 17:30 horas
Martes 16: Cangas, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas
Venres 19: Muxía, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples, ás 18:30 horas
Sábado 20: Redondela, no Multiúsos da Xunqueira (sala I de exposicións), ás 12:00 horas
Martes 23: Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18:30 horas
Mércores 24: O Carballiño, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
Venres 26: Betanzos, no Cine Alfonseti, ás 17:30 horas
Sábado 27: Arteixo, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
Domingo 28: Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 12:30 horas
Luns 29: Val do Dubra, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
Luns 29: Ponteceso, no Museo de Arte Contemporánea de Corme, ás 18:00 horas
Martes 30: Pontedeume, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
Martes 30: Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00 horas

Xaneiro:
Venres 2: Carnota, no Salón de Actos do Concello, ás 12:00 horas
Venres 2: Teo, no Centro Sociocultural da Ramallosa, ás 18:00 horas
Sábado 3: O Porriño, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, ás 12:00 horas
Domingo 4: Ourense, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
Domingo 4: A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Zona Norte), na Praza do Emigrante (baixo carpa), ás 18:30 horas

ESPANTALLO AMIGO

Nadal en Rede levará a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística unha nova adaptación teatral de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que chega da man dos Quinquilláns, nunha revisión na que Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama orixinal da novela neiraviliana. Nunha proposta escénica deseñada por Xosé Vizoso, a actividade ofrécelle como complemento ao público asistente unha reedición especial ilustrada por Xaquín Marín (Editorial Galaxia). A partir dos sete anos.

Decembro:
Sábado 13: Ourense, no Liceo, ás 19:00 horas
Martes 23: Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 17:30 horas
Sábado 27, Ribeira, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas
Domingo 28: Xinzo de Limia, no Auditorio Ángel Cocho Ferrero, ás 18:00 horas
Martes 30: Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18:30 horas

Xaneiro:
Venres 2: A Estrada, no Teatro Principal, ás 18:00 horas
Domingo 4: A Coruña, no Centro Sociocultural Ágora, ás 18:30 horas

FELICIANO

Os 7 magníficos + 1 (os televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz) agasallarannos cunha boa dose de risas e de alegría para despedir o ano 2014 e darlle a benvida ao 2015. Porque o Nadal non é só cousa de nenos, velaquí unha proposta para público de todas as idades que percorrerá Galicia cunha serie de pequenas pezas humorísticas e que nos fará contemplar as festas de Nadal cunha mirada desenfadada. A Deputación Provincial da Coruña, membro da Rede de Dinamización Lingüística, colabora nesta actividade exclusiva de Nadal en Rede levándoa a concellos do seu ámbito territorial.

Decembro:
Venres 12: Carral, no Centro Social Toñito Espiñeira, ás 20:30 horas
Domingo 14: Carballedo, no Slaón de Actos do Concello, ás 19:00 horas
Mércores 17: Trazo, no Centro Social Polivalente (en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes), ás 17:15 horas
Xoves 18: Zas, no Auditorio de Baio, ás 19:30 horas
Domingo 21: Cuntis, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
Luns 22: Barbadás, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
Mércores 23: Miño, no centro Social da Rúa, ás 20:00 horas
Venres 26: Neda, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas
Sábado 27: Fisterra, no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 horas
Domingo 28: Laxe, no Salón de Actos do Concello, ás 19:00 horas
Luns 29: Negreira, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas
Martes 30: Cabana de Bergantiños, no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas

Xaneiro:
Venres 2: Santa Comba, na Vivenda Comunitaria, ás 20:30 horas
Sábado 3: Castro de Rei, na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea, ás 17:00 horas
Sábado 3: O Saviñao, no Auditorio Municipal, (en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra), ás 21:00 horas
Domingo 4: Xinzo de Limia, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
Luns 5: A Bola, no Local Social, ás 16:00 horas
Martes 6: Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso), na Casa dos Veciños do Couto, ás 18:00 horas


15/12/14

TARABELOS ACTÚA NO NOSO COLE

Un ano máis dende o EDLG queremos contar coa participación da compañía de teatro TARABELOS no noso centro e así vai acontecer. 
Será mañá, martes día 16, no salón de actos do cole, para todo o alumnado e profesorado a partires das 12:15 da mañá.
Preparádevos para disfrutar unha vez máis desta espectacular compañía coa representación de....



12/12/14

O LIBRO DOS REIS MAGOS

Para que os Reis Magos, que chegan a Galicia cansos da súa viaxe e sen tempo para preparar unha alocución, poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego, a Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos discursos redactados por 25 escritoras que se poden ler tal cal ou adaptarse ao gusto de cadaquén. 
O Libro dos Reis Magos, que podedes ver a continuación, foi enviado a todos os concellos da Rede.

PICADE NA IMAXE 
E ACCEDEREDES AO CONTIDO

9/12/14

O ULTIMO NÚMERO DE OLLOS DE AULA DO 2014

Despedimos o 2014 co número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.
Dende a CGENDL agardamos que este novo número sexa do voso interese:

5/12/14

KALANDRAKA PRESÉNTANOS NON HAI BERCE COMA O COLO


NON HAI BERCE COMA O COLO: Este libro-disco ilustrado por Mariona Cabassa reúne 15 arrolos tradicionais; xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes do panorama musical galego. Para que en todos os fogares se siga adurmiñando os meniños e meniñas cos cantos de berce que soaban antano en Galicia, dende Domaio a Ribeira de Piquín, dende Viveiro a Verín. No videoclip de presentación, Mini Rivas interpreta o “Berce do Pedro Chosco”.





4/12/14

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA DO MES DE DECEMBRO


14 anos despois da súa primeira edición, Roger Olmos volveu recrear este conto tradicional italiano, de inesperado final. Unha proposta desenfadada cun estilo luminoso e brillantes xogos visuais que sorprenderán os lectores.


Son moitas as cidades europeas e latinoamericanas que xa se sumaron ao novo xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, entre elas, Pontevedra. Porque unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para todos.


3/12/14

O APALPADOR



Deixámosvos por aquí estes enlaces a unha páxina web moi interesante que acabamos de atopar na rede. Nela atoparedes moita información sobre O APALPADOR, este personaxe típico do Nadal galego que quere chegar a todos nós dende a Serra do Courel.
Desexamos que aprendades moito sobre este personaxe!!!



“…As fazulas coloradas

e moi grandes zapatóns,

carrexando sempre un saco,

aí vén o Apalpadoooor…”




“…Camiñando paseniño

miro en todos os recunchos,

buscando os agasallos

que me agardan nalgún punto…”

Fragmentos da canción O Apalpador de Paco Nogueiras,incluída no libro-disco “Brinca Vai!”

[Preme na ilustración para ver o videoclip]







2/12/14

CULTURGAL 2014

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional.
Pero ademais Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira; Culturgal quere ser unha ferramenta útil no novo escenario no que empresas e axentes culturais deben desenvolver o seu traballo. Estimular a confianza dos diferentes gremios na utilidade da feira, convidándoos ademais a participar activamente na programación, e pulsar os intereses dos diversos públicos que asisten a ela son obxectivos primordiais.
A organización de Culturgal 2014, a desenvolver os días 5, 6 e 7 de decembro, apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social. Todas e todos implicados en Culturgal como proxecto común, necesario e eficaz.

1/12/14

SEGUIREMOS: HOSPITAL SANT JOAN DE DÉU E MACACO

Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu, e os profesionais e voluntarios que lles acompañan no centro, cantan xunto a Macaco a canción "SEGUIREMOS", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil...
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!!