30/4/14

OS TRABALLOS DO COLE NO DÍA DO LIBRO

Dende este EDLG e coa colaboración do Equipo de Biblioteca queremos presentarvos hoxe o resultado final dos traballos feitos polos nenos e nenas de primaria na actividade levada a cabo con motivo do DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Desexamos que vos guste!!!


Ata outra!!!


29/4/14

CONTACONTOS NO COLE

PINGA TEATRO acaba de visitar o noso cole para facernos unhas sesións de contacontos sobre os libros "Hércules pasea con Gloria Fuertes" e "Hércules e a máquina do tempo".


Deixámosvos por aquí algunhas fotos da actividade que poderedes ver con máis detalles na galería de imaxes do noso cole.





Ata outra!!!

28/4/14

UN ANO MÁIS... CORRELINGUA!!!

Un ano máis o noso cole xa está inscrito e participará nunha nova edición do Correlingua. Este ano o lema...

O alumnado de 2º e 3º ciclo desplazarase a Tui o vindeiro 12 de maio para participar nunha nova carreira a favor da nosa lingua: O GALEGO. 
Se picades no seguinte enlace poderedes ver todas as actividades que a organización ten programadas e das cales disfrutaremos moito.


Ademais accedendo ao seguinte enlace que tamén se atopa colgado no noso blogue teredes acceso a calquer tipo de información do Correlingua: banda deseñada, canta lingua, manifestos...


ATA OUTRA!!!

25/4/14

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Presentámosvos os novos libros que nos chegaron á Biblioteca para o vindeiro curso. Lembrade que haberá unha exposición na Semana das Letras Galegas para poder velos todos con máis calma:


Unha fauna mansa e vexetariana aparece nas páxinas deste divertido xogo de palabras rimadas. Creados coa técnica do linogravado, animais e froitas forman un sorprendente mosaico de cores e formas.



Poesía e pintura unidas nun libro cuxas composicións inspíranse en obras de grandes artistas de todo o mundo, desde o Século de Ouro español ata a actualidade, con reproduccións de algunhas pezas emblemáticas.

24/4/14

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

     Presentámosvos a continuación, unha serie de fotos na que poderedes ver o traballo feito polo alumnado de primaria do noso cole con motivo da celebración do día do libro.
     Levouse a cabo unha actividade especial onde os maiores se xuntaron cos peques para compartir contos:estiveron lendo xuntos e fixeron unhas ilustracións fermosísimas.
  Ademais, en moi pouco tempo, poderase disfrutar na biblioteca do noso cole de un exemplar no que aparecerán todas estas obras.








O noso EDLG levou a cabo esta actividade gracias a axuda e colaboración do Equipo de Biblioteca.


22/4/14

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola de novo a todas e todos. Xa estamos de volta!

Preparádevos para iniciar esta nova e última etapa deste curso escolar cargada de novidades, celebracións e actividades variadas. O EDLG iravos mantendo ao día a través do seu blogue e da páxina web do cole. 

Ata outra!

11/4/14

FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!!

Dende o EDLG queremos desexarvos unhas felices vacacións de Semana Santa. 
Desconectade moito e recargade ben as pilas para afrontar o último tramo deste curso escolar ao que xa non lle queda moito para que remate.

A pasalo moi ben!!!

10/4/14

FEIRA DO LIBRO E DA ARTESANÍA EN PORRIÑO

Os días 10,11 e 12 de abril na rúa peatonal de Porriño celebrarase, relacionado co día do libro, e como xa se ven sendo habitual, a feira do libro e da artesanía. Contaremos nesta edición con máis de 20 expositores entre artesáns e libreiros.


Poderemos achegarnos ás novidades bibliográficas ao mesmo tempo que degustamos productos típicos como rosquillas e filloas ou vemos como se confeccina un cesto ou uns pendentes. 
Teremos durante tres días unha mostra do traballo dos artesáns locais e da calidade dos seus productos acabados en madeira , coiro , fío, aceite...

SE PICADES NA SEGUINTE IMAXE ACCEDEREDES Á NOTICIA



9/4/14

NOVO VIDEOCONTO DA FAMILIA TREBÓN

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto da Familia Trebón (Planeta Verde), tanto na páxina web de Sogama, como na Plataforma de Caderno Verde (CON ENLACES NO NOSO BLOGUE). 
Leva por título "No fondo do mar" e no mesmo os nosos amigos, tras unha inmersión, comproban a cantidade de lixo espallado polos fondos mariños, especialmente bolsas plásticas (ata os peixes puxeron pancartas de protesta). 
A súa reacción: limpalo todo.
Agardamos que vos guste.


8/4/14

O CONCELLO DE PORRIÑO LANZA O LIBRO VIAXEIRO

Para conmemorar el Día Internacional del Libro Infantil 2014
O CONCELLO DE PORRIÑO LANZA O LIBRO VIAXEIRO
O libro recorrerá todos os colexios e as escolas infantís do municipio. Consta de portada e contraportada e de 125 hojas en branco nas cales o alumnado deixará reflexadas as súas impresiones sobre o seu colexio e o concello, a través de textos e debuxos
A obra resultante trasladarase logo ás estanterías da biblioteca municipal para que calquer persoa poida visionala.

PODEDES PICAR NA SEGUINTE IMAXE E ACCEDEREDES Á NOTICIA





4/4/14

PARA HOXE...UN CONTIÑO: O SAPO E O RAPOSO

Baseado nun conto tradicional galego, hoxe presentámosvos O SAPO E O RAPOSO, un conto atopado na rede.
Desexamos que vos guste!


Deica logo!!!

3/4/14

VIAXANDO POLA REDE...

Hoxe facémonos eco e queremos compartir con todas e todos vós esta noticia que atopamos na rede e que, por certo, forma parte de un blogue que destacamos na nosa viaxe: 


Desexamos que vos guste!!!





1/4/14

VIAXANDO POLA REDE... ATOPAMOS: SOÑANDO CONTOS!!!


Un marabilloso blogue do que hoxe queremos facernos eco. Navegando pola rede atopámonolo e dende este EDLG queremos compartilo con todas e todos vós.
Desexamos que vos guste e que lle saquedes moito proveito!!!