22/6/18

GRADUACIÓNS

Hoxe foi un día cheo de emocións, para os nenos e nenas, para as familias e como non para os mestres. O grupo de sexto de educación infantil graduábase e deixaba atrás a etapa de infantil para comezar a volta das vacacións a educación primaria.
Ao mesmo tempo diciamoslle ata sempre aos nenos e nenas de sexto de educación primaria xa convertidos nuns mociños e mociñas con moitas ganas de experimentar que é iso de ir o instituto e sentirse maiores.


21/6/18

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Como cada ano o noso alumnado realizou a excursión de final de curso. Neste caso os nenos e nenas de infantil foron a Apipolis, lugar onde aprenderon unha morea de cousa sobre as abellas, vestíronse de apicultores e apicultoras e o máis importante disfrutaron moitísimo.

 

APIPOLIS

Como non podía ser doutro xeito o alumnado de primaria tamén disfrutou da súa excursión de final de curso. Este ano o lugar elixido foi a Xesteira, lugar onde puideron realizar escalada, lanzarse en tirolina, meterse nunha cova e aprender moitas cousas interesantes no obradoiro de bioloxía.


12/6/18

CANTOCONTO

Chegounos información sobre o festival de Cantoconto que se celebrará no Pazo de Mos o vindeiro 17 de xuño, ao longo da xornada realizaránse dous contacontos impartidos por Xarope Tulú e A Gravata Torta así como diferentes obradoiros e moitas cousas máis.
Aquí deixamos a información por se vos interesa.

9/6/18

O ALUMNADO DE QUINTO TRABALLA A DESCRICIÓN

Os nenos e nenas de quinto estiveron traballando a descrición de persoas, nesta ocasión tiñan que describir a un membro da súa familia. Algúns escolleron a súa nai,o seu irmán e  outros a un curmán. A verdade é que quedaron unhas descricións moi fermosas e completas.
Aquí as deixamos por se queredes botarlle unha ollada.


SEGUEN CHEGANDO TRABALLIÑOS DA COMUNIDADE DE MONTES

Esta semana temos máis traballiños que fixerón os alumnos de 3º e algunhas alumnas de sexto para colaborar coa comunidade dos montes de Atios. Onde ademáis de mostrar as súas dotes artisticas empregaron a nosa lingua para a realización deste traballo.






3/6/18

COMUNIDADE DE MONTES

Xa temos no cole algúns dos traballiños que os nosos nenos e nenas fixeron para colaborar coa Comunidade de Montes. Neles trátanse temas coma a reciclaxe, a regra das tres R, a flora e a fauna dos montes de Atios...