11/3/13

UN CONTO: A TOUPIÑA

Hoxe...un contiño en galego. Desexamos que vos guste!!!


A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

TARABELOS ACTÚA NO NOSO COLE

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2012 contamos coa participación no noso centro da compañía Tarabelos dentro das actividades programadas na semana cultural.
Nesta ocasión a obra representada foi.....
PRESENTACIÓN DA OBRA
 A actuación tivo lugar no pabillón de deportes do cole e a ela asistiron todos os nenos e nenas do centro.

MOMENTO ANTES DE COMEZAR A ACTUACIÓN


E o espectaculo deu comezo....




E a todos os nenos e nenas gustoulles moito. Esperamos a volta de Tarabelos axiña no CEIP plurilungüe de Atios. Grazas Tarabelos por facérnolo pasar tan ben!!!




Ata outra!!!

    

6/3/13

PEDRA ROSA: A REVISTA DO CURSO 2011-2012

     Aquí vos colgo a revista escolar do curso 2011-2012, un traballo coordinado polo EDLG que se fixo coa colaboración de todo o alumnado e profesorado do noso centro. Despois de varios anos nos que estivo parada a súa edición, este ano decidiuse retomar a idea de volver a facela. Pedra Rosa volveu saír á luz a finais deste curso escolar con moitas novidades:actividades, xogos, pasatempos, noticias, entrevistas e un especial polo aniversario do noso centro que neste ano cumple o cuarto de siglo. Por último e sin ser menos importante agradecer a todos os que nela se involucraron e en especial a irmá da profe Montse xa que de ela foi o diseño da portada.
   Desexamos que vos guste e que disfrutes dela.

4/3/13

BENVIDOS A PEDRA ROSA DE ATIOS

Presentámosvos o Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Ceip plurilingüe de Atios en O Porriño. 

Gustavos a nosa imaxe de cabeceira? É un debuxo de Anxo Pazos Campos. O curso pasado o noso cole cumpliu 25 anos e celebramos un concurso para elexir un logo, e este foi o debuxo gañador, a partir do cal se fixo o logo, e pensamos que é a imaxe perfecta para o noso blogue. 


Queredes saber por que Pedra Rosa de Atios? Pois resulta que o chan porriñés xeoloxicamente é un dos máis ricos do mundo enteiro, pois posúe as canteiras de granito máis produtivas do universo nun só material, como é o denominado Rosa Porriño. En Atios as canteiras de pedra rosa son moi importantes... por iso a revista do cole leva ese nome que é o que eleximos para o blogue. 

O noso principal obxectivo é promover o uso do galego: encántanos a nosa lingua e queremos contaxiar a todo o alumnado e profes que nos visiten. 
Este é un proxecto feito con moitas ganas e ilusión para informar, presentar e dar a coñecer o traballo que levamos a cabo no noso colexio a favor do galego. 

Desexamos que o noso blogue sexa unha xanela sempre aberta para que poidades ver os incribles traballos que fai o noso alumnado, para ensinarvos recursos educativos que atopamos navegando por outros blogues e para compartir algúns materiais que elaboramos con moito esforzo esperando que sexan útiles para todos. 

Gustaríanos recompilar neste blogue as actividades e días especiais que dende o equipo de dinamización da lingua galega organizamos no noso cole. Ademais, de vez en cando recomendaremos algún libro, contaremos un conto ou cantaremos unha canción, disfrutaremos de traballos feitos polo noso alumnado, veremos algunha páxina interesante… e todo o que se nos ocorra para xogar coa lingua galega. 

Acompañádesnos nesta viaxe?