26/9/14

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2014

O 26 de setembro de 2001 o Consello de Europa celebrou por primeira vez o Día Europeo das Linguas co fin de potenciar a diversidade lingüística do vello continente. Á variedade de idiomas oficiais de cada estado e das comunidades que os constitúen hai que engadir ducias de linguas faladas por persoas procedentes de todos os recunchos do mundo. Esta interrelación cultural e lingüística debe ser debidamente aproveitada para estreitar os lazos de convivencia entre os pobos e favorecer o progreso socio-económico dos seus habitantes.

Dende a SXPL amósannos a través do seguinte enlace as actividades dos equipos de dinamización da lingua galega que exemplifican como, dende o galego, tamén se pode contribuír ao coñecemento doutras culturas e á aprendizaxe doutras linguas.

PICADE NA IMAXE E ACCEDEREDES AOS DIFERENTES RECURSOS

18/9/14

LINGUAKIT: FERRAMENTA PARA PROFES E NENOS/AS

Hoxe queremos compartir convosco unha ferramenta que atopamos na rede:
Trátase dunha plataforma online repleta de innovadoras ferramentas lingüísticas que lle permitirán ensinar e motivar sobre a lingua mentres están conectados á rede. Por exemplo: pódense realizar ditados (aprendendo a manexar o teclado dun ordenador ao tempo que practican a ortografía e a gramática), pódese tamén conxugar verbos, traducir, realizar análises morfosintácticas e pódese empregar este portal para repasar e estudar fóra da aula xa que só se precisa dunha conexión a Internet.



15/9/14

COMEZAMOS O CURSO 2014/2015


O curso 2014/15 xa leva uns días en marcha, e os membros do equipo de normalización e dinamización da lingua galega xa estamos aquí outra vez para dicirvos que este blogue se pon en marcha.
Vimos con moitas ganas e enerxías renovadas, pero queremos recordarvos que sen a vosa axuda non será posible realizar este proxecto.


Aquí atoparedes recursos para traballar nas aulas e tamén na casa, veredes moitas das actividades que facemos no cole, compartiremos as nosas experiencias… coa lingua galega como o motor que move este blogue.



Engánchate con nós ao galego!