18/12/15

O EDLG ENVÍAVOS OS NOSOS MELLORES DESEXOS!!!







ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DESTE ANO PARA A NOSA BIBLIOTECA!!!



Este artefacto mecánico con forma de cetáceo e habitado por uns curiosos personaxes, garda no seu interior máis dun cento de divertidas historias. Observa con atención e atrévete a imaxinar! 
(Formato acordeón)



Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.



Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.



Daniel tivo a boa, ou mala sorte, de ter nacido un 29 de febreiro. Apodado Bisesto na escola, terá que empregar todo o seu enxeño para superar unha chea de situacións inauditas, complexas e mesmo perigosas.


17/12/15

O NADAL COA FAMILIA TREBÓN

Acompañamos a Anselmo, Carola, Lucas, Vito e Lilia nestas datas tan especiais. Así descobren os novos amigos e amigas o lado máis sustentable destes días de celebración: