Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL MARÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANUEL MARÍA. Mostrar todas las entradas

29/3/16

ARREDOR DE MANUEL MARÍA

Hoxe dende este EDLG queremos promocionar unha páxina web moi interesante da que acabamos de recibir información...


Un blogue - páxina web elaborado e coordinado polo EDNLG do CPI Luís Díaz Moreno. Un traballo moi interesante ao que dende este centro lle damos a nosa noraboa e que vos convidamos a que vos adentredes neste material que xira arredor da figura de MANUEL MARÍA autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.



26/2/16

TODO ME FALA DE TI





27 DE FEBREIRO DE 2016

18H.

Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos 

MARÍN



Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha neste concerto familiar que se desenvolverá en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.




18/2/16

O BIGOTE DE MIMÍ

Co obxectivo de favorecer todo o posíbel que este ano das Letras Galegas dedicado a Manuel María se traballe durante todo o curso escolar arredor da súa obra, a Casa-Museo Manuel María estamos a ofrecer desde hai varios meses toda unha serie de novos recursos didácticos dirixidos a potenciar ese traballo complementar nas aulas: o máis recente, unha unidade didáctica sobre a obra O bigote de Mimí elaborada por dúas mestras e un mestre do CEIP Galán de Oseiro (Arteixo).



9/2/16

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Presentámosvos a páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA


A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.