30/5/14

XXV FESTA DO MONTE

O domingo 8 de xuño terá lugar na parroquia de Atios a XXV FESTA DO MONTE. O programa non vai variar con respecto a edicións anteriores. Comezará ás 9:30 coa ruta de sendeirismo. Haberá misa de campaña, actuación musical dos Penediños, xantar ofrecido pola xunta de montes, poste de pulpeiro, inchables para os máis cativos, postos de venda...
A organización colocará carteis anunciando a festa nos lugares de costume.
Deixámosvos por aquí unha foto co adianto da información desta festa que aparece no último número da revista da Comunidade de Montes de Atios:

29/5/14

ATIOS CANTEIRA DE MÚSICOS

Hoxe queremos facernos eco de unha noticia da nosa parroquia. Hai uns días recibíamos no cole un novo número da revista da Comunidade de Montes de Atios. Nela recollíase unha reportaxe moi interesante que nos chamou moito a atención e que queremos compartir con todas e todos vós. Noraboa aos seus creadores porque o traballo é realmente interesante:








28/5/14

BRINCA VAI!!!

Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos videos musicais e contidos adicionais na web: BRINCA VAI

“Brinca vai!” É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas , melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar … Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.
Paco Nogueiras


Eleva a paisaxe cotiá, a escola, a casa, a biblioteca, á categoría de escenarios e faino sen alterar  o que lles é propio: a sinxeleza e a proximidade…
(Juana Vázquez. Mestra, coordinadora dunha biblioteca escolar).
Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…
(Manuel Cortés. Escritor, autor e membro de Chévere Teatro).



“BRINCA VAI!” chega aos lectores e lectoras da man de Kalandraka que suma o seu traballo ao dos autores para dar forma a esta proposta chea de amor e respecto pola nosa lingua e pola nosa cultura. 

Podedes descargar a reseña aquí.




27/5/14

ADQUISICIÓNS DE ÚLTIMA HORA PARA A BIBLIOTECA

Presentámosvos os últimos exemplares para a Biblioteca de cara ao vindeiro curso. 
Como a exposición permanente de novas adquisicións segue funcionando nos corredores do noso cole estes libros van directos para a exposición. 
Mirade cales son:



O oído dos pre-lectores esperta a un mundo de sonoridade, onomatopeas e sensacións. Instrumentos musicais, palmas e bicos envoltos en delicadas ilustracións.



Próximos e accesibles, os obxectos cotiás que protagonizan estes versos elévanse á categoría literaria. Musicalidade e harmonía nunha proposta que une poesía e imaxe por e para os pre-lectores.


Amizade, ledicia, xogos... Imos sumando, do 1 ao 10, personaxes e situacións que acompañan os máis pequenos no seu día a día. Iniciación á poesía con libros de cartón e formato reducido.


A disposición espacial dos obxectos e o recoñecemento do contorno, tan importantes dende idade temperán. Versos e imaxes unidos para favorecer a lectura autónoma.



Achegamento dos máis cativos ao ritmo e á rima con versos sinxelos e cromáticos. Azuis, verdes, vermellos... os ratiños mudan de aspecto e sorprenden os lectores coa súa simpatía.

A disfrutar deles!!!



26/5/14

O LIBRO VIAXEIRO

Hai uns días falamos neste blogue dunha actividade que ía organizar o Concello de O Porriño que se titulaba O LIBRO VIAXEIRO.


O libro recorrería todos os colexios e as escolas infantís do municipio. Constaría de portada e contraportada e de 125 follas en branco nas cales o alumnado deixaría reflexadas as súas impresiones sobre o seu colexio e o concello, a través de textos e debuxos.
A obra resultante trasladaríase logo ás estanterías da biblioteca municipal para que calquer persoa poida visionala.
Pois ben, hoxe esta actividade no noso cole xa é unha realidade. O libro xa pasou polo noso centro, traballouse nel e xa vai de camiño para outro centro.
Deixámosvos por aquí unha montaxe na que poderedes ver o traballo feito polos nosos nenos e nenas:


23/5/14

XV FESTIVAL DE TÍTERES EN REDONDELA

Hoxe queremos convidarvos a todos e todas aqueles que queirades a pasar polo...


Deixámosvos por aquí a programación que terá lugar nas rúas de Redondela esta fin de semana. As actividades xa se veñen levando a cabo dende o pasado luns pero intensifícanse ao longo deste sábado e domingo.
Picando no seguinte enlace accederedes á programación:
Non volo perdades vale a pena pasar por esta vila e desfrutar dun fin de semana titiritesco.


Saúdos.

22/5/14

A PROFE SUSANA REPITE OBRADOIRO CO ALUMNADO DE INFANTIL

Tras o éxito rotundo do obradoiro feito pola profe Susana co alumnado de Ed. Primaria no marco das celebracións e actividades da Semana Cultural das Letras Glegas 2014, hoxe levouse a cabo un obradoiro adaptado para os nenos e nenas de educación infantil no que puideron experimentar e saber un pouquiño máis sobre este instrumento tan coñecido como é A ZANFONA.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos da actividade:










E tamén deixamos por aquí o traballo feito por eles no que cada un debuxou a súa propia ZANFONA:

Se queredes saber máis sobre este marabilloso instrumento só tedes que facer CLIC no seguinte enlace e accederedes ao blogue da profe Susana no que atoparedes moitísima información sobre él.

21/5/14

XI FESTIVAL DE CANS

Dende o EDLG de Atios queremos facernos eco do...




O XI Festival de Cans chega cunha grande proposta musical na edición más variada e atractiva da súa historia: a celebración dos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego. 
Unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín e un concerto de Heredeiros da Crus artellan un dos pratos fortes desta undécima edición que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Cans (O Porriño). 


Catro días de PROGRAMACIÓN con curtas, longas, documentais, novas linguaxes narrativas, novas sección, avances de traballos en construción novos espazos e máis de vinte actuacións musicais.




20/5/14

EXPOSICIÓN PERMANENTE DAS LETRAS GALEGAS ATA FINAIS DE CURSO

Hoxe queremos amosarvos algunhas imaxes nas que poderedes ver a EXPOSICIÓN organizada polo EDLG en colaboración co departamento de Inglés, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Extraescolares na cal o alumnado poderá disfrutar lendo e ollando todas as novidades adquiridas polo centro de cara ao vindeiro curso. Como centro plurilingüe todos os libros están mesturados. Como novidade a EXPOSICIÓN este ano tamén se trasladou ao cooredor inferior para que o alumnado de Infantil tamén poida disfrutar dela.


 








19/5/14

O TRAXE NOVO DO REI: RECORDOS DA VISITA DE TARABELOS!

Hoxe queremos lembrarnos de unha das últimas actividades que levou a cabo o EDLG do noso cole na Semana Cultural das Letras Galegas 2014 o pasado venres.
Tivemos a grande sorte de poder contar unha vez máis con TARABELOS

que esta vez nos representou no Salón de Actos do cole... 

Por aquí vos deixamos algunha foto da actividade:








Lembrade que poderedes ver máis na galería de imaxes do noso cole facendo un clic no seguinte enlace: