Mostrando entradas con la etiqueta PARA IMPRIMIR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PARA IMPRIMIR. Mostrar todas las entradas

20/10/14

CONSELLOS DE ALIMENTACIÓN E CONSELLOS PARA FALAR MELLOR

Queremos compartir neste blogue do EDLG un traballo feito polo CEIP Vilarmide, Muxía (A Coruña).
O seu alumnado coordinado polo EDLG elaboraron uns prácticos consellos a través dos cales o alumnado non só aprenderá a comer ben, senón tamén a falar mellor. Saberá cales son os alimentos que benefician ou prexudican a súa saúde e tamén poderá evitar o uso dos castelanismos máis frecuentes deste campo semántico.
Noraboa aos seus autores por este traballo!
Que o disfrutedes!!!



16/10/14

ANTÓN APRENDE A COMER SAN

Viaxando pola rede atopamos este conto. Dende o CEIP Vicente Arias de la Maza chéganos Antón aprende a comer san, un orixinal conto que pretende concienciar o alumnado da importancia dunha alimentación equilibrada. Tanto o texto como as ilustracións están elaborados polo alumnado de 2º ciclo de educación primaria.


14/10/14

OS TERRIBLES DE DONAS

Dende a área de música do noso cole queren compartir co EDLG este magnífico traballo que lles acaba de chegar. 
O profe traballarao na súa clase de música pero facilítanolo para darlle difusión e que os que o desexedes saibades un pouco máis sobre esta formación musical do Val Miñor que celebra este ano o seu 75 aniversario.



30/4/14

OS TRABALLOS DO COLE NO DÍA DO LIBRO

Dende este EDLG e coa colaboración do Equipo de Biblioteca queremos presentarvos hoxe o resultado final dos traballos feitos polos nenos e nenas de primaria na actividade levada a cabo con motivo do DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Desexamos que vos guste!!!


Ata outra!!!


19/3/14

A NOVA FICHA DE CADERNO VERDE

    Aquí tedes a nova ficha de Caderno Verde, á vosa disposición tamén no seguinte enlace:




      Oriéntase á área de música e ao alumnado do segundo ciclo de primaria.
    Tal e como podedes comprobar, os nosos amigos de Vilaverde están a fabricar instrumentos musicais (guitarras, xilófonos, baterías, ….) con materiais de refugallo (caixas de cartón, botellas de auga baleiras, latas, caldeiros vellos, botes de deterxente, …). Deste xeito, e sen custe engadido, xa poden poñer en marcha o seu propio grupo de rock.

Agardamos que vos guste!

7/11/13

UNHA REVISTA MOI INTERESANTE: OLLOS DE AULA



O Nº 10 de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias, aborda a temática do acoso escolar, a necesaria coeducación e unha palabra máis nesta sopa terminolóxica que é o sistema educativo: o Proxecto Interdisciplinar. Por suposto, non esquece as atractivas recomendacións de Gracia Santorum na sección "Cadencias", os anuncios móbiles e unha reflexión sobre o sentido normalizador das actividades culturais nos colexios.


30/5/13

PEDRA ROSA DE ATIOS: A REVISTA DO CURSO 2012-2013

     Ola a todos e todas. Por aquí vos deixamos hoxe a REVISTA ESCOLAR do CEIP plurilingüe de Atios recén saída do forno.
   Este ano, por motivos de presuposto, non puidemos imprimila, por iso, ademais de poder vela aquí no noso blogue, debaixo apareceravos un enlace no que, ao abrilo, a revista convertirase en formato pdf que vos deixará imprimila a todo aquel que queira.
     Desexamos que vos guste e que a disfrutedes moito.
    Dende o EDLG só nos queda agradecer o traballo de todos os profes e alumnos/as do cole, xa que sin vós non sería posible a edición deste novo número.



WRIP, WRAP, WROP?

     Aínda que non está en galego, hoxe queremos deixarvos por aquí subido ao noso blogue esta fermosa ferramenta convertida en páxina web que unha compañeira do noso centro atopou e que nos parece moi interesante no campo da plástica.


     Trátase de unha ferramenta na que poderedes decorar os vosos papeis e imprimilos como mellor queirades. Nun principio a páxina está destinada para que os papeis que se impriman se empreguen para envolver agasallos, pero por que non para empregar nas nosas clases de plástica do cole?
     É moi sinxela de manexar e xa vos deixamos o enlace na configuración en castelán para que non teñades ningún tipo de problema. 


Estamos convencidos de que vos vai gustar.
Ata outra amig@s!

6/3/13

PEDRA ROSA: A REVISTA DO CURSO 2011-2012

     Aquí vos colgo a revista escolar do curso 2011-2012, un traballo coordinado polo EDLG que se fixo coa colaboración de todo o alumnado e profesorado do noso centro. Despois de varios anos nos que estivo parada a súa edición, este ano decidiuse retomar a idea de volver a facela. Pedra Rosa volveu saír á luz a finais deste curso escolar con moitas novidades:actividades, xogos, pasatempos, noticias, entrevistas e un especial polo aniversario do noso centro que neste ano cumple o cuarto de siglo. Por último e sin ser menos importante agradecer a todos os que nela se involucraron e en especial a irmá da profe Montse xa que de ela foi o diseño da portada.
   Desexamos que vos guste e que disfrutes dela.