Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas

2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. 

30/1/16

HISTORIAS E CANCIÓNS PARA CELEBRAR A PAZ




Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entre outros.



2/12/14

CULTURGAL 2014

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional.
Pero ademais Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira; Culturgal quere ser unha ferramenta útil no novo escenario no que empresas e axentes culturais deben desenvolver o seu traballo. Estimular a confianza dos diferentes gremios na utilidade da feira, convidándoos ademais a participar activamente na programación, e pulsar os intereses dos diversos públicos que asisten a ela son obxectivos primordiais.
A organización de Culturgal 2014, a desenvolver os días 5, 6 e 7 de decembro, apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social. Todas e todos implicados en Culturgal como proxecto común, necesario e eficaz.

23/5/14

XV FESTIVAL DE TÍTERES EN REDONDELA

Hoxe queremos convidarvos a todos e todas aqueles que queirades a pasar polo...


Deixámosvos por aquí a programación que terá lugar nas rúas de Redondela esta fin de semana. As actividades xa se veñen levando a cabo dende o pasado luns pero intensifícanse ao longo deste sábado e domingo.
Picando no seguinte enlace accederedes á programación:
Non volo perdades vale a pena pasar por esta vila e desfrutar dun fin de semana titiritesco.


Saúdos.

17/5/14

"BRINCA VAI!": MEU O MUNDO É

No DÍA DAS LETRAS GALEGAS... unha canción en galego! 

"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!



"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Dende o EDLG queremos desexarvos a todas e todos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS na memoria de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.






Por aquí vos deixamos tamén un díptico creado por nós no que poderedes ler a vida e obra deste personaxe galego tan importante:



16/5/14

FAMILIA TREBÓN ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes o novo videoconto da Familia Trebón. Nesta ocasión, trátase dun especial adicado ao Día das Letras Galegas. Xa está á vosa disposición na páxina web de Sogama www.sogama.es e na plataforma educativa de Caderno Verde www.cadernoverde.com.
Se picades na seguinte imaxe poderedes acceder ao vídeo:


Desexamos que vos guste.

15/5/14

CANTANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe tamén estamos cantareiros, e queremos compartir con vos máis cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014...
Seguindo moi de preto o BLOGUE DA BIBLIO DE TIRÁN queremos felicitar aos creadores da seguinte noticia por buscar na rede e recompilar tantos recursos musicais sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Picade na seguinte imaxe e accederedes á noticia onde poderedes ver moitos vídeos con cancións moi interesantes sobre Xosé María Díaz Castro:


12/5/14

HOXE...TAMÉN VISITARÁ O NOSO COLE... MIGALLAS!!!

Migallas tamén estará hoxe no noso cole a partir das 11:30 da mañá para levar a cabo a presentación do libro PAN DE MILLO co alumnado de infantil e 1º ciclo do noso cole.



Será unha actividade moi divertida. Xa vos contaremos máis!!!

11/5/14

HOXE...ÍMONOS DE CORRELINGUA!!!

Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º participaremos nun par de horas nunha nova edición do correlingua que terá lugar en Tui. Dentro duns intres sairemos en autobuses para participar nunha xornada agradable e compartir un día diferente a favor do galego con outros nenos e nenas de outros coles.
Nós iremos vestidos co chandal do cole e levaremos a seguinte pegatina que cada un coloreou e recortou na súa clase para este día.

Contarémosvos que tal nos foi!!!

8/5/14

RECURSOS DE AULA PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS 2014

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor...




Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.
Así mesmo, tamén poderedes atopar máis recursos na web de SEMINARIO GALÁN.ORG:

Desexamos que sexa do voso proveito estes recursos.
Ata outra!!!

6/5/14

HOXE... CONTAMOS UN CONTO?

Este mañá de mércores levouse a cabo no noso cole unha nova actividade encadrada no marco da Semana Cultural das Letras Galegas 2014.
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria, na hora de lectura, pasaron polas aulas dos máis pequenos do cole para facerlles unhas sesións de animación á lectura.
A actividade foi un éxito. Aquí poderedes ver algunha foto...
Mañá continuaremos.
Saúdos!









PONTE...NAS ONDAS!!!

Estamos xa preparando a XX edición da Xornada Multimedia de Comunicación “PONTE...NAS ONDAS! Por esta razón queremos convidarvos a participar nunha celebración que pretendemos sexa moi especial.
Desde a primeira edición da xornada “experimental” de radio interescolar a experiencia foi evoluíndo e transformándose coa colaboración e as suxestións dos participantes. Así, realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte...nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio , fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais , emitiuse simultaneamente a programación a traves de Internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet...un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!
Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de todas as actividades de Ponte...nas ondas! Por esta razón facemos un chamamento a todos eles e especialmente a aqueles que ao longo destas dúas décadas máis activamente se mantiveron NA PONTE. O librodisco-dvd recolle parte de todo este traballo. O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte...nas ondas! Nesta vixésima edición dirixímonos aos centros educativos para que continuen a traballar neste ámbito , producindo programas sobre o noso patrimonio común para esta edición. Por todo isto, queremos celebrar toda esta traxectoria cunha nova demostración de creatividade e enxeño. Animamos á participación con diversos premios cos que tratamos de recoñer o voso traballo. Para iso , convidámosvos a inscribirvos nesta XX PONTE...NAS ONDAS!


28/4/14

UN ANO MÁIS... CORRELINGUA!!!

Un ano máis o noso cole xa está inscrito e participará nunha nova edición do Correlingua. Este ano o lema...

O alumnado de 2º e 3º ciclo desplazarase a Tui o vindeiro 12 de maio para participar nunha nova carreira a favor da nosa lingua: O GALEGO. 
Se picades no seguinte enlace poderedes ver todas as actividades que a organización ten programadas e das cales disfrutaremos moito.


Ademais accedendo ao seguinte enlace que tamén se atopa colgado no noso blogue teredes acceso a calquer tipo de información do Correlingua: banda deseñada, canta lingua, manifestos...


ATA OUTRA!!!

24/4/14

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

     Presentámosvos a continuación, unha serie de fotos na que poderedes ver o traballo feito polo alumnado de primaria do noso cole con motivo da celebración do día do libro.
     Levouse a cabo unha actividade especial onde os maiores se xuntaron cos peques para compartir contos:estiveron lendo xuntos e fixeron unhas ilustracións fermosísimas.
  Ademais, en moi pouco tempo, poderase disfrutar na biblioteca do noso cole de un exemplar no que aparecerán todas estas obras.








O noso EDLG levou a cabo esta actividade gracias a axuda e colaboración do Equipo de Biblioteca.


22/4/14

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola de novo a todas e todos. Xa estamos de volta!

Preparádevos para iniciar esta nova e última etapa deste curso escolar cargada de novidades, celebracións e actividades variadas. O EDLG iravos mantendo ao día a través do seu blogue e da páxina web do cole. 

Ata outra!

31/3/14

ALTO ALTO COMO UNHA MONTAÑA

Hoxe querémonos facer eco de unha noticia, que atopou o noso EDLG navegando pola rede. 
ALTO ALTO COMO UNA MONTAÑA trátase de un blogue no que o obxectivo principal é abordar o autismo co sensibilidade.



A piques de celebrarse o día da concienciación mundial para o autismo, o próximo día 2, destacamos unha noticia que publican no día de hoxe:

Con motivo del Día de la Concienciación Mundial para el Autismo, presentamos un nuevo capítulo del proyecto audiovisual “A canción de Manuel”
Este año dedicamos “O oito” a todas las familias que reciben un diagnóstico de Trastorno del Espectro del Autismo e intentamos desmitificar falsas creencias porque necesitamos que la sociedad tenga la certeza de que las personas con TEA se comunican, sienten, quieren, prefieren, disfrutan y aprenden.
“O oito” muestra la cara positiva que todas las personas que convivimos con el autismo consideramos el motor para seguir escalando esta montaña.



PICADE NO ENLACE OU NA FOTO
 E ACCEDEREDES Á NOTICIA


Este é o terceiro capítulo deste proxecto feito polos pais de Manuel, os dous mestres, así que aquí vos deixamos enlaces aos anteriores vídeos, por si non os coñecíades: 


COÑECE - COMPRENDE - DIFUNDE
Oxalá se lle de moita difusión para sensibilizar, non so a toda a comunidade educativa, senon á sociedade en xeral.

13/2/14

GALICIA ENTEIRA

Hoxe queremos amosarvos unha páxina moi especial:













Un espazo no que poder atopar rutas, reportaxes, tradicións, mapas, canais de televisión, concellos, gastronomías e as hostelerías da nosa comunidade galega.
Desexamos que a disfrutedes!!!