Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

6/11/15

LIBROS NOVOS PARA A BIBLIOTECA

Continuamos presentándovos libros que o EDLG vai adquirindo para a Biblioteca do noso cole e que na exposición das Letras Galegas poderedes ollar con atención como todos os anos.
Desexamos que vos gusten:




Volve un clásico que pregoa a amizade, o coidado do medio ambiente... Tenro e conmovedor, un relato do paso da infancia á idade adulta; unha historia sobre a xenerosidade e o amor sen límites dunha árbore cara a un neno.





Despois do seu relaxado paseo pola granxa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos mentres asistimos ás peripecias da cría, entre situacións cómicas e arriscadas.





23/9/15

PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS DO ANO

Boas, presentámosvos as primeiras adquisicións do ano que o EDLG acaba de adquirir para a Bibliotecaq do noso cole:


Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba unha escada... Cantas veces temos necesitado unha inxección de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos!



Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte...



Osito está impaciente ante o regreso de Papá Oso: quere pescar coma el, imaxina as súas aventuras no mar... A familia por fin volve estar unida no fogar; un fogar que non sería o mesmo sen as inquedanzas de Osiño.




Que mellores contos que os dos avós, que mellores ensinanzas que as súas! Por iso a Osiño lle gusta tanto visitar a Avoa e Avó Oso. Complicidade e tenrura a manchea neste fermoso libro de relatos breves.




Quen ten un amigo, ten un tesouro. Osiño comparte paseos, conversas e celebracións coa pequena Emilia ata que o final do verán trunca os seus encontros, pero non a súa amizade, que continuará na distancia.




Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrennos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina!













6/3/15

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA NO MES DE MARZO

Aquí vos presentamos as novas adquisicións que o EDLG adquiriu neste mes de marzo para a biblioteca. Recordade que todas estas novidades serán presentadas na exposición que se fará durante a semana das Letras Galegas.
Desexamos que vos gusten:


As habilidades, costumes e curiosidades dunha trintena de animais terrestres, acuáticos e voadores, representados coa técnica do collage e cun chamativo tratamento cromático. Unha maneira amena e orixinal de achegarse á fauna, apreciar a biodiversidade e viaxar por todo o mundo.


Unha pequena biografía ilustrada sobre a vida e a obra do grande arquitecto modernista, que tivo na natureza a súa maior fonte de inspiración. Un libro que, a modo de guía turística, invítanos a visitar as súas construcións máis emblemáticas na cidade de Barcelona.


Cando tigre pequeno enferma, oso pequeno preocúpase de coidalo e todos os veciños do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.


2/2/15

NOVIDADES PARA A BIBLIOTECA DO MES DE FEBREIRO




Antes de durmir, a avoa cociñaba, lía e contaba contos; logo deu en facer cousas estrañas... Un fermoso libro para todas as avoas e avós que esquecen, para todos os nenos e nenas que coidan dos seus avós e avoas.



Un clásico con ritmo e rima para a hora de durmir. Unha travesura canina convértese nunha divertida persecución rodeada de osos expresivos. Sendak, na súa faceta de ilustrador, para primeiros lectores.



17/12/14

MATERIAIS DIVULGATIVOS

Hoxe facémonos eco de un material que nos acaba de chegar ao EDLG e do cal nos pide que lle deamos difusión.
Unhas guías de lectura e música que agora vos deixamos por aquí para que todos aqueles que o desexedes lle poidades botar unha ollada:


Os Equipos de Normalización e Dinamización súmanse ás iniciativas emprendidas desde os centros escolares para mellorar o hábito lector e traballar a prol da animación á lectura en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos obxectivos que caracterizan o noso traballo común




4/12/14

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA DO MES DE DECEMBRO


14 anos despois da súa primeira edición, Roger Olmos volveu recrear este conto tradicional italiano, de inesperado final. Unha proposta desenfadada cun estilo luminoso e brillantes xogos visuais que sorprenderán os lectores.


Son moitas as cidades europeas e latinoamericanas que xa se sumaron ao novo xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, entre elas, Pontevedra. Porque unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para todos.


27/11/14

ADQUISICIÓNS DO MES PARA A BIBLIOTECA


O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.



A deforestación, o quecemento do planeta, o furtivismo, a contaminación... O ser humano levou á extinción a moitas especies en todo o mundo. Este libro poético recolle o testemuño dalgúns animais que xamais volverán volar, nadar, correr.

9/10/14

AS PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA NESTE NOVO CURSO ESCOLAR

Hoxe queremos presentarvos as primeiras adquisicións que o EDLG do cole xa está adquirindo nun novo compromiso coa Editorial Kalandraka. Sabedes que estes novos libros que van chegando ímolos gardando para despois expoñelos todos xuntos nunha exposición nas Letras Galegas.


O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante.



Dende os polos aos trópicos, por desertos e montañas, en bosques e granxas. Un catálogo darwiniano da fauna.






Unha fauna diminuta habita neste simpático conto duro para pre-lectores, onde o lector/a convértese nun personaxe máis. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.



6/5/14

HOXE... CONTAMOS UN CONTO?

Este mañá de mércores levouse a cabo no noso cole unha nova actividade encadrada no marco da Semana Cultural das Letras Galegas 2014.
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria, na hora de lectura, pasaron polas aulas dos máis pequenos do cole para facerlles unhas sesións de animación á lectura.
A actividade foi un éxito. Aquí poderedes ver algunha foto...
Mañá continuaremos.
Saúdos!









30/4/14

OS TRABALLOS DO COLE NO DÍA DO LIBRO

Dende este EDLG e coa colaboración do Equipo de Biblioteca queremos presentarvos hoxe o resultado final dos traballos feitos polos nenos e nenas de primaria na actividade levada a cabo con motivo do DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Desexamos que vos guste!!!


Ata outra!!!


29/4/14

CONTACONTOS NO COLE

PINGA TEATRO acaba de visitar o noso cole para facernos unhas sesións de contacontos sobre os libros "Hércules pasea con Gloria Fuertes" e "Hércules e a máquina do tempo".


Deixámosvos por aquí algunhas fotos da actividade que poderedes ver con máis detalles na galería de imaxes do noso cole.





Ata outra!!!

14/3/14

XV SALÓN DO LIBRO 2014 (PONTEVEDRA)

Hoxe Venres día 14 queremos comunicarvos a todos e todas que comeza o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.



Nesta edición os creadores preséntannolo así:
     A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.
Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós, que do 14 de marzo ao 5 de abril estades convidados a degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.

NON VOLO PERDADES!!!

26/2/14

MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ VISITAN AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE

     Deixámosvos por aquí algunhas fotos da última visita de estes dous artistazos ao noso cole para facerlles aos máis pequenos varias sesións de animacións a lectura.
Que ben o pasaron! Comprovádeo vos mesmos...