18/12/15

O EDLG ENVÍAVOS OS NOSOS MELLORES DESEXOS!!!







ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DESTE ANO PARA A NOSA BIBLIOTECA!!!



Este artefacto mecánico con forma de cetáceo e habitado por uns curiosos personaxes, garda no seu interior máis dun cento de divertidas historias. Observa con atención e atrévete a imaxinar! 
(Formato acordeón)



Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.



Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.



Daniel tivo a boa, ou mala sorte, de ter nacido un 29 de febreiro. Apodado Bisesto na escola, terá que empregar todo o seu enxeño para superar unha chea de situacións inauditas, complexas e mesmo perigosas.


17/12/15

O NADAL COA FAMILIA TREBÓN

Acompañamos a Anselmo, Carola, Lucas, Vito e Lilia nestas datas tan especiais. Así descobren os novos amigos e amigas o lado máis sustentable destes días de celebración:













20/11/15

AS EXPOSICIÓNS DO OUTONO NO NOSO COLE

Por aquí vos deixamos algunhas das fotos relacionadas coa EXPOSICIÓN DO OUTONO que se ven de realizar no noso centro a cargo do EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS...

INFANTIL





PRIMARIA






16/11/15

ADQUISICIÓNS DO EDLG PARA A BIBLIOTECA



O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes no VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, unha obra de intenso colorido e orixinal composición.




A súa complexidade morfolóxica, a súa utilidade no ciclo da natureza, a notable abundancia de especies... Todo o que precisamos saber sobre os insectos, nun fermoso libro evocador dos antigos cadernos de campo.


13/11/15

O MAGOSTO NO NOSO COLE

Deixámosvos por aquí algunhas fotos da celebración do Magosto no noso cole: xogos, recuncho para fotos, papatoria de castañas, entrega dos premios do Samaín... Un día moi especial e diferente!!!









DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ TAMÉN UN ENLACE Á 
DONDE ATOPAREDE MÁIS FOTOS DESTA ACTIVIDADE


9/11/15

DOUS XOGOS MUSICAIS

Compartimos hoxe con vós dous xogos musicais que atopamos na páxina O PORTAL DAS PALABRAS. Desexamos que vos gusten e que pasedes un anaco de tempo agradable:


Escolle na listaxe de palabras a que se corresponde co obxecto que aparece na fotografía. Tes dez imaxes e quince segundos para cada unha.


Escolle na listaxe de palabras a que se corresponde co obxecto que aparece na fotografía. Tes dez imaxes e quince segundos para cada unha.








6/11/15

LIBROS NOVOS PARA A BIBLIOTECA

Continuamos presentándovos libros que o EDLG vai adquirindo para a Biblioteca do noso cole e que na exposición das Letras Galegas poderedes ollar con atención como todos os anos.
Desexamos que vos gusten:




Volve un clásico que pregoa a amizade, o coidado do medio ambiente... Tenro e conmovedor, un relato do paso da infancia á idade adulta; unha historia sobre a xenerosidade e o amor sen límites dunha árbore cara a un neno.





Despois do seu relaxado paseo pola granxa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos mentres asistimos ás peripecias da cría, entre situacións cómicas e arriscadas.





2/11/15

PRÓXIMO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


30/10/15

CONCURSO DE CABAZAS POLO SAMAÍN!!!

POR AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO CONCURSO DE CABAZAS QUE SE REALIZOU NO NOSO COLE POLO SAMAÍN. QUE TERRORÍFICAS!!!