8/3/20

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como cada ano celebramos no cole o día da muller traballadora, nesta ocasión elaboramos un panel xigante que se atopa na entrada do cole, no que resaltamos a figura da muller no campo. Centrámolo nas familias da escola por iso o titulamos "Mulleres do campo de Atios". Ademais dende a  área de música traballaron as mulleres na música e dende a biblioteca tamén se traballou esta temática como podedes ver no vídeo. A música que acompaña este vídeo e da "Banda da loba con colaboracións", adxuntamos tamén o seu videoclip non podedes deixar de velo.
Parabén a todas as mulleres! Por nós, por elas.





3/3/20

CAXOTO

Hoxe gozamos dunha sesión de contacontos da man de "Caxoto"coa que seguimos a traballar a igualdade. Sen dúbida un concepto moi importante nos tempos que corren e do que o noso alumnado cada vez esta máis concienciado. Que mellor forma de aprender que a través dos contos? Aquí podedes ver como pequenos/as e grandes estaban moi pero que moi atentos e atentas.

2/3/20

CALENDARIO DE MARZO

Xa temos aquí a nova entrega do calendario, aínda que febreiro tivo un día máis pasou ben rápido non si? Nesta ocasión o alumnado encargado do mes de marzo foi o de terceiro de primaria. Mirade que fermoso!