26/4/19

TI+ EU = LIBRO

Hoxe no cole tivemos a actividade TI + EU = LIBRO como peche a unha semana adicada ao libro. Esta actividade gústalle moito ao noso alumnado que goza compartindo lecturas. Para aqueles que non a coñecedes consiste en que os nenos/as maiores leen contos aos máis cativos e para rematar fan un debuxo do conto xuntos. Con todos os debuxos elaboramos un libro que poden ver na biblioteca.


24/4/19

Obradoiro de dobraxe

Hoxe no cole tivemos unha divertida xornada de dobraxe da man de Damián Alonso e o seu técnico de son Andrés. Xuntos aprendemos a importancia que ten a lectura avanzada, así coma unha axeitada vocalización para que o noso público nos entenda. Despois dunha pequena formación xa estabamos listos os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria para converternos en actores de dobraxe. Mirade que ben o pasamos.


23/4/19

CALENDARIOS 2019

Ola a todos e todas, desculpade que non subiramos os meses da segunda avaliación, aquí os tendes ademáis do mes de maio.





Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Bo día!

12/4/19

CONTACONTOS

Os alumnos de 1º e 2º tiveron a sorte de contar con Paco Nogueiras que nos contou e cantou varios contos diferentes e moi moi divertidos.

Foi unha sesión xenial na que todos participamos.

Houbo contos de todo tipo acompañados dun ukelele e dun acordeón, incluso fixemos un rap.

Temos na biblioteca do centro varios dos seus contos, non deixedes de buscalos.
 

 

Novas adquisicións

Ola, temos novas adquisicións dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Trátase de dous libros que veñen da fábrica de soños "Kalandraka".

"O PEIXE ARCODAVELLA"

"O PIRATA VALENTE"

Esperamos que vos gusten e que os disfrutedes!
Un saudiño!