30/10/14

ACTIVIDADES DO NOSO CONCELLO POLO SAMAÍN

Dende o EDLG queremos compartir con todos/as vos as actividades para festexar o SAMAÍN que propón o noso concello. Non volas perdades idelo pasar xenial!!!



MAÑÁ 31 DE OUTUBRO 
A PARTIR DAS 10:30 DA MAÑÁ 
NA PRAZA DO CONCELLO

28/10/14

MATERIAIS PARA TRABALLAR O SAMAÍN COAS NOSAS FAMILIAS

Dende a páxina: RECURSOS PARA O SAMAÍN e grazas á súa autora Mª Asunción García Álvarez podemos obter moito material para traballar cos nosos nenas e nenos nas casas esta tradición do SAMAÍN.

PICADE NAS DIFERENTES IMAXES E ACCEDEREDES AOS MATERIAIS








27/10/14

QUE É O SAMAÍN???

Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


Picade na imaxe e poderedes ver moita máis información sobre o significado desta celebración "O SAMAÍN" grazas ao traballo feito por Nova Escola Galega na súa edición VIEIROS DA ESCOLA.

24/10/14

CONCURSO DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Dende o Equipo de Extraescolares en colaboración co EDLG, TICS e Plurilingüismo un ano máis poñen en marcha o concurso de cabazas do cole.
Por aquí vos deixamos a presentación do proxecto deste ano:

PICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



23/10/14

MOITO MAXÍN NO SAMAÍN!!!

Comezaremos o próximo luns a semana do Samaín con un vídeo moi especial.
Xa está dispoñible na rede o novo videoclip de 


NO SAMAÍN é unha das 12 cancións incluídas neste libro-disco, con cancións compostas e interpretadas por Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.


"…Moito maxín, no Samaín
é hora de contar historias de medo e fuxir.
Moito maxín hai no Samaín,
é hora de contar historias de medo e botar a rir…"

20/10/14

CONSELLOS DE ALIMENTACIÓN E CONSELLOS PARA FALAR MELLOR

Queremos compartir neste blogue do EDLG un traballo feito polo CEIP Vilarmide, Muxía (A Coruña).
O seu alumnado coordinado polo EDLG elaboraron uns prácticos consellos a través dos cales o alumnado non só aprenderá a comer ben, senón tamén a falar mellor. Saberá cales son os alimentos que benefician ou prexudican a súa saúde e tamén poderá evitar o uso dos castelanismos máis frecuentes deste campo semántico.
Noraboa aos seus autores por este traballo!
Que o disfrutedes!!!



16/10/14

ANTÓN APRENDE A COMER SAN

Viaxando pola rede atopamos este conto. Dende o CEIP Vicente Arias de la Maza chéganos Antón aprende a comer san, un orixinal conto que pretende concienciar o alumnado da importancia dunha alimentación equilibrada. Tanto o texto como as ilustracións están elaborados polo alumnado de 2º ciclo de educación primaria.


14/10/14

OS TERRIBLES DE DONAS

Dende a área de música do noso cole queren compartir co EDLG este magnífico traballo que lles acaba de chegar. 
O profe traballarao na súa clase de música pero facilítanolo para darlle difusión e que os que o desexedes saibades un pouco máis sobre esta formación musical do Val Miñor que celebra este ano o seu 75 aniversario.



10/10/14

CAMPAÑA VÍDEO CIENTÍFICO

Achegámosvos hoxe un enlace dun vídeo que fixeron os científicos dun Instituto de Barcelona para o estudo da curación do cancro, diabetes e alzheimer como campaña para obter fondos a través de micromecenazgo. 

Cada vez que se pica o vídeo en Youtube os laboratorios patrocinadores do programa donan unha pequena cantidade. Cantos máis visionados, máis financiación. 

Pero non é ese o motivo polo que queremos facernos eco deste material, que tamén, senón porque ao EDLG do cole pareceunos interesantísimo para que o vexan os rapaces, para desmitificar a fama de chapóns e aburridos dos científicos e para introducilos nun ambiente de ciencia seguramente desconocido por case todos. 
Paga a pena velo ata o final e escoitar ven as dúas músicas, a primeira, de moda, e a segunda a que representa ao Instituto IRB Barcelona - "Ai ar bi Barselona". 
Un xeito de facer as cousas diferente, descasposo e que conecta coa xente. 
Que vos guste!!

9/10/14

AS PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA NESTE NOVO CURSO ESCOLAR

Hoxe queremos presentarvos as primeiras adquisicións que o EDLG do cole xa está adquirindo nun novo compromiso coa Editorial Kalandraka. Sabedes que estes novos libros que van chegando ímolos gardando para despois expoñelos todos xuntos nunha exposición nas Letras Galegas.


O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante.



Dende os polos aos trópicos, por desertos e montañas, en bosques e granxas. Un catálogo darwiniano da fauna.






Unha fauna diminuta habita neste simpático conto duro para pre-lectores, onde o lector/a convértese nun personaxe máis. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.



6/10/14

O PORTAL DAS PALABRAS

Hoxe presentámosvos unha páxina moi interesante que navegando pola rede queremos compartir con todos e todas vós:
Unha iniciativa da RAG e da Fundación Barrié


A iniciativa vai dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. Tamén cremos que pode ser útil para xente que queira achegarse á nosa lingua aínda que sexa de xeito inicial. O que se precisa para aproveitar este Portal, repetimos, é que se teña curiosidade e ganas de aprender.

1/10/14

CORTICA: CORTEGADA - O BOSQUE FLOTANTE

Hoxe queremos destacar este proxecto do que acabamos de recibir información. Vale a pena pararse a coñecer máis polo míudo esta aposta pola natureza e a súa conservación. Aquí vos deixamos algunha información así como acceso a súa web picando na imaxe:



Desde Corticata: Turismo Medioambiental, dannos a coñecer a súa empresa e as súas diferentes actividades con escolares.
Unha empresa xove que se adica a educación ambiental, que queren poñer en valor as salientables características etnográficas e ambientais da ILLA DE CORTEGADA, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e do seu entorno, para asegurar a conservación dos seus valores naturais, así como a creación de hábitos saudables e ecolóxicos e o disfrute dos mesmos.
Débese destacar que OFTEFOR/CORTICATA está autorizada para desenvolver a súa actividade no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Finalmente, suliñar que a empresa realiza, sen compromiso algún, presentacións do proxecto educativo e das actividades a desenrolar.