Mostrando entradas con la etiqueta REPORTAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REPORTAXE. Mostrar todas las entradas

13/5/16

DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

Deixamos por aquí un mural feito polo alumnado de SEGUNDO A xunto coa súa titora que veñen de facer para celebrar o vindeiro día 17 de maio, xunto coas Letras Galegas, o... 

DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA:
O AMOR PODE MÁIS QUE O ODIO


9/2/16

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Presentámosvos a páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA


A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.




20/11/15

AS EXPOSICIÓNS DO OUTONO NO NOSO COLE

Por aquí vos deixamos algunhas das fotos relacionadas coa EXPOSICIÓN DO OUTONO que se ven de realizar no noso centro a cargo do EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS...

INFANTIL





PRIMARIA






2/11/15

PRÓXIMO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


9/12/14

O ULTIMO NÚMERO DE OLLOS DE AULA DO 2014

Despedimos o 2014 co número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.
Dende a CGENDL agardamos que este novo número sexa do voso interese:

1/12/14

SEGUIREMOS: HOSPITAL SANT JOAN DE DÉU E MACACO

Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu, e os profesionais e voluntarios que lles acompañan no centro, cantan xunto a Macaco a canción "SEGUIREMOS", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil...
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!!

11/11/14

TRABALLANDO O OUTONO E O MAGOSTO

Viaxando pola rede atopamos estes materiais que outros compañeiros/as queren compartir con todos/as nos.
A colaboración entre o Departamento de Xeografía e o EDLG do IES Elviña, A Coruña, deu como resultado este excelente traballo sobre a castaña galega. Fannos un percorrido en imaxes polas súas principais áreas de cultivo, distinguen os seus trazos distintivos e coñeceremos, máis polo miúdo, a tradición do magosto.



O CEIP de Quintela (Moaña- Pontevedra) realizou este fermoso poema sobre o outono en forma de audiovisual:



Tamén son eles os que nos achegan unha interesante recompilación de adiviñas, cantigas, lendas e refráns sobre o outono. Animádevos a botarlle unha ollada!



7/11/14

UN NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA

Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado, acode ao encontro con vós cun novo número, o 17, que agardamos que sexa do voso interese:


19/6/14

PROXECTO O PAPEL

Antes de rematar o curso, e navegando pola rede, atopámonos con este magnífico e marabilloso traballo feito polos nosos compañeiros do CEIP PLURILINÜE DE TIRÁN, polos pequechos de Tirán, do cal hoxe nos queremos facer eco á vez que lle damos dende este equipo a máis sinceira noraboa por este proxecto.
No volo perdades. Chámase O PAPEL

NORABOA!!!


29/5/14

ATIOS CANTEIRA DE MÚSICOS

Hoxe queremos facernos eco de unha noticia da nosa parroquia. Hai uns días recibíamos no cole un novo número da revista da Comunidade de Montes de Atios. Nela recollíase unha reportaxe moi interesante que nos chamou moito a atención e que queremos compartir con todas e todos vós. Noraboa aos seus creadores porque o traballo é realmente interesante: