29/11/17

25 de novembro día mundial contra a violencia de xénero

No colexio estivemos conmemorando o día mundial contra a violencia de xénero, para iso fixemos un gran cartel cun lazo lila no cal tanto o alumnado como as súas familias e o profesorado podían escribir unha menzaxe en relación a este día. Ademais nas aulas visionáronse varias curtometraxes sobre o tema, cun debate posterior e unha reflexión oral ou escrita. Algunhas delas compartímolas cos nosos compañeiros e compañeiras a través da megafonía. A continuación tedes unha mostra.

20/11/17

Mesas do Outono

Con motivo da chegada desta estación,  no cole fixemos unhas Mesas do Outono. Para poder levalo a cabo contamos coa colaboración das familias que aportaron de xeito voluntario cousas como: noces, avelás, millo, follas, uvas. feixoas, piñas... ,e dicir, cousas típicas do Outono.  Aquí vos deixamos a proba do fermosas que quedaron as Mesas do Outono.

19/11/17

Obra de Teatro

O xoves día 16 os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria foron o teatro e gozaron da obra "Rubicundo". Grazas a ela coñeceron un novo oficio "cosedor de ventos" e o importante que é a "amizade". Aquí vos deixamos unha mostra.

16/11/17

Magosto

O venres día 10 de novembro celebramos no cole unha gran festa, o Magosto. Realizamos diversos xogos populares cos que o noso alumnado gozou moito, e despois de tanto xogar entrounos a fame e merendamos unha chea de castañas ben asadiñas. Non faltou a creatividade coa decoración dos cucuruchos nin o farrusco co que pintarnos a cara. Mirade, mirade!!!

28/10/17

Exposición de cabazas

Para aqueles que queirades desfrutar da exposición de cabazas ou calacús que fixemos no cole por mor do Samaín, aquí vos deixamos unha presentación do máis terrorífica.
Moitas grazas a todos/as os que colaborastes para que esta actividade poidera sair adiante.
Desfrutade moito e non pasedes medo!!!

25/10/17

Xornada de portas abertas

No cole estamos a preparar unha exposición coas cabazas que ides traendo. Vós lembramos que o prazo para poder traelas vai dende o mércores 25 ao venres 27 de outubro.
O xoves 26 de outubro pola tarde celebraremos unha xornada de portas abertas  de 15:30 a 17:00 h. para todos os que queirades ver a exposición e desfrutar da creatividade que teñen o noso alumnado e as súas familias.



Animádevos a participar!

5/10/17

Novas adquisicións

No cole estamos de noraboa,  a nosa biblioteca segue medrando coas novas adquisicións de libros da editorial Kalandraka, en breve estarán listos para que os levedes as vosas casas en servizo de préstamo.
 Esperemos que gocedes moito con eles.


2/10/17

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

A partires de hoxe comezan a visitar as vosas casas "as mochilas viaxeiras", actividade deseñada para aumentar o interese e gusto pola lectura nas familas.

Esta actividade cobra gran importancia no proceso educativo dos vosos fillos/as xa que mediante ela, posibilítase a mellora de destrezas e competencias na lectoescritura.

A mochila viaxeira contén unha morea de libros, para os máis cativos, para os propios nenos/as, para os pais/nais...  de diversas temáticas así como un dvd do que podedes gozar todos xuntos. Así mesmo atópase un caderno no que contar as vosas vivenzas a través de debuxos, texto ou as vosas opinións sobre a mesma.

Esta visita terá unha duración dunha semana, o luns un neno/a levará a mochila a súa casa e o seguinte luns terá que devolvela para que outro compañeiro/a a leve ao seu fogar. Unha vez rematada a viaxe o neno/a exporá na clase o que el/ela e a súa familia fixeron no caderno viaxeiro.

Desta maneira pretendemos salientar a importancia das familias na formación do alumnado.

Non esquezades que,  os nenos fanse lectores no regazo dos seus pais!!


30/9/17

CONCURSOS

No cole estamos realizando dous concursos, nun buscamos unha mascota para a biblioteca polo que agardamos os vosos debuxos xa que estamos convencidos que ninguén mellor que os nosos alumnos/as para deseñala. O outro consiste en elaborar un slogan para o recuncho da nosa lingua " o Galego" xa que pareceunos boa idea adicar un trociño do cole a mesma, nel exporemos cousas na nosa lingua pero o primeiro paso é buscarlle un nome así que, poñer esas cabeciñas a traballar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

19/9/17

REGRESAMOS

Aínda parece que foi onte, cando marchamos de vacacións, e xa estamos de volta coas pilas ben cargadas  e con moitas ganas de vivir novas experiencias todos xuntos. Para iso xa estamos argallando novas actividades, concursos, visitas... e moitas festas nas que nos divertiremos empregando o galego.
Este blog pretende ser un espello no que poidades ver e compartir as vosas vivenzas.

AGARDÁMOSVOS!