20/6/14

FELICES VACACIÓNS!!!

Un ano máis baixamos o pano...


e damos por rematado o curso escolar 2013-2014
Dende o EDLG do Ceip plurilingüe de Atios queremos dar as grazas a todos cantos colaborastes con nós. Grazas a todos cantos nos seguistes ao longo deste curso, desexamos non tervos fallado e solo recordarvos que a partir de setembro volveremos con máis novas e propostas para seguir mantendo viva a nosa lingua, alingua que nos une, O GALEGO.
FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!!



19/6/14

PROXECTO O PAPEL

Antes de rematar o curso, e navegando pola rede, atopámonos con este magnífico e marabilloso traballo feito polos nosos compañeiros do CEIP PLURILINÜE DE TIRÁN, polos pequechos de Tirán, do cal hoxe nos queremos facer eco á vez que lle damos dende este equipo a máis sinceira noraboa por este proxecto.
No volo perdades. Chámase O PAPEL

NORABOA!!!


13/6/14

PARA HOXE UN CONTIÑO: O PITO CAIRO

Queremos compartir hoxe con vós un contiño dos nosos amigos da editorial Kalandraka:



Conto popular. Esta é a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro. Levoulla ao rei; pero aquel rei era moi, moi mesquiño.

12/6/14

ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Un clásico para desenvolver a agudeza visual e a curiosidade buscando nas ilustracións un obxecto sutilmente camuflado nas formas dos obxectos e dos personaxes. Orixinalidade e frescura, medio século despois da súa primera publicación.




Os versos de Lorca máis próximos á canción popular, o poema musical e o xogo infantil, coas ilustracións líricas e simbólicas de Pacheco. Unha mirada persoal e distinta sobre o legado "lorquiano", en diálogo permanente cos lectores a través da imaxe.





11/6/14

PEDRA ROSA DE ATIOS XA ESTA AQUÍ DE NOVO!

Ola a todas e todos. Dende o EDLG do Ceip plurilingüe de Atios queremos comunicarvos que un novo número da REVISTA PEDRA ROSA DE ATIOS xa está aquí de novo entre todos nós.
Queremos agradecer a colaboración de todos os titores e de todo o alumnado do cole na elaboración de Pedra Rosa xa que sin vós este novo número dixital non sería posible.
Xa sabedes que este EDLG opta un ano máis pola versión dixital deste exemplar. Só tendes que picar na seguinte imaxe para ir vendo folla por folla ou picar en Imprimir para todos aqueles que a desexedes ter en formato papel. Vale a pena!
Que a disfrutedes!!!



9/6/14

CLAUSURA DA LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR EN PORRIÑO

Hoxe queremos compartir algunhas das fotos que se sacaron na clausura da liga escolar de baloncesto no concello de O Porriño que se acaba de levar a cabo esta mesma mañá. O alumnado que participou foron os nenos e nenas de segundo ciclo. Mírade vós mesmos o ben que o pasaron:







6/6/14

KALANDRAKA VISITA O NOSO COLE

Hoxe queremos darlle as grazas dende este blogue ao equipo da editorial kalandraka por ter vido ao noso cole e compartir momentos de traballo tan agradables como os vividos recentemente. O alumnado de primeiro ciclo tivo a ocasión de asistir a un contacontos musicalizado mentres os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo asistiron a uns obradoiros e talleres de expresión escrita moi interesantes. Deixámosvos por aquí algunhas fotos para que vexades o ben que o pasaron nas actividades:













4/6/14

ESA LUS

Viaxando poloa rede atopamos este fermosísimo traballo que queremos compartir con todos e todas vós. "ESA LUS" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital.
Noraboa aos seus creadores!!!
Picade na imaxe e poderedes ver o vídeo e escoitar a canción.


2/6/14

OS NENOS E NENAS DE CUARTO NO PROGRAMA ESCOLAR XOGADE

Un ano máis o colexio plurilingüe de Atios ven de participar no proxecto XOGADE. Nesta ocasión asisitiron ás probas, con outros centros da zona, que se levaron a cabo nas pistas de atletismo do CUVI. Pasárono en grande como poderedes comprobar nas seguintes imaxes: