Mostrando entradas con la etiqueta TRADICIÓN POPULAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRADICIÓN POPULAR. Mostrar todas las entradas

2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. 

28/10/15

EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE CARTELISMO

Adxuntamos información da 
Exposición Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón 

que se celebra ata o próximo 25 de novembro na Estación Marítima de Vigo. 
1.310 carteles de diseñadores gráficos de 59 países participan na Bienal, homenaxe ao artista galego Francisco Mantecón e foro de encontros de novos creadores e correntes artísticas.
A mostra permanece aberta ao público:
Todos os días da semana. En horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas.


28/9/15

HOXE PRESENTÁMOSVOS...!!!

Hoxe queremos compartir con todxs unha páxina web moi interesante que atopamos navegando pola rede e que dende o EDLG cremos moi importante compartila e darlle difusión.
Noraboa aos seus creadores!
Desexamos que vos guste!



11/5/14

HOXE...ÍMONOS DE CORRELINGUA!!!

Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º participaremos nun par de horas nunha nova edición do correlingua que terá lugar en Tui. Dentro duns intres sairemos en autobuses para participar nunha xornada agradable e compartir un día diferente a favor do galego con outros nenos e nenas de outros coles.
Nós iremos vestidos co chandal do cole e levaremos a seguinte pegatina que cada un coloreou e recortou na súa clase para este día.

Contarémosvos que tal nos foi!!!

28/4/14

UN ANO MÁIS... CORRELINGUA!!!

Un ano máis o noso cole xa está inscrito e participará nunha nova edición do Correlingua. Este ano o lema...

O alumnado de 2º e 3º ciclo desplazarase a Tui o vindeiro 12 de maio para participar nunha nova carreira a favor da nosa lingua: O GALEGO. 
Se picades no seguinte enlace poderedes ver todas as actividades que a organización ten programadas e das cales disfrutaremos moito.


Ademais accedendo ao seguinte enlace que tamén se atopa colgado no noso blogue teredes acceso a calquer tipo de información do Correlingua: banda deseñada, canta lingua, manifestos...


ATA OUTRA!!!

13/2/14

GALICIA ENTEIRA

Hoxe queremos amosarvos unha páxina moi especial:













Un espazo no que poder atopar rutas, reportaxes, tradicións, mapas, canais de televisión, concellos, gastronomías e as hostelerías da nosa comunidade galega.
Desexamos que a disfrutedes!!!

17/12/13

UN CD DE MÚSICA MOI INTERESANTE: PAN DE MILLO

Migallas Teatro anima a cantar e a bailar a toda a familia neste libro-disco ilustrado, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego.



19/6/13

LENDAS QUE TODOS CREN

     Xa vai para preto de un ano que o noso centro e o CEIP da Cruz de Budiño se reuniron para festexar unha xornada de confraternidade entre o alumnado do terceiro ciclo.
     Trátase de proxectos bianuais nos que se establecen dous temas en cada un deles. A misión que tivo o alumnado o ano pasado foi a de recompilar nas casas e na parroquia toda a información posible sobre as lendas que había na zona. O resultado poderedelo comprobar agora mesmo... Desexamos que vos guste. Que recordos!!!
Gracias profes Montse e Víctor!!!



     Este ano estes proxectos seguiron o seu curso e unha vez máis os dous centros tiñan preparado reencontrarse na parroquia de Budiño, e máis concretamente no seu monte FARO, no que ían compartir unha nova xornada de confraternidade sobre a tradición popular galega da nosa zona. O tempo non o permitiu pero o traballo non resultou de balde.
   Outro ano será!!!


17/6/13

CONTOS SOLIDARIOS

Hoxe queremos compartir con todos/as vós esta fermosa páxina. 



     Para todos os que aínda non saibades nada dela dicirvos que CONTOS SOLIDARIOS é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

  Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

6/6/13

4/6/13

XXIV FESTA DO MONTE EN ATIOS

     A xunta de montes de Atios prepárase esta fin de semana para celebrar a XXIV Festa do Monte. Será o vindeiro domingo día 9 a partires das 12h., na Área Recreativa "A Veiguiña". 


     E con tal motivo acaban de organizar un concurso no noso cole sobra A FAUNA E A FLORA da parroquia de Atios.     
     Aquí vos deixamos unha montaxe feita cos traballos presentados polos alumnos/as de terceiro de primaria.
     O xurado está a punto de decidir os gañadores, desexámoslle sorte a todos os participantes.




UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA!!!

    Para hoxe ofrecémosvos un chisco de MÚSICA. Un cd musical moi especial. Títúlase UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA, producido pola Editorial Galaxia: sonárbore e coas ilustracións de Marina Seoane.


     Pinchando no seguinte enlace e a continuación na palabra "aquí" poderedes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía o tema ‘A grasia non era moita’, que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues.

     Harmónicas que falan, guitarras que bambolean o mundo. E Rosalía, pirata dos nosos días, punki galega de hoxe, como nos lembra Begoña Caamaño, soando festeira e liberadora no século XXI.


24/5/13

FESTIVAL DE CANS (O PORRIÑO)

    Se a fin de semana pasada vos recomendábamos participar no festival internacional de títeres de Redondela, para esta fin de semana queremos lembrarvos unha nova actividade para todos os que o desexedes.
     Non volo perdades porque dende o xoves día 22 desta semana xa está en marcha nunha das parroquias de O Porriño unha nova edición do FESTIVAL DE CANS.

Deixámosvos por aquí ademais un enlace a páxina web
E unha enlace directo a programación deste festival.
Non vos arrepentiredes!!!

23/5/13

ENREDAMOS?

Ola a todos e todas!!!
     Para hoxe témosvos un blogue moi interesante. ENREDAMOS: Un recuncho cheo de xogos populares no que se amorean xogos de onte, de hoxe e de sempre. 


Noraboa aos seus creadores por este xeito de transmitirnos parte da nosa cultura.


Por suposto queda engadido este blogue na nosa columna de blogues interesantes