31/3/14

ALTO ALTO COMO UNHA MONTAÑA

Hoxe querémonos facer eco de unha noticia, que atopou o noso EDLG navegando pola rede. 
ALTO ALTO COMO UNA MONTAÑA trátase de un blogue no que o obxectivo principal é abordar o autismo co sensibilidade.



A piques de celebrarse o día da concienciación mundial para o autismo, o próximo día 2, destacamos unha noticia que publican no día de hoxe:

Con motivo del Día de la Concienciación Mundial para el Autismo, presentamos un nuevo capítulo del proyecto audiovisual “A canción de Manuel”
Este año dedicamos “O oito” a todas las familias que reciben un diagnóstico de Trastorno del Espectro del Autismo e intentamos desmitificar falsas creencias porque necesitamos que la sociedad tenga la certeza de que las personas con TEA se comunican, sienten, quieren, prefieren, disfrutan y aprenden.
“O oito” muestra la cara positiva que todas las personas que convivimos con el autismo consideramos el motor para seguir escalando esta montaña.



PICADE NO ENLACE OU NA FOTO
 E ACCEDEREDES Á NOTICIA


Este é o terceiro capítulo deste proxecto feito polos pais de Manuel, os dous mestres, así que aquí vos deixamos enlaces aos anteriores vídeos, por si non os coñecíades: 


COÑECE - COMPRENDE - DIFUNDE
Oxalá se lle de moita difusión para sensibilizar, non so a toda a comunidade educativa, senon á sociedade en xeral.

27/3/14

TÍRALLE DA LINGUA

   O proxecto Tíralle da Lingua, está dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
   É importante a fase previa de dinamización nos centros, animando ao alumnado a participar. A fase final do concurso terá lugar o día 24 de abril no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
   A AS-PG oferta aos dez primeiros centros que se inscriban, unha sesión de creación ou recreación oral con algún contacontos profesional.


Agardamos que sexa do voso interese, un saúdo!

26/3/14

SEGUIMOS COAS NOVAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA

     Presentámosvos os novos libros que nos chegaron á Biblioteca para o vindeiro curso. Lembrade que haberá unha exposición na Semana das Letras Galegas para poder velos todos con máis calma:

Malia ser diferente a outros canguros, as súas ás serven para máis que voar: perseguir os seus soños e vivir emocionantes aventuras. Un álbum sobre a autoestima, a superación e a busca da felicidade.




La codicia de quenes controlan o poder na capital do Grande Continente ameaza a vida pacífica dos habitantes dun archipélago paradisíaco para explotar as súas riquezas naturais. Un clásico dos anos 50 moi actual; metáfora crítica contra a dominación e en defensa da liberdade.



Fondosas, coníferas, palmeiras. Árbores de todo o mundo nun compendio interdisciplinar que abranque aspectos científicos, ecolóxicos e simbólicos, con ilustracións de estilo naturalista.




"Nós forneamos para ti mentres ti durmes": Un recordo da niñez que, a través dun relato onírico, converteuse nun álbum de referencia en todo o mundo, superando mesmo a censura do puritanismo. 2014, o ano Sendak de Kalandraka.



25/3/14

O GALEGO NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe queremos facer referencia e compartir con todas e todos vós un apartado de recursos que pón a nosa disposición a SXPL que se titula:


Botádelle unha ollada porque vale a pena.

21/3/14

ACTIVIDADES PARA O EDI (ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO)

Compartimos hoxe un espazo da rede moi interesante creado polos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Ría de Vigo.
Un recurso no que atoparedes moreas de actividades para traballar nos encerados dixitais interactivos que temos no noso centro.
A pasalo ben aprendendo!!!




19/3/14

A NOVA FICHA DE CADERNO VERDE

    Aquí tedes a nova ficha de Caderno Verde, á vosa disposición tamén no seguinte enlace:




      Oriéntase á área de música e ao alumnado do segundo ciclo de primaria.
    Tal e como podedes comprobar, os nosos amigos de Vilaverde están a fabricar instrumentos musicais (guitarras, xilófonos, baterías, ….) con materiais de refugallo (caixas de cartón, botellas de auga baleiras, latas, caldeiros vellos, botes de deterxente, …). Deste xeito, e sen custe engadido, xa poden poñer en marcha o seu propio grupo de rock.

Agardamos que vos guste!

18/3/14

PEQUECHOS DE TIRÁN

Hoxe deixámosvos por aquí un blogue moi interesante: 
(SE PICADES NA IMAXE ACCEDEREDES AO BLOGUE)

Noraboa aos creadores deste blogue, a todos os profes de Tirán e a todos os pequechos por este fermoso traballo. Seguirémosvos moi de preto. Ata outra!

17/3/14

ACTIVIDADES NA REDE

Deixámosvos hoxe por aquí un blogue moi interesante con actividades e recursos para disfrutar en rede.


PICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOGUE

14/3/14

XV SALÓN DO LIBRO 2014 (PONTEVEDRA)

Hoxe Venres día 14 queremos comunicarvos a todos e todas que comeza o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.



Nesta edición os creadores preséntannolo así:
     A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.
Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós, que do 14 de marzo ao 5 de abril estades convidados a degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.

NON VOLO PERDADES!!!

13/3/14

TODOS SOMOS CAPITÁNS

  Hoxe queremos compartir convosco este vídeo que atopamos na rede e que os seus creadores nos piden que o compartamos con todos e todas vós.
    TODOS SOMOS CAPITANS é un vídeo en lingua de signos pertencenten ao proxecto de Magín Blanco. Trátase de un video clip RECOMENDADO PARA A INFANCIA extraído do libro de contos con música "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" do autor xa citado.


11/3/14

RECURSOS PARA TRABALLAR A SEMANA DA PRENSA

Por aquí vos queremos deixar hoxe algunhas entradas para traballar ao longo desta semana:

SE PICADES NAS IMAXES ACCEDEREDES AOS RECURSOS





Desexamos que sexan do voso interese.

E como non, un enlace a unha web moi interesante que traballa sobre esta temática.







10/3/14

SEMANA DA PRENSA

   Como cada ano, durante toda unha semana de marzo (nesta ocasión, dende o 10 ata o 15) celebramos na escola a SEMANA DA PRENSA.



PICA NA IMAXE PARA IR AO ENLACE

     Esta conmemoración é festexada na maioría de centros escolares polo que, este equipo e dende este blogue, queremos facilitar a busca de recursos; así, compartirémolos con todos e todas por se vos resultan interesantes.

  Para comezar, aquí vos amosamos un vídeo onde poderemos descubrir cales son os medios de comunicación. Desexamos que vos guste e descubrades moitas novas.