27/9/19

UN REMATE NATURAL

Para pechar a semana do clima hoxe fixemos unha pequena manifestación na que o noso alumnado amosou a súa inconformidade ante os problemas que existen no mundo relacionados co clima e a natureza. Así mesmo gardamos un minuto de silencio como protesta por tales problemas. Unha pequena representación do noso alumnado concentrouse na plaza do concello co resto dos centros da vila seguindo a convocatoria de teacher for future baixo o lema "Quremos un futuro"







26/9/19

CARTEIS CLIMA

Durante a xornada de hoxe o alumnado estivo preparando os carteis referentes ao clima que amosarán no parón do venres. Aquí tedes unha pequena mostra.

25/9/19

SEGUIMOS CONMEMORANDO

Hoxe tocaba segundo o calendario da semana do clima o visionado de curtas relacionadas con este tema. Aquí tedes unha pequeña mostra de como o noso alumnado gozou coas curtas.






E seguindo co programado hoxe realizamos a segunda masterclass de zumba. Que ben o fixeron os cativos e cativas!!

24/9/19

SEMANA DE CONMEMORACIÓNS

Esta semana no cole estamos a celebrar varias conmemoracións. Por unha banda, a semana do clima ( como xa nos avisaba o cartel hoxe tocou vir ao cole cunha camiseta de cor verde) e pola outra a semana do deporte polo que tivemos que mover o esqueleto mediante unha masterclass de zumba. Realizámola no patio a ritmo da canción "Madre Tierra" de Chayanne. Actividade  que repetiremos ao longo de toda a semana para incidir na importancia do deporte.






20/9/19

SEMANA POLO CLIMA

Un ano máis seguimos a colaborar co medioambiente, xa que é a mellor das herdanzas que lle podemos deixar aos nosos nenos e nenas, unha natureza limpa. Por iso a próxima semana realizaremos unha serie de tarefas, aquí vos deixamos o cartel do que faremos cada día.
Grazas por colaborar con nós e co noso planeta!


11/9/19

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!

E nun abrir e pechar de ollos atopámonos de novo mergullados/as nun novo curso, nunha nova aventura. Non esquezades encher as vosas mochilas de ilusión, para que xuntos familias, mestres/as e alumnos/as podamos medrar aprendendo e divertíndonos.