25/2/18

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres no cole celebramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes escritoras galegas, xa que este ano o seu día propio era o sábado. Fixémolo aprendendo cousas da súa vida e da súa obra, recitando poemas que incluso non atrevemos a recitar pola megafonía do cole, decorando uns marcapáxinas e unhas chapas que lucimos no súa honra, completando partes do seu poema, e incluso nalgún curso se atreveron a realizarlle unha entrevista a nosa escritora,e puxéronlle música ao seu poema "Adiós Ríos".


19/2/18

VI CERTAME DE RELATO CURTO

Está aberto o prazo para participar no VI Certame de Relato Curto, é unha boa oportunidade de escribir algunha das vosas historias na nosa lingua e participar no mesmo xa que hai varios premios. O prazo de entrega vía mail é ata o 28 de febreiro. Animádevos!!!

 

15/2/18

Festa do Entroido 2018

O pasado venres día 9 de febreiro o cole pintouse de diversas cores coa chegada do Entroido. Houbo tribus Africanas, persoas procedentes de China , Texas, Grecia, Samberos, Exipcios e ata unha tribu Maori, en definitiva o cole foi un reflexo da diversidade que existe no mundo no que vivimos. Cada curso realizou unha coreografía coa música propia ao seu atuendo e para rematar alumnado, profesorado e familias compartimos uns doces típicos destas datas. Para aqueles que non nos puidestes acompañar aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Só nos resta dar as grazas a todos e todas por facer posible esta gran festa.



7/2/18

4º Mandadiño

O entroido xa se achega e o noso Meco, deixanos o último mandadiño deste curso. Mañá ademáis da roupa o revés un adorno no pescozo e no cabelo temos que traer un zapato de cada par.
Non vos esquezades!


6/2/18

3º Mandadiño

Como non podía ser doutro xeito o noso Meco xa nos deixou o tercer mandadiño polo que mañá ademáis dunha prenda do revés, algo decorando o noso pescozo debemos traer un adorno no cabelo. Animádevos a participar!!!



5/2/18

2º Mandadiño

Xa nos deixou o Meco o segundo mandadiño, mañá ademais de traer algo do revés temos que vir con algo no pescozo.  Non vos esquezades!

 

2/2/18

ENTROIDO

Hoxe ao cole chegou un personaxe moi esperado por nós o Meco e coma todos os anos xa nos deixou o primeiro dos seus mandadiños. Lembrade que todos os mandadiños son acumulativos. Por se non sabedes o que hai que traer o luns día 5 aquí o tedes. 



1/2/18

DÍA DA PAZ

Onte no cole celebramos o día da PAZ, aínda que para nós,  a paz e todos os días do ano. Como xa ven sendo costume ano tras ano conmemoramos este día cunha carreira solidaria que ten por obxectivo recadar alimentos para as familias máis necesitadas, este ano aqueles que quiseran participar tiñan que aportar leite, azucre ou aceite. Debemos dicir que a participación foi moi abundante, coma sempre, as familias brindaron ao cole todo o seu apoio participando na carreira cos seus fillos e fillas.
Como decoración contamos cos murais que cada clase fixo con debuxos e palabras relacionadas coa paz na nosa lingua, o Galego. Cada paricipante decorou o seu dorsal e para rematar un día tan fermoso cantamos todos xuntos a cantiga "Quérote máis" de Sonoro Maxin.
Solo nos resta darvos as grazas a todas as persoas que dun xeito ou doutro colaborastes con nós para poder levar a cabo esta xornada de convivencia entre escola e familias. E para os que non poidestes acudir nese día aquí vos deixamos unha pequena mostra.