19/12/19

DECORACIÓN DE NADAL

Como non podía ser doutro xeito, no cole respirase un ambiente moi navideño. Os corredoiros están cheos de fermosos decorados.Para iso traballaron os rapaces e rapazas, as familias e as mestras e mestres. Cando se traballa en equipo xa se sabe, o éxito está asegurado. Mirade, mirade!




18/12/19

DESCRICIÓN DE PROCESOS

O alumnado de sexto B traballou a descrición de procesos dun xeito moi divertido. Converteronse en actores e actrices de dobraxe e puxéronlle voz a un vídeo no que se explican todos os pasos a seguir para elaborar as patacas frixidas. Fixéronno moi pero que moi ben así que calquera día imos ao cine e descubrimos que algunha voz faisenos coñecida. Aquí vos deixamos os vídeos, espectacular non si?


























CONSELLOS PARA UN NADAL CHEO DE IGUALDADE

Os nosos amigos "os Bolechas" fixéronnos chegar unha serie de consellos para fomentar a igualdade. Nesta época do ano, na que o Apalpador, Papa Noel e os Reis Magos veñen cargados de agasallos faise preciso saber que, os xoguetes non teñen sexo e que todas e todos podemos xogar xuntos. Para aqueles que non o sabiades, aquí os tedes.

 

12/12/19

LAPBOOKS DE ANIMAIS

O alumnado de sexto A, elaborou uns coloridos lapbooks sobre os animais vertebrados e invertebrados. Neles  recóllese moita información destes dous grandes grupos de animais.


RECUNCHO DO GALEGO

O noso recuncho do galego vistese de gala para dar a benvida a un tempo cheo de ledicia e moita ilusión para todas as persoas, é tempo de NADAL.


3/12/19

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Fai uns días tivemos no cole a visita de ACEESCA que compartiron con nós parte dunha mañá. Xuntos elaboramos unhas enormes pancartas que hoxe luciron na andaina do "Día Internacional da Discapacidade" ou o "día das persoas con capacidades diferentes", polo menos así o vemos no cole de Atios. Aquí vos deixamos un vídeo do traballo compartido con ACEESCA e dalgúns dos carteis que penduraban hoxe nos corredores do cole.




1/12/19

CALENDARIO DE DECEMBRO

Deixámosvos unha nova entrega do calendario. Nesta ocasión elaborárono os/as alumnos/as de primeiro de primaria. A que é fermoso? 


25/11/19

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo da xornada de hoxe, todo o alumnado do cole foi pasando polo pavillón para pintar un pedaciño do mural en contra da violencia de xénero. Deste xeito conmemoramos unha data tan importante coma o 25 de novembro "Día internacional en contra da violencia de xénero" na que os rapaces e rapaces sensibilizáronse cun tema moi importante para todos nós. Coa esperanza de que pouco a pouco esta problemática desapareza e todos e todas podamos gozar da verdadeira liberdade.

                                 

Na materia de valores o alumnado de sexto elaborou un panel con diversas situacións relacionadas coa violencia de xénero. Ademais cantáronnos un rap para que nos quedase claro que NON  é  NON.




19/11/19

"GAIA" MÚSICA E DANZA

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto de primaria gozaron dunha sesión de música e danza. A través da que coñeceron cales son os problemas que existen no noso planeta, salientando a contaminación, e o  cambio climático entre outros. O necesario que é que o axudemos a non contaminar empregando a regra das 3R...
Explicáronnos a través do movemento como se producen os días e as noites, as estacións e os cambios que se están observando en cada unha delas co que iso conleva, escasez de colleitas, deterioro da natureza e o planeta en si mesmo.  Para rematar amosáronnos como podemos coidalo para conseguir un planeta san no que poder vivir.


ESCORNABOT


Levamos uns días gozando da visita do Escornabot, un robot cedido por uns días polo CFR de Vigo co que realizamos actividades de repaso de matemáticas, traballamos o seguimento de instrucións e tamén as emocións.

Todo comezou como un reto pois nin nenas/os nin mestras/es traballáramos antes con el, pero sempre hai unha primeira vez, así que puxémonos mans a obra. Decidimos os contidos que queriamos traballar, comprobamos cantos centímetros avanzaba o Escornabot para crear un taboleiro axeitado aos seus desprazamentos. Collemos unha cartolina e a repartimos en tantas celdas como queriamos que tivese o taboleiro, tendo que medir e repartir o espazo. Unha vez que estivo listo comezamos a darlle forma as tarxetas, tanto as de cuestións como as de resposta. Deseñamos no ordenador un cadro de texto de 12x12 para que as celdas tivesen o tamaño preciso aos movementos do robot. E comezamos a pensar probas matemáticas e as súas respostas para o primer taboleiro, seguimento de instrucións para o segundo, asociándoas coas figuras xeométricas de tal xeito que , ao mesmo tempo que executabamos a orde, repasamos un concepto como o das formas xeométricas e como tiñan cores pois cando dubidabamos tiñamos unha pequena pista. O terceiro taboleiro, decidimos que fose o das emocións pensando situacións onde as empregamos, cando estamos tristes, cando estamos contentos, cando nos enfadamos, cando nos aburrimos ou nos asustamos.
Unha vez que estiveron listas, imprimímolas e a continuación as plastificamos para evitar o seu deterioro. Tivemos que recortalas para que acadasen o tamaño axeitado a celda. Cando xa tivemos todo listo  chegou o mellor dos momentos, a hora de xogar! Establecemos quendas de xogo, escollemos a tarxeta, leémola, pensamos como podía chegar o Escornabot a celda de resposta e executamos os movementos mediante os botóns que contén o mesmo, que anteriormente xa a mestra nos explicara o movemento que realizaba cada un deles. E para rematar poñiamolo a funcionar e comprobabamos se o fixeramos ben ou se cometeramos algún erro. Nas primeiras sesións de traballo houbo algún que outro falliño pero coa axuda dos compañeiros logramos solventalos e conseguir que o Escornabot chegase con éxito.

Aquí podedes ver unha pequena mostra de todo o proceso. Divertido, non si?
















15/11/19

PLENO INFANTIL

Hoxe unha pequena representación do noso alumnado acudiu ao Concello para expoñer as súas propostas nun pleno infantil. Mentres os demais podiámolo ver dende a aula. Esperemos que vos fagan caso e dean resposta as vosas peticións.


13/11/19

MOCHILAS VIAXEIRAS

Fai uns días que comezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras, esperamos que todos e todas gocedes dun ratiño de lectura compartida nas vosas casas. Achegandovos un pouquiño máis a lingua galega.


9/11/19

MAGOSTO

Onte gozamos no cole dunha mañá de Magosto, participando en  xogos populares adaptados a temática. Unha vez que xa estabamos cansos de tanto xogar chegou o momento máis esperado por todos e todas a degustación de castañas asadas, umm que boas estaban! Mentras se preparaban os xogos nas aulas aprendemos cousas sobre o Magosto e a súa orixe, realizamos os diversos cucuruchos e ata elaboramos un mural con refrán. Sen dúbida, unha mañá moi moi intensa.




 Aquí vos deixamos o panel de refráns tan fermoso que fixeron os alumnos e alumnas de sexto A. Mergullándose  deste xeito na cultura de Galicia.


1/11/19

CALENDARIO DE NOVEMBRO

E cun abrir e pechar de ollos xa chegou o mes de novembro, o tempo pasa moi rápido. Aquí tedes o calendario deste mes por se queredes descargalo.


31/10/19

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Algunhas clases (4 anos e quinto de primaria) decantáronse por facer unhas manualidades de Samaín, aquí tedes unha pequena mostra.Canto traballan estes rapaces e rapazas!



COMEMEDOS

Como cada ano por estas datas aparece no cole un mostro amarelo chamado Comemedos que sae do seu agocho para alimentarse dos nosos medos. Este ano a participación dos nenos e nenas foi moi moi grande polo que leva a barriga ben chea. Algunha clase incluso fixo conxuros. Aquí vos deixamos todo para que poidades gozar dun ratiño de medo...















DISFRACES

O cole estivo cheiño de montros, bruxas, vampiros e moitos outros personaxes que fixeron que se respirase un bo ambiente de samaín. Eso si daba moito medo andar polos corredores da escola.


30/10/19

AMBIENTACIÓN SAMAÍN E MAGOSTO

Mirade que fermoso loce o noso cole todo cheiño de cousiñas de Samaín e do Magosto.


CURTA PARA SAMAÍN

O alumnado de sexto b na área de valores elaborou unha curta que trata sobre o medo, tomando como referencia o conto "¿Qué hay detrás de la puerta? que se atopa na biblioteca por se o queredes coller. Neste caso empregaron a lingua galega para falarnos sobre o medo. Aquí vos deixamos a curta.



SAMAÍN CREATIVO

Para celebrar esta festa tan antiga no cole realizáronse diferentes actividades nas aulas, na de cuarto a o alumnado cociñou verbalmente unha serie de adiviñas de medo, esperamos que vos gusten.



Na clase de primeiro crearon uns monstros con materiais de refugallo: botes botellas e bricks de leite.Traballando de xeito lúdico econcienciando ao alumnado daimportancia de reciclar e fomentar o traballo cooperativo e a creatividade. Aquí podedes velos, pero coidado que dan moito medo!!



Este ano ademais destas cousiñas dende o EDLG propuxemos a recollida de lendas galegas relacionadas coa morte ou co medo. O alumnado de cuarto, quinto e sexto traballou coas súas familias sobre as mesmas e a continuación elaboramos un fermoso panel onde se poden ler.







EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Como ven sendo tradición polo samaín gozamos dunha fermosa exposición de cabazas. Converténdose nun intre de traballo compartido  polas familias e os seus fillos/as. Este ano tivemos moitas e diversas cabazas que algúns de vós puidestes ver na xornada de portas abertas, para aqueles que non tivestes a posibilidade de achegarvos ao cole aquí unha mostra.









28/10/19

RECUNCHO DO GALEGO

O noso Recuncho do Galego comeza a estar cheo de cousiñas moi interesantes.  Agardamos  que todos os nenos e as nenas dediquen uns minutiños a ler cousas na nosa lingua.


25/10/19

SAÍDA MICOLÓXICA

Hoxe o alumnado de sexto tivo unha mañá diferente xa que tiveron unha charla sobre os cogumelos, como recollelos, como saber se son velenosos e a continuación puxérono en practica. Mirade a súa colleita.


3/10/19

JUDOKAS POR UN DÍA!

Así de ben o pasamos esta mañá! O alumnado de primaria e os pequenos de 5 anos pasaron hoxe polo ximnasio para coñecer unha nova disciplina deportiva. Enmarcada dentro do programa Xogade.


1/10/19

CALENDARIO

Hoxe estreamos mes e con el o calendario deste curso escolar. O fío conductor será a "sanidade vexetal" e será a temática que traballaremos coa maioría das actividades que realicemos. Se non sabedes a que nos referimos non perdades mes a mes a entrega do calendario. Aquí vai o mes de outubro realizado polo alumnado de 5º de educación infantil.

27/9/19

UN REMATE NATURAL

Para pechar a semana do clima hoxe fixemos unha pequena manifestación na que o noso alumnado amosou a súa inconformidade ante os problemas que existen no mundo relacionados co clima e a natureza. Así mesmo gardamos un minuto de silencio como protesta por tales problemas. Unha pequena representación do noso alumnado concentrouse na plaza do concello co resto dos centros da vila seguindo a convocatoria de teacher for future baixo o lema "Quremos un futuro"







26/9/19

CARTEIS CLIMA

Durante a xornada de hoxe o alumnado estivo preparando os carteis referentes ao clima que amosarán no parón do venres. Aquí tedes unha pequena mostra.

25/9/19

SEGUIMOS CONMEMORANDO

Hoxe tocaba segundo o calendario da semana do clima o visionado de curtas relacionadas con este tema. Aquí tedes unha pequeña mostra de como o noso alumnado gozou coas curtas.






E seguindo co programado hoxe realizamos a segunda masterclass de zumba. Que ben o fixeron os cativos e cativas!!

24/9/19

SEMANA DE CONMEMORACIÓNS

Esta semana no cole estamos a celebrar varias conmemoracións. Por unha banda, a semana do clima ( como xa nos avisaba o cartel hoxe tocou vir ao cole cunha camiseta de cor verde) e pola outra a semana do deporte polo que tivemos que mover o esqueleto mediante unha masterclass de zumba. Realizámola no patio a ritmo da canción "Madre Tierra" de Chayanne. Actividade  que repetiremos ao longo de toda a semana para incidir na importancia do deporte.






20/9/19

SEMANA POLO CLIMA

Un ano máis seguimos a colaborar co medioambiente, xa que é a mellor das herdanzas que lle podemos deixar aos nosos nenos e nenas, unha natureza limpa. Por iso a próxima semana realizaremos unha serie de tarefas, aquí vos deixamos o cartel do que faremos cada día.
Grazas por colaborar con nós e co noso planeta!


11/9/19

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!

E nun abrir e pechar de ollos atopámonos de novo mergullados/as nun novo curso, nunha nova aventura. Non esquezades encher as vosas mochilas de ilusión, para que xuntos familias, mestres/as e alumnos/as podamos medrar aprendendo e divertíndonos.

25/6/19

BOAS VACACIÓNS!

É tempo de descanso,  de gozar da familia e da praia, de rir de divertirse e de ser moi pero que moi felices. Dende o cole desexámosvos un verán de cine.


21/6/19

GRADUACIÓNS

Hoxe foi unha mañá chea de emocións, os nosos pequenos fixeronse maiores e teñen que pasar a primaria e aos nosos maiores chegoulles o momento de deixarnos para vivir novas aventuras no instituto. O tempo pasa de presa e non se deten, dende aquí vos desexamos moita sorte nas novas etapas que ides a vivir. Os alumnos/as de sexto dicirvos que sempre que o precisedes aquí vos agardamos. Feliz Graduación! e Feliz verán!




19/6/19

MARCELLE

Hoxe o alumnado de primaria viaxou ata Lugo, para poder visitar o Parque de Marcelle. Alí gozaron observando todos os animais que teñen, monos, cabras, xabariles, babuinos, dromedarios, osos, avestruces, renos e moitos máis.






VIAXE FIN DE PRIMARIA "ASTURIAS"

Os maiores do cole xa voltaron da súa viaxe de final da  etapa de primaria. Aínda lles dura o cansanzo pero todos/as din que repetirían a experiencia. Divertíronse moito! Deixámosvos unha pequena mostra para que o poidades comprobar.


12/6/19

LAPBOOK DAS SERPES

O alumnado de segundo de primaria estivo investigando sobre as serpes actividade que se atopa inmersa dentro do proxecto dos animais que están a traballar neste curso. Primeiro decidiron sobre que animal querían investigar, despois trouxeron preguntas que precisaban dunha resposta e logo fomos a alula de informática e por parellas buscamos todas as respostas as nosas preguntas. Unha vez que tiñamos a información por grupos elaboramos os nosos lapbooks.


11/6/19

AO COLE A PÉ

Hoxe foi unha mañá un pouco diferente ao resto. O noso día comezou cunha andaina ata o cole na que participamos nenos/as, familias, profesorado e que ademais contou co apoio da policia local e de protección civil.
Esta actividade atópase inmersa dentro do proxecto " Mobilidade segura e sostible" na procura de fomentar e potenciar hábitos máis saudables. Aquí tedes unha pequena mostra.


10/6/19

TRABALLOS COMUNIDADE DE MONTES

Como cada ano dende o cole colaboramos coa Comunidade de Montes aportando os nosos traballos. Este ano decidimos que a tematica xirase entorno ao fío conductor que guiou todo o curso que foi o cine, polo que en todos os traballos estivo moi presente. Seguro que non sabiades que tiñamos unha natureza de cine. Pois mirade mirade!!!



SEGUIMOS A RECIBIR NOVIDADES

No cole estamos de noraboa, xa que a nosa biblioteca segue a medrar, mirade que libros nos chegaron de Kalandraka, en breve estarán preparados para que os poidades leer.

7/6/19

OBRADOIRO DE RÉPTILES E ANFIBIOS

Hoxe tivemos no cole uns compañeiros/as ben distintos aos de todos os días. Gozamos da compaña varios lagartos e un deles moi peculiar que parecía unha serpe, tartarugas entre elas un dos animais máis perigosos do mundo, diversos tipos de ras, un camaléon, unha tarántula e dúas serpes.








6/6/19

CURTAS DE DOBRAXE II

Seguimoooossss!!!

CURTAS DO OBRADOIRO DE DOBRAXE

Fai algún tempo o alumnado de quinto e sexto tivo un obradoiro de dobraxe con Damián Alonso tal e como vos contamos a través do facebook e do blogue. Pois ben hoxe publicamos as curtas que elaboraron neste obradoiro.


5/6/19

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIAMBIENTE

Hoxe é o "Día do Medioambiente" e para conmemoralo o alumnado de 5ºA na materia de valores elaborou este fermoso traballo para concienciarnos da importancia que ten coidar o medioambiente.
Esperamos que vos guste tanto como a nós.




4/6/19

DESCRIBIMOS AOS ANIMAIS

O alumnado de 2º de primaria estivo traballando a descrición de animais para iso tiveron que investigar, crear o seu documento e logo contarllo a clase. Para que gocedes deste traballo tiveron que poñerse diante da cámara, foi un día cheo de emocións nervios, vergoña... pero mereceu a pena. Mirade que ben o fixeron !!!



31/5/19

23/5/19

FESTIVAL DE CANS

Por fin chegou o día que, con tanta ilusión, agardaba o alumnado de terceiro e cuarto de primaria a visita ao Festival de Cans que o ano pasado rexistrou uns 13.000 visitantes. Lugar onde gozaron de varias curtametraxes, coñeceron un pouquiño máis sobre o cine dándose conta que non só existe o director e os actores ou actrices senón que interveñen moitas outras persoas, director de fotografía, producción... Puderon comprobar como tódolos veciños de Cans colaboran para que se poida realizar este festival cedendo os seus baixos a modo de salas de cine, prestando os seus chimpins para que os visitantes se poidan desprazar dun lugar a outro. Ademais poñen o Cansbus para que a xente que queira ir dende Porriño poida facelo por un euro, sen necesidade de levar cada un o seu coche e contribuíndo así co medioambiente. Tamén compartimos charla e por suposto reportaxe gráfico con Alicia, unha muller destacada en Can pola "leira de Alicia".
Se vós tamén queredes gozar deste festival, aínda podedes facelo ata o domingo. Animádevos!!


22/5/19

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Como xa sabedes onte tivemos a sorte de contar no cole co obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria. A alimentación é un tema moi importante, e sabemos que ter unha dieta equilibrada e rica nos permite medrar e danos a enerxía necesaria para facer o que nos gusta durante o día. Co obradopiro aprendemos moito das conservas que son? que levan?, realizamos quebracabezas dos alimentos que se atopan nas conservas, escoitamos a información e por último escollemos os ingredientes que queríamos que levase o noso bocata.


17/5/19

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa chegou o gran día, o día das "Letras Galegas" que este ano homenaxea a Antonio Fraguas Fraguas. Polo que hoxe a nosa lingua esta de aniversario. Nós queremos contribuir con este pequeno agasallo. Esperamos que vos guste.



16/5/19

OS PENEDIÑOS

Como xa ven sendo tradicional e como broche final a semana das Letras Galegas contamos coa asociación "Os Penediños" na cal participa moito do noso alumnado. Con eles gozamos do baile tradicional galego e dalgunhas cancións. Como novidade este ano todo o cole cantou con eles " A miña Rosiña" e "O Galo". Pasámolo xenial. Mirade, mirade!!


LETRAS GALEGAS 2019

Durante toda a semana estivemos a traballar no cole sobre as Letras Galegas, investigamos cando foi o primeiro ano que se celebrou, a quen se lle adicou, cal é o motivo desta celebración ademais de indagar cousas sobre Antonio Fraguas referentes a súa biografía a súa obra e algunhas curiosidades como os galardóns que recibiu. Fixemos un roteiro polo cole para ler os diferentes carteis que estaban pendurados das paredes e rematabamos no noso rechuncho do galego onde aínda tiñamos máis información sobre Antonio Fraguas. Elaboramos un mural xigante no que aparecen outros autores homenaxeados anteriormente. Entre todos os cursos do cole fixemos unha exposición co máis relevante deste autor e a penduramos na entrada para que as familias poidan achegarse un pouquiño máis a súa vida e a súa obra.
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que traballaron.


15/5/19

RECUNCHOS DE LECTURA

Como cada ano por mor da semana das Letras Galegas, e durante todo o mes de maio, levamos a cabo os Recunchos de Lectura. Neles os rapaces e rapazas gozan da lectura xunto cos seus compañeiros/as, unhas veces de xeito individual e outras de xeito compartido, os máis cativos contan coa axuda das súas mestras. Da gusto velos ler en galego!!!



14/5/19

Chegounos ao cole esta colección dos Bolechas onde están algúns dos homenaxeados das Letras Galegas, entre eles Antonio Fraguas o homenaxeado deste ano. A nosa biblioteca segue a medrar!!!




13/5/19

CÉ, ORQUESTRA PANTASMA

Esta semana comezou dun xeito ben distinto das outras, nada máis chegar tiñamos a actuación de CÉ, Orquestra Pantasma, con el cantamos, bailamos e gozamos moito. Coñecemos varias historias a través da música e o mellor de todo na nosa lingua.
Dando comezo así a semana das Letras Galegas que este ano  adícaselle a Antonio Fraguas Fraguas.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos, esperamos que gocedes tanto coma nós.


12/5/19

FRIDAYS FOR FUTURE

Como xa sabedes no cole colaboramos co movemento "Fridays for Future" dando a coñecer este movemento ao noso alumnado,  manifestándose os venres e publicando a foto.  Pois o alumnado de 5º B elaborou uns Lap books relacionados co tema, nos que se recollen tanto o cambio climático como cousas que afectan ao mesmo, teoría da reciclaxe, regra das tres R e algunhas actividades para poder ser conscientes do coñecemento que temos sobre este tema.
Aquí os tedes!!!

11/5/19

CANTOCONTO 2019

Un ano máis chega unha nova edición de "Cantoconto" aquí tedes o programa. Animádevos a participar!!!


10/5/19

CIDADE AMIGA DA INFANCIA

Hoxe uns compañeiros nosos foron ao pleno do Concello en representación do colexio, para seguir loitando polos dereitos dos nenos e nenas en colaboración con UNICEF. Pero sabedes unha cousa desta vez non voltaron coas mans baleiras, trouxeron un Título que abala a nosa participación.


8/5/19

COPLAS MAIOS ALUMNADO 3ºA

Hoxe toca gozar das orixinais coplas elaboradas polo alumnado de 3º A.Esperamos que vos gusten moito

5/5/19

COPLA DE QUINTO A

Aquí deixamos a fermosa copla que elaborou o alumnado de quinto A, coa que gozamos todo o cole dun ratiño moi pero que moi festeiro.


2/5/19

FESTA DOS MAIOS

Hoxe foi unha mañá de moito traballo no cole, pues tiñamos que montar o noso "Maio". Para comezar as familias aportaron unha morea de cousas para poder facelo. Os nenos e nenas puxeron moito esforzo e ilusión, así pouquiño a pouquiño e coa axuda de todo o cole logramos construír un fermoso Maio. Todo sae mellor cando se traballa en equipo, e iso sabémolo moi moi ben.
Ademáis aprendemos moitas cousas por exemplo que "os Maios" é unha festa tradicional galega que se celebra dende fai moitos anos , con ela celebraban o remate do inverno e a chegada da primavera. Como en todo festa había música e baile e a xente elaboraba unhas coplas para cantar ao redor do Maio. Pois nós non queríamos ser menos así que tamén inventamos algunhas coplas que serán publicadas en breve. E os máis cativos despois de colaborar no "Maio" do cole fixeron os seus propios maios en papel.
Moitas grazas a todos e todas por facer que esta festa fose posible!!!!
Aquí tedes o vídeo.


26/4/19

TI+ EU = LIBRO

Hoxe no cole tivemos a actividade TI + EU = LIBRO como peche a unha semana adicada ao libro. Esta actividade gústalle moito ao noso alumnado que goza compartindo lecturas. Para aqueles que non a coñecedes consiste en que os nenos/as maiores leen contos aos máis cativos e para rematar fan un debuxo do conto xuntos. Con todos os debuxos elaboramos un libro que poden ver na biblioteca.


24/4/19

Obradoiro de dobraxe

Hoxe no cole tivemos unha divertida xornada de dobraxe da man de Damián Alonso e o seu técnico de son Andrés. Xuntos aprendemos a importancia que ten a lectura avanzada, así coma unha axeitada vocalización para que o noso público nos entenda. Despois dunha pequena formación xa estabamos listos os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria para converternos en actores de dobraxe. Mirade que ben o pasamos.


23/4/19

CALENDARIOS 2019

Ola a todos e todas, desculpade que non subiramos os meses da segunda avaliación, aquí os tendes ademáis do mes de maio.





Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Bo día!

12/4/19

CONTACONTOS

Os alumnos de 1º e 2º tiveron a sorte de contar con Paco Nogueiras que nos contou e cantou varios contos diferentes e moi moi divertidos.

Foi unha sesión xenial na que todos participamos.

Houbo contos de todo tipo acompañados dun ukelele e dun acordeón, incluso fixemos un rap.

Temos na biblioteca do centro varios dos seus contos, non deixedes de buscalos.
 

 

Novas adquisicións

Ola, temos novas adquisicións dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Trátase de dous libros que veñen da fábrica de soños "Kalandraka".

"O PEIXE ARCODAVELLA"

"O PIRATA VALENTE"

Esperamos que vos gusten e que os disfrutedes!
Un saudiño!

23/2/19

Rosalía de Castro

Durante esta última semana fixemos moitas actividades para coñecer máis a fondo a Rosalía de Castro.

Escribimos e recitamos poemas a outras clases e incluso nos atrevimos a facelo na radio do cole.

Tamen elaboramos marcapáxinas, debuxos e demais materiais.


Soñar é bo, pero mellor é se o fas en galego!

Deica logo!

31/1/19

DÍA DA PAZ

 Aquí tendes fotos dalgunhas actividades que fixemos no día da PAZ.

Dorsais personalizados, a típica recollida de alimentos destinada aos servicios sociais do concello, uns caramelos con mensaxes positivas e adornos moi curisiosos.

Sé moi selectivo coas túas batallas, ás veces ter PAZ e mellor que ter razón.