Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA CULTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A NOSA CULTURA. Mostrar todas las entradas

17/6/16

ALLARIZ AGARDA POR NÓS!!!

O vindeiro martes todo o cole vai viaxar a Allariz para realizar unha excursión conxunta de fin de curso. Temos moitas actividades programadas e esperamos pasalo moi ben.
Por aquí vos deixamos algunha foto e un enlace á páxina web do concello para que vaiades descubrindo cousiñas.






10/6/16

XXVII FESTA DO MONTE EN ATIOS

Non volo perdades!!!! Por aquí vos deixamos o programa da festividade que terá lugar este Domingo na nosa parroquia!!!
A pasalo moi ben!!!


6/6/16

ADIANTO INFORMATIVO SOBRE O VINDEIRO NUMERO DE PEDRA ROSA

Por aquí vos deixamos dúas imaxes como adianto do que se está a cociñar sobre o noso vindeiro número do xornal escolar de atios PEDRA ROSA.
Contamos poder repartila uns días antes de rematar as clases.
Gracias a todos e todas vós (alumnos/as, profes e profas) un ano máis puidemos realizala!!!





2/6/16

INTERCULTURALIDADE

Trátase do último proxecto trimestral feito, no noso cole, polos alumnos/as de quinto e sexto de primaria. Por aquí vos deixamos un par de imaxes, do apartado gráfico, de dito proxecto. O estudo e traballo escrito, feito polo alumnado, poderelo ollar na biblioteca do noso centro.



25/5/16

ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA



Uns animais ven mellor de día, outros de noite; uns captan movementos imperceptibles, outros ven mesmo mellor que os humanos. O sentido da vista en fauna de todo o planeta.



Salvar un famoso mergullador do ataque dun tiburón é a primeira fazaña dun intrépido polbo, á que seguirán outras divertidas aventuras.


4/5/16

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA!!!




Cielo, azul, ir. Nubes, globos, plumas. Viaje y destino: una hermosa metáfora sobre los sueños que no deben quedar incumplidos.



Tirón a tirón, rima a rima, foron minguando a chaqueta, a camiseta, o pantalón... ata o bosque e o mesmo sol!



Ocurreu no zoo de Central Park, en Nova York. Tango foi a primeira pingüín que tivo dous pais. Unha familia diferente que nada, salta, xoga no estanque e que é feliz.

28/4/16

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


Aquí vos deixamos un par de collage para que vexades o ben que o pasamos celebrando o día do libro. Como vimos facendo os últimos anos, os maiores axudan aos máis pequenos a ler un libro escollido por eles e facer despois un debuxo sobre el. Verdadeiras obras de arte!!!






21/4/16

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O próximo venres 23 de Abril celebraremos no cole o "DÍA DO LIBRO". Faremos unha actividade especial onde os maiores se xuntarán cos peques para compartir contos, ler xuntos e facer ilustracións fermosísimas. Cando teñamos este traballo recompilado teremos o pracer de compartilo con todos vós.

1/4/16

INAUGURACIÓN OFICIAL DO XVII SALÓN DO LIBRO "CANTA BICHERÍA"

Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Unha vez máis, estades todos/as convidados/as.


Podedes descargar o PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

29/3/16

ARREDOR DE MANUEL MARÍA

Hoxe dende este EDLG queremos promocionar unha páxina web moi interesante da que acabamos de recibir información...


Un blogue - páxina web elaborado e coordinado polo EDNLG do CPI Luís Díaz Moreno. Un traballo moi interesante ao que dende este centro lle damos a nosa noraboa e que vos convidamos a que vos adentredes neste material que xira arredor da figura de MANUEL MARÍA autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.



26/2/16

TODO ME FALA DE TI





27 DE FEBREIRO DE 2016

18H.

Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos 

MARÍN



Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha neste concerto familiar que se desenvolverá en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.




18/2/16

O BIGOTE DE MIMÍ

Co obxectivo de favorecer todo o posíbel que este ano das Letras Galegas dedicado a Manuel María se traballe durante todo o curso escolar arredor da súa obra, a Casa-Museo Manuel María estamos a ofrecer desde hai varios meses toda unha serie de novos recursos didácticos dirixidos a potenciar ese traballo complementar nas aulas: o máis recente, unha unidade didáctica sobre a obra O bigote de Mimí elaborada por dúas mestras e un mestre do CEIP Galán de Oseiro (Arteixo).



9/2/16

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Presentámosvos a páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA


A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.




2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.