31/10/19

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Algunhas clases (4 anos e quinto de primaria) decantáronse por facer unhas manualidades de Samaín, aquí tedes unha pequena mostra.Canto traballan estes rapaces e rapazas!



COMEMEDOS

Como cada ano por estas datas aparece no cole un mostro amarelo chamado Comemedos que sae do seu agocho para alimentarse dos nosos medos. Este ano a participación dos nenos e nenas foi moi moi grande polo que leva a barriga ben chea. Algunha clase incluso fixo conxuros. Aquí vos deixamos todo para que poidades gozar dun ratiño de medo...















DISFRACES

O cole estivo cheiño de montros, bruxas, vampiros e moitos outros personaxes que fixeron que se respirase un bo ambiente de samaín. Eso si daba moito medo andar polos corredores da escola.


30/10/19

AMBIENTACIÓN SAMAÍN E MAGOSTO

Mirade que fermoso loce o noso cole todo cheiño de cousiñas de Samaín e do Magosto.


CURTA PARA SAMAÍN

O alumnado de sexto b na área de valores elaborou unha curta que trata sobre o medo, tomando como referencia o conto "¿Qué hay detrás de la puerta? que se atopa na biblioteca por se o queredes coller. Neste caso empregaron a lingua galega para falarnos sobre o medo. Aquí vos deixamos a curta.



SAMAÍN CREATIVO

Para celebrar esta festa tan antiga no cole realizáronse diferentes actividades nas aulas, na de cuarto a o alumnado cociñou verbalmente unha serie de adiviñas de medo, esperamos que vos gusten.



Na clase de primeiro crearon uns monstros con materiais de refugallo: botes botellas e bricks de leite.Traballando de xeito lúdico econcienciando ao alumnado daimportancia de reciclar e fomentar o traballo cooperativo e a creatividade. Aquí podedes velos, pero coidado que dan moito medo!!



Este ano ademais destas cousiñas dende o EDLG propuxemos a recollida de lendas galegas relacionadas coa morte ou co medo. O alumnado de cuarto, quinto e sexto traballou coas súas familias sobre as mesmas e a continuación elaboramos un fermoso panel onde se poden ler.







EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Como ven sendo tradición polo samaín gozamos dunha fermosa exposición de cabazas. Converténdose nun intre de traballo compartido  polas familias e os seus fillos/as. Este ano tivemos moitas e diversas cabazas que algúns de vós puidestes ver na xornada de portas abertas, para aqueles que non tivestes a posibilidade de achegarvos ao cole aquí unha mostra.









28/10/19

RECUNCHO DO GALEGO

O noso Recuncho do Galego comeza a estar cheo de cousiñas moi interesantes.  Agardamos  que todos os nenos e as nenas dediquen uns minutiños a ler cousas na nosa lingua.


25/10/19

SAÍDA MICOLÓXICA

Hoxe o alumnado de sexto tivo unha mañá diferente xa que tiveron unha charla sobre os cogumelos, como recollelos, como saber se son velenosos e a continuación puxérono en practica. Mirade a súa colleita.


3/10/19

JUDOKAS POR UN DÍA!

Así de ben o pasamos esta mañá! O alumnado de primaria e os pequenos de 5 anos pasaron hoxe polo ximnasio para coñecer unha nova disciplina deportiva. Enmarcada dentro do programa Xogade.


1/10/19

CALENDARIO

Hoxe estreamos mes e con el o calendario deste curso escolar. O fío conductor será a "sanidade vexetal" e será a temática que traballaremos coa maioría das actividades que realicemos. Se non sabedes a que nos referimos non perdades mes a mes a entrega do calendario. Aquí vai o mes de outubro realizado polo alumnado de 5º de educación infantil.