30/1/15

DÍA DA PAZ NO NOSO COLE


Un ano máis e para celebrar este día do no cole, fíxose unha carreira solidaria para recaudar alimentos e productos de aseo para SOS Porriño. Nun primeiro momento a carreira íase celebrar polas rúas da parroquia pero por causa da chuvia a última hora tivemos que trasladar as carreiras ao pavillón.
Os pais e nais que quixeron tamén puideron participar e colaborar. Foi unha xornada moi especial e divertida á vez que moi positiva e gratificante.
Gracias a todos e todas!!!
Por aquí vos deixamos algunha foto:






27/1/15

O CALENDARIO DO CURSO 2014-2015

Un ano máis o EDLG do cole puxo en marcha a edición dun novo calendario escolar creado por todo o alumnado do noso centro.
Este ano está adicado internacionalmente a LUZ e este foi o tema central das nosas creacións. Deixámosvos por aquí a portada.
Picando nela accederedes aos debuxos que saíron escollidos para representar os doce meses do ano.
Desexamos que vos guste!

16/1/15

SERÁN EN ATIOS

Os nenos e nenas do noso cole que van ir de excursión á neve querenvos anunciar unha super festa e pedirvos que reservedes nas vosas axendas o SÁBADO 31 DE XANEIRO a partir das 19h para que pasedes polo pavillón do noso cole e o vos dispoñades a pasar unha tarde moi especial
Deixámosvos por aquí o cartel:

CORREDE A VOZ!!!

LEMBRADE QUE TODO O QUE SE RECAUDE SERÁ DESTINADO PARA AXUDAR AOS NENOS E NENAS DO NOSO COLE QUE VAN IR DE EXCURSIÓN Á NEVE.